Xoves. 07.11.2024
El tiempo

Futfem: O Cerqueda desperdiciou o seu primeiro matchball para meterse na Fase de Ascenso

Cerqueda-Praina-Foto-UD
Imaxe do Praiña- Cerqueda. Fotos-UD
Futfem: O Cerqueda desperdiciou o seu primeiro matchball para meterse na Fase de Ascenso

Descansaba o Bergan e o foco de atención do fútbol feminino costeiro estaba na penúltima xornada da 2ª División Galega. O Cequeda tivo na súa man afianzar un posto na fase de ascenso, pero non conseguíu vencer ao Praíña. O Cacheiras tamén caía en Noia ante o líder, polo que as de Jorge Guillamet aínda ten a opción de vencer a un Cee xa clasficado, na última xornada, para certificar o seu pase, pois ten o golaveraxe individual gañado cun Cacheiras, que seguramente gañará no seu choque ante o pechacancelas.

Polo demais, o Cee non pasaba do empate co Victoria C, O Xallas sumaba a súia 8ª vitoria do curso demostrando unha gran melloría neste treito final de tempada eas Miúdas competían pero caían ante as terceiras, o Calo.

Paralelamente, o FutFem costeiro espera a chamada da Federación para manter unha reunión e perfilar a Copa da Costa Feminina.

2ª División Feminina, Gr.3, xornada 21

Praíña - Cerqueda (3-2)

  • Cerqueda: Lidia, Lucía Rod., Gabi, Natalia, Nuria Veiga, Saskia, Lorena, Eva, Raquel, Paula e Naroa. Tamén: Nuria Varela, Cris Veres.
  • Goles: 0-1, m.5: Naroa; 1-1, m.13; 2-1, m.28: de penalti; 3-1, m.30; 3-2, m.71: Gabi.

Cerqueda-Praina-Foto-UD 2

Entrou ben o Cerqueda ao partido, e no minuto 5 adiantouse no marcador por medio de Naroa. Pero o equipo local, e o vento, envorcaron o xogo sobre o campo do Cerqueda que non logrou saír na primeira parte do seu campo, con moitos problemas e varios erros defensivos. Así, primeiro cun remate de córner e despois tras un claro penalti, o Praíña remontou e á media hora ampliaron a súa vantaxe ata o 3-1.

Na segunda parte todo cambiou e o xogo envorcouse sobre el área local. Dous disparos ao pau, un par de intervencións da porteira local e ata un penalti fallado foron parte das ocasións das de Xaviña, que só conseguiron acurtar distancias cun chut de Gabi desde a frontal.

Cee - Victoria FC C (1-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Ruth, Alba, Nerea, Lucía Facal, María Lijó, Laura, Andrea, Lucía Martínez, Sabela. Tamén: Saray Duarte, Sharay Caamaño, Nayara, Antía e Lucía Canosa.
  • Goles: 1-0,m .24: María Lijó; 1-1, m.65.

Mal partido de ceenses, faltas de xogo e de ritmo. Non se atoparon cómodas as de Rafa en ningún momento e non foron capaces de ter o dominio como están acostumadas. Pese a iso, adiantáronse e foron moitos minutos por diante. O cadro santiagués empataba no ecuador da segunda, e se ben foi superior non fixo pasar apuros á defensa ceense.

Xallas - CD Unión (2-0)

  • Xallas: Rosío; Alicia, Andrea, Rita e Maite; Yoli, Leti, María e Michelle; Olalla e Yasmina. Tamén xogaron: Rhany, Luchy, Tania, Laura e Xastia.
  • Goles: 1-0, m.31: Olalla; 2-0, m.34: Michelle.

Xallas feminino

As xalleiras impóñeronse ao Unión nun gran partido que resolveron xa na primeira metade. Michelle e Olalla guíaron ao seu equipo na segunda vitoria verde consecutiva como locais no Municipal de Fontenla.

Ambos os equipos saíron a por todas tratando de adiantarse no marcador e gozaron de ocasións para facelo pero sería Olalla quen só tivo que empuxar un bo pase de Yasmina desde banda esquerda tras unha contra rápida que pillou desordenada á defensa visitante. Antes xa levara o peso ofensivo xalleiro Yasmina, moi eléctrica e incisiva no 1 contra 1, desbordando e aproveitando a súa velocidade por banda, que foi a MVP do encontro.
Nun roubo de Barbeira en tres cuartos de campo comezou a xogada do segundo gol, Michelle saca a súa potencia de zancada e dribla a unha defensa pondo o balón na base do poste esquerda do Unión.

O partido xa na segunda metade foi controlado en todo o momento polo equipo verde, non pasando máis que algún susto en algún balón parado no que tubo que intervir a meta Rosío que resolveu con gran acerto.

As Miúdas - Calo (1-4)

  • As Miúdas: Nerea, Uxía, Clara, Mariña Sofía; Marta, Alba, Ana; Leti; Saray e Paty.
  • Goles: 0-1, m.5; 0-2, m.76; 1-2, m.84: Paty; 1-3, m.85; 1-4, m.90.

Non puido o cadrode Juan Carlos cun dos mellores equipos do campionato. Con 11 xustas, e sen porteiras, presentábanse ás muradás, que estiveron metidas no partido ata o último suspiro, e pesar do canzanzo e de ir por debaixo no marcador dende o minuto 5. A capi Paty facía o seu 9º gol da temporada.

Novas relacionadas

Crónicas do FUTFEM

 

Novas do Álbum Futfem Galego

Comentarios