Preferente: A montaña rusa da SD
Unha montaña rusa é esta Preferente para unha SD Sofán que volvúa gañar fóra de casa. O cadro carballés, situado na 8ª praza, suma 39 puntos, lonxa do vagón de arriba, pero con 12 puntos de marxe o descenso a falta de 7 xornadas. Unha marxe que debería ser suficiente para non sufrir.
Onte en Ribadeo, parecía que ía caer outra vez, pero soubo reaccionar ao gol inicial dos lucenses e remontar facendo un partidazo.
Parecía outro deses partidos abocados á derrota, nos que pelexar contracorrente desde case o mesmo inicio de partido, cos locais adiantándose aos tres minutos e a sensación de que quedaba moito tempo por diante, pero había que aproveitalo.Ribadeo - Sofan (1-4)
- Goles: 1-0, m.3: Christopher Díaz: 1-1, m.25 Javi Souto; 1-2, m.75: Marcos Montero, 1-3, m.79: Martín Pereira a pase de Marcos Montero; 1-4, m.85: Brais Cancela a pase de Martín..
Recibía demasiado pronto o equipo de Torreira, pero non se viña abaixo. Púñase a tempo o mono de traballo e comezaba a darlle a volta ao partido. Nun córner Javi Souto empataba no ecuador da primeira metade, que remataba con claro domingo visitante.
Na segunda os de Torreira non recuaron e foron polo partido, tendo varias ocasións. Foi Marcos Montero o que desbloqueaba o empate a 15 do final, e pouco despois Martín daba a tranquilidade que se merecía o gran partido que estaban realizando.
Inmellorable momento para o descanso na competición, antes de volver despois das vacacións contra o Eume.
MÁIS NOVAS
- X.26: Nova derrota do Sofán no Carral.
- Supercopa: Unha experiencia que vale unha carreira.
CRÓNICAS DA PREFERENTE
- X.24: O Sofán recupera sensacións.
- X.23: Fría derrota no Carral.
- X.20: Un punto que voa no desconto.
- X.19: O Sofán volve ao refuxio do Carral:
- X.18: A SD volve sen premio do Monte.
- X.17: O Sofán comeza o 2024 na 2ª praza.
- X.16: O Sofán despide o 2023 na 4ª praza.
- X.15: Resaca triunfal do Sofán.
- X.14: O Sofán quenta o asalto a Balaídos cunha vitoria ante a súa afección.
- X.13: Marcos Montero revoluciona á SD.
- X.12: O Sofán perde, nun saque de banda, dous puntos ante o potente Boiro.
- X.11: Empate ante o pechacancelas.
- X.10: A SD recupera a senda da vitoria.
- X.9: Así foi a case completa xornada de Defuntos no Fútbol costeiro.
- X.8: Empate que sabe a pouco na casa.
- X.7: Freo á marcha positiva do Sofán.
- X.6: Segunda vitoria seguida para o Sofán.
- X.5: Importante primeira vitoria da SD Sofán.
- X.4: Accidentada derrota da SD en Noia.
- X.3: Segundo 3-3 na casa
- X.2: O Sofán mereceu máis no Municipal de Gallamonde.
- X.1: O Sofán arrincou a temporada no Carral.
MÁIS NOVAS
MÁIS INFO