Preferente: O Dumbría fai os deberes e depende de si mesmo para salvarse
Cando máis o necesitada, apareceu. Dúas vitorias seguidas deixan ao Dumbría, a falta dunha soa xornada, cunha vantaxe de 2 puntos sobre o Burela, único equipo que pode salvarse.
Tiña unha final en Ribeira, ademais o cadro dumbriés, pero foi superior e sentenciou o descenso do equipo barbanzano, afrontando unha última xornada no Conco ante o Sigüeiro (que non se xoga nada) coa obrigación de gañar, porque o Burela tamén terá en fronte ao descendido Cidade de Ribeira.
Mentres, no Carral era xornada da despedida de Pablo Torreira. “Non foi o final soñado no Carral, pero si quero dicir que estes últimos resultados non empañan o traballo do equipo, que ten un mérito terrible estar loitando polos playoffs ata practicamente a última xornada”, quixo destacar o míster no seu último partido despois de 5 temporadas en Sofán.
Cid. Ribeira - Dumbría (1-3)
- Dumbría: Anxo, Berto, Aarón, Sergio, Breixo, Alex Marcote, Juan, Lucas Toba, Javi Souto e Diego Estévez. Tamén: Isma, Mataso, Mario, Pablo Costa Ramos, Iago, Jano e Adrián Perislca.
- Goles: 0-1, m.21: Estévez; 0-2, m.27: Estévez de penalti; 1-2, m.49: Felipe; 1-3, m.80: Estévez.
Vitoria tremenda que vale media salvación a coleitada na Fieiteira. Empezaron mal os costeiros, que coñecían varios resultados da mañá e sabían que tiñan que gañar si ou si. Pero foron atopándose mellor os de Pablo Conde e apareceu Estévez co primeiro gol, e para transformar rapidamente o segundo nun penalti algo dubidoso.
Parecía que o partido estaba encamiñado pero nada máis volver dos vestiarios, os da Barbanza se metían no partido e con iso vían a salvación algo máis preto, e apretaron. Pero estivo firme o equipo de Conde, que aguantou as primeiras embestidas e soubo aproveitar a súa única chegada na segunda metade, un 1-3 que foi clave. Aínda tiveron, no desconto, unha pena máxima (algo dubidosa) os locais, pero parouno Anxo pa evitar 3 minutos de máis sufrimento.
Sofán - Puebla (0-3)
- Sofán: Gardu, Javi, Dani, Becerra, Braian, Izan, Fabián, Pablo Parafita, Iván Pardo, Marcos Montero, Julián. Tamén: Brais, Dani Pena, Bruno, Mateo e Iratiz.
- Goles: 0-1, m.44: Alberto Romero de penalti; 0-2, m.54: Oscar Fidalgo; 0-3, m.74: Jorger Torrado.
O Puebla penalizou no que mellor sae facer, as transicións. A primeira metade foi de poucos achegamentos, apenas un remate de Becerra tras un saque de banda. Pero nunha rápida saída tras unha segunda xogada ao fío do descanso facía moito dano.
A segunda foi un asedio cos de Pablo Torreira, con bastantes ocasións, un gol anulado a Julián e un posible penalti, pero sen acerto para meterse no partido. Dúas saídas á contra moi rápidas deron a vitoria aos da Barbanza.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.
- X.14: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco.
- X.15: Dous valiosos empates.
- X.16: Un parón tranquilos.
- X.17: Unha goleada das que non se lembran e un gol do porteiro.
- X.18: Escápase a promoción e achérgase perigosamente o descenso.
- X.19: O Sofán conquista o Jesús García Calvo.
- X.20: O Dumbría métese en postos de descenso.
- X.21: Mal momento.
- X.22: Reacciona o Dumbría.
- X.23: O Sofán suma polos dous.
- X.24: O Dumbría resiste na dura batalla.
- X.25: Doble vitoria campal.
- X.26: Dous empates para seguir sumando.
- X.27: Mirando os obxectivos en fite.
- X.28: O Betanzos vence en Dumbría e escapa do Sofán.
- X.29: O Sofán érguese e pelexa a promoción.
- X.30: Ocasión perdida.
- X.31: O Sofán volve meter en líos ao Dumbría cunha goleada.
- X.32: O Dumbría salva outro matchball.