Manu Guillamet e Jairo explican as claves do seus importantes goles
Dous dos grandes protagonistas desta pasada xornada na Liga da Costa son dianteiros, e marcaban esta fin de semana 5 importantes goles. Manu Guillamet facía 2 na vitoria do Zas ante o Coristanco, a terceira do curso do cadro zaseiro. Jairo facía un triplete para vencer, co Malpica, en Cee.
Manu Guillamet, xogador do Zas
- QPC: Os teus goles deron unha importante vitoria esta semana, credes na salvación?
- Guillamet: Si que creemos na salvación, temos que seguir pelexando en cada partido.
- QPC: Que vos está pasando durante a liga para costarvos tanto gañar?
- Guillamet: Cando non saen as cousas é complicado. Fáltanos esa sorte que teñen outros equipos. Non temos tan mala plantilla para estar aí.
- QPC: No persoal, levas 8 goles un dos mellores promedios goleadores da túa carreira. A que se debe?
- Guillamet: Ao xogar de dianteiro teño máis ocasións que cando o facia no mediocampo. Ademais agora tamén tiro penaltis (risas)
- QPC: Para semana, partido importante contra o Cabana, un dos teus ex equipos, para saír do descendo directo?
- Guillamet: Si, vai ser un partido moi importante, polo que valen os puntos para os dous equipos. Ademais, será bonito polos amigos que teño no Cabana.
- QPC: Chegas con catro amarillas, para a seguinte xornada encontro contra outro dos teus ex o Cerqueda. Vas ir con coidado en Cabana ou nin pensas en eso?
- Guillamet: Non sabía que tiña catro, así que terei que ir con coidado, non xogar contra o Cerqueda fastidiariame bastante.
- QPC: Cabana, Cerqueda, Zas… parece que compaxinas ben co mister Raúl Periscal?
- Guillamet: Se vin o Zas, en parte é polo míster e por probar nun equipo novo. Raúl Periscal é moi bo adestrador ao igual que coma persoa.
- QPC: Cada tempada estás mellorando. Este ano farás 35 anos, pensas en veteranos ou prefires seguir na Liga da Costa?
- Guillamet: Si, aínda qie non o pareza vou para 35… Intento mellorar sempre cada tempada. En Veteranos de momento non penso, intentarei seguir na Costa mentras o poida compaxinar e o corpo aguante.
Jairo, dianteiro do Malpica
- QPC: O Cee só perdera dous partidos no Sampaio de Refoxos. Cal foi o método utilizado para sair vitoriosos?
- Jairo: O traballo en equipo creo que foi o método máis importante, e iso nós témolo en todos os partidos.
- QPC: Tres puntos para o equipo e tres goles para ti. Como foi o teu partido?
- Jairo: O máis importante foi sacar os tres puntos, estamos moi contentos ca dinámica do equipo. Os tres goles está claro que non se marcan todos os días, pero eses tres tantos tamén son coa axuda dos compañeiros.
- QPC: Estás acostumado a marcar hat-tricks?
- Jairo: A verdade é que facia tempo que non os metía, a ver se non é o último de este ano.
- QPC: O Cee deixouche levar o balón? Que tal o recibimiento no vestiario?
- Jairo: Non, a verdade é que ao acabar o partido nin pensei niso. O primeiro que fixen foi felicitar un a un a os meus compañeiros. O recibimiento foron todo alegría e abrazos.
- QPC: Cales son as túas virtudes e defectos como dianteiro?
- Jairo: A verdade é que non son dianteiro centro puro, pero si que me gusta xogar cerca da área. Unha das niñas virtudes é o desiquilibro e o golpeo rápido ao saír do regate; un defecto que estamos a mellorar é o recibir de costas e os remates por arriba.
- QPC: Seis partidos xogados e seis goles. En que cifra goleadora che gustaría rematar a liga?
- Jairo: Pois non me poño cifra a verdade, cantos máis mellor, sempre que sumen puntos para a casa.
- QPC: Que obxetivo ten o Malpica nesta liga?
- Jairo: Non é poñer obxetivos, se non seguir pelexando sempre por levar os tres puntos, e tamén temos claro que o que queremos é mirar cara arriba.
ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC
- Juan Porrúa, adestrador do Montelouro: "A 3ª está sendo máis competitiva do que esperaba”.
- Rama, alma da Esteirana: “Sabes o gusto que dá poder levarte ca maioría dos xogadores cos que tiveches relación?“.
- Bruno Méndez: "Todo o que proba de árbitro, quédase”.
- Bieito e Basti analizan o derbi soneirán de 1ª.
- Manolo López, alma do Dumbría: “Levo anos viaxando por moitos campos e máis ou menos sempre estamos os mesmos”.
- Os adestradores dos 4 primeiros analizan a Liga Xuveni.
- Miguel Ramos: “A intensidade e concentración coa que se viven e disputan os partidos aquí, só pasa na Costa”.
- Miguel Chouza, adestrador do Castriz: "O Fútbol da Costa é como unha burbulla que se mantén allea ás contaminacións do fútbol moderno”.
- Chicho, adestrador do Mazaricos: "O Fútbol da Costa cúrteche moito”.
- Juni, adestrador do Coristanco: “Sempre lle estarei agradecido a esta directiva por ter a valentía de poñer un proxecto tan ilusionante nas miñas mans”.
- Tolo: “Sen o traballo de toda a xente "invisible" do club non estaríamos aí”.
- Ordóñez e Abel analizan o derbi, por todo o alto, Camelle - Camariñas.
- Pesco e Julián fálannos do rexurdimento de Xallas e Volantes.
- Ángel López e Alberto Rodríguez analizan o derbi de Preferente entre Fisterra e Sofán.
- Pablo Mallón e Lelo falan do derbi pontecesán: “Un derbi é un derbi sexa a hora que sexa”.
- Conversa con Iván Cancela e Cantudo, adestradores da Selección Galega.
- Pedro Gómez e Santi Cambón: Dous carballeses, con casa en Verdillo, que lideran as táboas de 1ª Galicia e da Liga da Costa.
- Raúl Periscal: “Hai que volver ás orixes e deixarse de pagar, e facer unha base con xente da casa"
- Christian Caamaño e Iván Bouzón analizan ao detalle o derbi verde da Preferente.
- Pepe Wii e Jati: O Porteño – Camelle comeza a xogarse en QPC.
- Basti e Rivi analizan o derbi costeiro entre o Soneira SD e o CF Dumbría.
- Pablo Conde: ”Só buscamos que a xente que saíu das categorías base se asente”.
- Lelo: ”Sempre foi unha ilusión adestrar ao primeiro equipo”.