FUTFEM: O Muxía terá que gañar ao Corme para ascender
Remata a curta pero retardada 3ª División FEM. Aínda queda unha xornada para o remate da última competición ligueira en liza, coa final da Copa e a Gala xa na mente de todas.
Dúas loitas quedan vixentes: o ascenso “por puntos”, e a pichichi e a Pombo da Costa.
O Muxía non fallou e goleou ao Zas por 0-8 (goles de Claudia (2), Patri Romaní (2), Andrea Dom., Barca e Nerea Barrientos) e segue afianzado entre as 3 mellores segundas da categoría, polo que se vence o domingo que vén ao Corme, acompañará ao equipo cormelán o ano que vén na 2ª División, con Cee e As Miúdas. Iso si, ten que gañar porque se empata, o Eirís superaríalle en porcentaxe de puntos por unha centésima e sería o cadro herculino o que ascendería á 2ª.
Non o terán fácil as muxiás ante un Corme que quere rematar o curso invicto, e que vén de recibir o trofeo no Cairo ante a súa afección. As de Rubén Souto venceron ademais 3-0 ao Camariñas, con goles de Carla e Aroa (2), e dedicaron a vitoria á súa killer, unha Naroa, que non puido acabar a loita pola pichichi tras unha importante lesión.
Aínda ten unha posibiliade remota a Esteirana de ascender como un dos tres mellores segundos, pero terían que perder Eirís e Muxía e vencer na Salina ao poderoso líder.
As pichichis
Con todo, parece que o título de pichichi xa ten nome: a esteirán Rut. A pichichi blaugrana aproveitou a goleada ante o pechacancelas e marco 4 tantos, sumando xa 59 e superando os 56 de Naroa. Ollo ás cifras das dúas xogadoras, ás que hai que sumar tamén as de Bárbara, a capi esteirá suma “só” 50 tralos 6 anotados onte…
O resto da xornada
Moi pouco en xogo no resto da xornada, máis que disfrutar das últimas patadas ao balón antes de descansar. O Soneira vencía ao Cerqueda por 3-1 cos tantos de Maria Villaverde (2) e Zoe.
Está moi eficaz o Corcubión neste último treito de Liga e malia ser un partido máis igualado do que sinala o 4-0 ante o Cabana, o choque estivo moi ben nas áreas, aproveitando os erros da defensa cabanesa e deixando o partido sentenciado antes do descanso, gracias aos tantos de Sandra (3) e Cris.
O Mazaricos deixouse sorprender polo Pastoriza B, non así o Ponteceso, que goleou á Baña cos tantos de Virgi, Claudia (3), Oanes e Ainhoa. Ademais, o Bergan B non tivo piedade do Fisterra.
Polo sur, á goleada da Esteirana contrapóñense as sufridas por Outes e Miúdas ante equipos da zona alta, xa coa cabeza no verán.
Máis info
- Todas as táboas ligueiras en www.futboldacosta.com.
- Os cadros da Copa da Costa en www.copadacosta.com.
Todas as crónicas do FUTFEM
- 18-05-2025: Dumbría e Muxía métense na final da Copa da Costa FEM.
- 12-05-2025: Xallas e Corme puideron celebrar os seus cantados os títulos, con Muxía e Esteirana loitando polo ascenso.
- 06-05-2025: O Xallas, a un paso do título.
- 01-05-2025: Así quedan as semis da Copa da Costa.
- 29-04-2025: O Corcubión retrasa a festa do Corme.
- 22-04-2025: Copa da Costa FEM: O Cee deixa fóra ao Xallas.
- 15-04-2025: O Xallas ratifica o ascenso a costa do Dumbría.
- 08-04-2025: O Xallas raticou o seu ascenso directo e busca o título.
- 02-04-2025: O Xallas volve alzarse ao liderato.
- 25-03-2025: A crónica previa ao álbum.
- 18-03-2025: Nova xornada á espera do álbum.
- 11-03-2025: O Bergan B consegue quitarlle os primeiros puntos ao Corme mentres o Xallas cede o liderato na 2ª.
- 05-03-2025: O Cabana suma por Entroido.
- 25-02-25: O Xallas, a 4 vitorias do ascenso.
- 18-02-2025: 7 equipos implicados na loita pola promoción na Liga da Costa.
- 11-02-2025: O Xallas mantén o ritmo mentres o Dumbría venceu en Cee.
- 04-02-25: Esteirana perdeu unha final adiantada.
- 26-01-25: Ponse líder o Xallas, único equipo sénior que xogou, e gañou, nesta finde de temporais .
- 14-01-25: Xallas, Corme e Esteirana seguen protagonizando a temporada.
- 16-12-24: O Xallas tamén pode co Cee e a Copa xa está viva.
- 09-12-24: Cee e Xallas mantéñense na “teté de la course”.
- 03-12-24: : O Xallas superou ao Dumbría.
- 19-11-2024: O Corme demostra o seu potencial.
- 11-11-2028: Corme, Camariñas, Mazaricos e Esteirana seguen sumando de 3 en 3.
- 05-11-2024: O Cee mantén o ritmo e o Dumbría queren engancharse.
- 29-10-2024: Chegaron as primeiras vitorias da historia do Soneira e Zas.
- 22-10-2024: O Xallas mantense na pelexa Noe e Olalla ao mando.
- 15-10-2024: Xallas, Corme e Esteirana, protagonistas da xornada.
- 08-10-2024: Arrincaron as Ligas da Costa FEM cun ollo no tenso derbi do Conco.
- 24-09-2024: Cee e Xallas suman e seguen.
- 17-09-24: Trío de vitorias para comezar o curso.