FUTFEM: O Outes consegue o ascenso á 2ª Div. e o EF Juan Cabrejo métense na promoción
Disputouse a última xornada da #LigadaCostaFEM con varias cousas en xogo. O foco de atención estaba no Cunchido onte o Outes e o Cabana se xogaban o ascenso directo, ante a mirada dun EF Juan Cabrejo con opcións de colarse no ascenso directo e ou na promoción. O gran perxudicado quedou o Cabana, que malia conseguir un empate, queda fóra dos dous postos: Ao Outes valíalle para acadar a segunda praza de ascenso directo á 2ª Div. (acompañando ao Soneira) e o EF Juan Cabrejo métese na promoción a pesar de que caer ante o Cerqueda.
Ademais, nova xornada da 2ª Div. con dúas aínda por diante, e coa final da Copa do 6 de xuño, entre Cee e Xallas, no horizonte..
Outes - Cabana (2-2)
- Outes. Lía, Fátima, Alicia, Iria Buján, Natalia, Uxía, Marta Calvo, Carla Vidal, Carmen, Gema e Laur Lires. Tamén: Antía, Erika, Miriam, Raquel e Candela.
- Cabana: Miriam, Idania, Iria, Mireia (Adriana), Aroa, Inma, Alejandra, Irene, Laura, María Souto, Silvia.
- Goles: 1-0, m.13: Laura Lires; 1-1, m.64: Adriana; 1-2, m.79: Adriana; 2-2, m.72: Candela.
Partido de altos voos, unha finalísima, e moi fermoso o vivido nun ateigado Cunchido. Saíron os dous equipos a tratar de impoñerse con alternativas ata que Laura Lires, quen senón, poñía o 1-0 nunha xogada a balón parado. Facía dano o cadro de Dani Salgueiros polo lado de Iria Buján, con ocasións de Marta e Carla, pero o Cabana de José Manuel se repuña, Irene, Silvia e Alejandra eran unha dor de cabeza. e cun gran xogo creou varias ocasións que entre o longueiro e as espectaculares intervencións de Lía non acabaron en gol.
Na segunda comezaba co Cabana algo máis metido, pero nunha contra Raquel, que voltaba ao campo tras un ano fóra por lesión, non definía un man a man ante unha Miriam que se fai enorme baixo paus e salvou a vaselina coa punta das luvas.
Apretaba ao cadro visitante, e Adriana empataba o recoller un rexeite de Lía a tiro de María. Volvía a golpear o Cabana que nun córner poñia se por diante por medio de Adriana. En 6 minutos a Liga estaba dada a volta.
A pesar do esforzo, as da Serra, empurradas pola afección, reaccionaron, volveron subir a marcha e Candela facía un empate que valía un ascenso. As cabanesas seguiron buscando o gol da vitoria pero este non chegou pese a dispoñer de ocasións. Final de infarto e de película, cunha arbitraxe perfecta que remataba en ascenso e en festa para a familia da Serra.
Cerqueda - EF Juan Cabrejo (2-1)
- Cerqueda: Inés, Mariña, Uxía, Sara, Arancha, Aroa, Saray, Antía, Érika, Tania e Tati. Tamén: Alexia e Alba.
- EF Juan Cabrejo: Desirre, Maira, Rosana, Rocío, Brenda, Laura Pose, Laura Paredes, María, Yara, Paula Mouzo. Tamén: Alba, Ana e Lola.
- Goles: 0-1, m.7: Paula Mouzo; 1-1, m.24: Arancha; 2-1, m.68: Saray.
Valeulle a derrota ás de Juan Cabrejo para clasificarse para a promoción ante un Cerqueda moi mellorado no último treito da temporada rematando con 5 partidos sen perder.
O Resto da #LigadaCosta FEM
No resto de partidos da Liga da Costa, o Corcubión venceu en Muros ás Miúdas e remata un curso moi positivo ás ordes de Rubén Castillo con 40 puntos, a só 4 da promoción. O Zas de Anxo remata moi cerca tamén tras unha temporada de moita melloría, e tras vencer ao filial xalleiro. Dubra e A Baña selaban táboas na despedida do curso.
2ª Div. Fem
Mentres, na 2ª, aínda con 2 xornadas por diante, Muxía (venceu 7-0 con dous de Eva Lema, 2 de Patri, 2 de Barca e 1 de María), e Tordoia seguen a súa pelexa por golear e golear, o Cee sumou unha vitoria (con 23 de Paula Veiga e un de Cris) pensando na final da Copa da Costa e o Dumbría sumou unha nova vitoria (con goles de Yoli (2), María e Carla) neste infinito final de temporada.
O partido da xornada, sen nada en xogo, pero polo derbi, foi o Esteirana-Corme.
Esteirana - Corme (1-4)
- Esteirana: Sara, Tobío, Nerea, Marta, Melania, Nuria, Lidia, Lara, Rut e Bárbara.
- Corme: Lucía, Olalla, Saskia, Laura, Aroa, Natalia, Ana Suárez, Claudia, Carla, Cris e Zeltia. Tamén: Lucía, Candela, Salomé.
- Goles: 0-1, m.30: Bárbara; 1-1, m.40: Aroa; 1-2, m.57: Claudia; 1-3, m.60: Carla; 1-4, m.71: Zeltia.
Volvía chegar o meritorio cadro esteirán con 10 xogadoras ao campo, desta volta con Sara baixo paus. O cadro de Fran Figueroa auguantou moi ben a primeira metade, impedindo que as cormelás lle deran velocidade ao balón. Ata se adiantaron co tanto de Bárbara, despois dunha ocasión de Carla (Lucía gañou o man a man) e Rut (ao pau).
Xa nos últimos minutos da primeira parte, na única xogada que o Corme foi capaz de darlle pausa e combinar, acabaría nun córner que Aroa marcba de cabeza para facer o empate.
Doeu pero saíu ben o equipo visitante na segunda, pero o segundo tanto, de Claudia, rompeu o partdo, e pronto as de Rubén Souto sentenciaban.
Os dous equipos demostraron o seu compromiso co respecto á identidade sexual e pousaron cunha pancarta de apoio a David, un veciño esteirán que sufría unha lamentable agresión machista en Santiago.
O Xallas pecha a 1ª DIV.
Lóstrego B - Xallas (0-0)
- Xallas: Rosío, Landi, Ahinoa, Silvia, Daniela, Sara, Soraya, Barcia, Isa, Valeria, Espasandín. Tamém: Carmen, Saray e Mar.
Remata a liga na potente 1ª Div. o Xallas de Eloy García Feteira, cunha 11ª posición máis que meritoria, tendo en conta o salto de categoría e as baixas que tiveron durante todo o curso. Un curso que se pode completar na final da Copa da Costa Feminina do vindeiro 6 de xuño.
As xalleiras chegaban con baixas de novo, cubertas por xogadoras do B e con percances na viaxe a Vigo. Non habñia nada en xogo e notouse, nun choque sen demasiada tensión. O cadro local apretaba e obrigou a Rosío a aparecer en varias ocasións, contando tamén coa axuda dos paus. Barcia e Isa lanzaron algunha contra.
Na segunda Silvia e Dani controlaban algo máis os tempos do partido no medio campo, e Espasandín tiña máis liberdade, forzando un penalti que o colexiado non viu. Acabou o primeiro curso nesta categoría cunba boa nota.
Crónicas da #LigadaCostaFEM
- X.21: O Soneira remata o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa sénior.
- X.20: O Juan Cabrejo adianta ao Cabana na loita da #LigadaCostaFEM.
- X.19: O Outes mantén a praza de ascenso directo ante a presión de Cabana e Juan Cabrejo.
- X.18: O Soneira celebrou o título no Cubaleiro… e en Vimianzo!.
- X.17: O Soneira acariña o título e ábrese a loita polo 2º posto.
- X.16: Soneira e Juan Cabrejo prepáranse para a gran final.
- X.15: X.15: O Outes supera a un Cabana que caeu en Zas.
- X.14: O Corcubión frea ao Juan Cabrejo e o Soneira asume o liderato en solitario.
- X.13: O Soneira acouga ao Outes.
- X.12: O Ponteceso baixa ao Outes do primeiro vagón.
- X.11: O Outes alonxou ao Cabana da pelexa polo liderato.
- X.10: O Soneira pon a cousa quente.
- X.9: Juan Cabrejo, Soneira e Cabana pechan o ano en plena loita polo liderato.
- X.8: O Outes frea ao EFJC Camariñas e o Cabana cólase líder.
- X.7: O Soneira frea ao Juan Cabrejo.
- X.6: O Juan Cabrejo non perdoa.
- X.5: O Camariñas non cede nin co Cabana.
- X.4: 4 equipos seguen invictos.
- X.3: Xornada a medias moi igualada.
- X.2: Corcubión e Camariñas, un paso por diante.
- X.1: Comezou a rodar o balón.
Crónicas da 1ª e 2ª Div.
- X.27: O Muxía pasou outra proba de lume.
- X.26: O Muxía achégase ao título cunha remontada de garra e corazón.
- X.25: O Muxía bate tamén ao Dumbría.
- X.24: Só o Dumbría sumou de 3.
- X.23: Case pleno polo 8M.
- X.22: Esteirana e Dumbría selan táboas.
- X.21: O Muxía non ten piedade.
- X.20: Puntos de aniversario.
- x.17: Cee e Dumbría pecharon unha igualada primeira volta.
- X.16: O Muxía golea a un Cee cargado de baixas.
- X.15: Corme e Esteirana protagonizan o partido da xornada.
- X.14: Remata o ano con bo sabor.
- X.13: Repaso a unha xornada a medias.
- X.12: O Muxía recórtalle ao Tordoia a conta do Bergan B.
- X.11: Un pouco de todo para seguir na loita por todo.
- X.10: Escapa o Tordoia mentres o Corme supera ao Cee e alcanza ao Muxía.
- X.9: O Tordoia frea ao Muxía nunha semana con vitorias para Cee, Corme e Esteirana.
- X.8: Muxía e Dumbría demostran o potencia do Fútbol da Costa.
- X.7: Cee, Dumbría e Corme pegan un salto.
- X.5: No pelotón.
- X.4: Muxía e Tordoia presentan candidaturas<7a>.
- X.3: O Muxía mete medo.
- X.2: O Corme superou ao Dumbría nun partido máis igualado do que sinala o marcador.
- X.1: 1ª e 2ª FUTFEM: O Muxía presenta credenciais.