FUTFEM: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM
Continúan avanzando as 3 categorías do noso fútbol feminino. E como a meirande parte dos equipos están desenxando xa que isto acabe, facemos unhas crónicas comprimidas.
1ª Div., xornada 27
Comezamos o repaso pola 1ª Div. na que o Xallas un empate ante o potente Villalonga B, que dispón de xogadoras de categoria nacional e que ben se fixeron ver na primeira parte tendo o dominio do xogo e creando perigo constantemente. As de Eloy conseguiron remontar o gol inicial das pontevedresas, acadando o empate nunha xogada final de infarto. Era xa o minuto 90 e Oli lanzaba un córner, en curto ao ver á Sori, con apenas 15 anos, desmarcada, xa que a defensa estaba pendente da subida da porteira Peta. Sori colocouna ao segundo pau para facer saltar á bancada local.
2ª Div. Fem, xornada 29
Unha xornada menos tamén na 2ª, co Muxía facendo os deberes sen fallar ante o Brexo Lema. Os goles de Nerea, Barca (2) e de Raquel manteñen ao cadro de Noe Iglesias na primeira praza para afianzar o título de campionas de Liga.
Mentres, o Corme, con apenas 11 xustas (e xogando con 10 durante unha hora de xogo, sacaban un empate en Montrove ante o Unión Campestre, cos tantos de Ana, Saskia e Cris.
Venceu o Dumbría ao pechacancelas cos tantos de Carla Recarey e Claudia Cundíns, e no derbi da xornada, o Cee goleu a unha Esteirana que só se puido presentar con 9. Paula Veiga (4), Saray Duarte e Cris asinaron os tantos.
3ª Div., Gr.3, xornada 21
Co título listo, a atención na #LigadaCostaFEM está posta na loita entre Outes, Juan Cabrejo e Cabana pola segunda praza de ascenso directo e a de promoción.
Un equipo de Juan Cabrejo que sufría para superar a unhas Miúdas que apretaron ben e sucumbiron a un solitario gol de Paula Mouzo.
Este resultado, xunto co do enfrontamento directo, deixa ás camariñás por diante do Cabana, tras un partidazo o vivido nas Redondas, entre o campión, o Soneira, e o Cabana. Os dous equipos buscaron a vitoria dende o comezo. Eran as de Jose Manuel as que se adiantaban por medio de Alejandra. Non conseguía o Soneira combinar, ante a intensidade cabanesa. As de Roland deron un paso adiante na segunda. Ameazaba Ana cun balón ao longueiro, e pouco despois era Tamara a que aproveitaba un pase de Kenny para facer o empate ante unha Miriam que si que desbaratou un par de ocasións máis.O empate mantén ás Irmandiñas como o único equipo invicto do Fútbol da Costa, mentres o Cabana ve como o EF Juan Cabrejo as adianta na pelexa polo ascenso directo e a promoción.
En Dubra, ademais, o Outes non fallaba. Dous goles de Laura Lires un de Carla e outro de Erika xa contra final, servían para superar 2-4 ao cadro de Dani Salgueiro, ao que lle serve un empate na última xornada para asegurar a praza de ascenso directo, unha vez que ten 2 puntos máis, e o golaveraxe individual a favor, fronte ao cadro camariñán.
Polo demais, Ponteceso e Xallas B, e Zas e Cerqueda asinaban táboas, e o Corcubión vencía á Baña.
Queda unha soa xornada para o remate da 3ª División.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.20: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo.
- X.19: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!.
- X.18: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto.
- X.17: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.16: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.27: O Muxía pasou outra proba de lume.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.