Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis

Xuvenís: O Fisterra frea ao XSC mentres o Norte se iguala máis e máis
Ponteceso-Zas xuveni-Foto-Ponteceso SD

Seguen as cousas apretadas nas Ligas Xuvenís. Unha xornada que arrincaba o venres co Outes-Muxía aprazado na xornada 2 pola Barca. Nunha Liga Sur na que temos cambio de líder, pois o Dumbría non desaproveitou o tropezo do XSC en Ara Solis ante un gran Fisterra que loitará por meterse entre os 3 primeiros. Pero terá que pelexar cos equipos muradáns, pois Os MIúdos e Esteirana non dan tregua.

Mentres, polo Norte, segue estando a cousa moi igualada. O Cabana mantense de líder tras vencer ao Laxe, pero por detrás vén unha maraña de equipos, ata 4 a tiro dun só partido. Camariñas e Corme, que vencía ao Coristanco, a 2 puntos; e o propio Coristanco e o Porteño a 3. Ademais, O Zas non quere despegarse a pesar de caer cun Ponteceso que parece se vai meter na loita polas 3 primeiras prazas.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 8

Outes - Muxía (5-2) (x.2)

  • OUTES: Aarón, Cutu, César (Fran), Brión, Simón, Adri, Álvaro (Carlos), Saúl (Joel), Veleiro, Fabio (Borja) e Santi.
  • MUXÍA: Hugo, Tomás, Gerardo, Andrés, Toja, Marco, Esteban, Ander, Paulo, Castreje e Jose. Tamén xogaron: Mario, Iván e Rubén.
  • Goles: Para o Outes Fabio (2), Veleiro, Santi e Joel. E para o Muxía, José e Paulo.

Partido con moitas ocasións e bo xogo durante algún minuto por parte dos dous equipos, no que se viron contras fantásticas, aos máis puro estilo RM. Javier Lema chegaba con 10 baixas polo só puido aguantar un rato a igualdade no marcador. Ademais, os erros defensivos conderaron aos vermellos.

Dumbría - Outes (8-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Charly, Lucas, Pablo, Mauro, Juan de Dora Isma e Josiño. Tamén xogaron: Luis, Marcote, Cabana, Jano e Yeray.
  • OUTES: Joel, Cutu, César (Fran), Brión, Simón, Adri, Álvaro (Sergio), Saúl, Xurxo, Borja (Fabio) e Santi.
  • Goles: Juan de Dora (4), Josiño, Roberto, Marcote e Cabana.

Dominio completo do cadro dumbriés ante un Outes que aguantou, que competiu durante a primeira metade que remataba cun relativo 2-0 ao descanso. Pero na segunda pasou o rodillo o equipo da “Doble L”, con 4 tantos de Juan de Dora. Por certo, un Juan de Dora que segue na órbita do Deportivo, como nos confirman fontes do club dumbriés, e pode que este curso teñamos boas novas para o loureán.


Corcubión - Esteirana (0-4)

  • CORCUBIÓN: Chava, Juanjo, Oca, Miguel, Marcos, Germán, Mario, Óscar, Pepo, Tito e Steven. Tamén xogaron: Guilhe, Goche, Joselu e Mesejo.
  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tobío (Brais, min.46), Damián (Edu, min.46), Borja, Tiko, Fabio (Álex, min.55), Adrián, Pablo e Juan.
  • Goles: 0-1, min.1: Juan; 0-2, min.26: Pablo; 0-3, min.65: Pablo; 0-4, min.84: Áxel.

Bo partido da Esteirana no primeiro tempo que xogaba con habilidade a pelota ante un Corcubión que se defendía como podía. Despois do gol nada máis comezar, púxose o partido máis cómodo para os visitantes e costa arriba para os locais. Non tivo moita opción o Corcubión e así foi menguando paulatinamente o ritmo do partido.

Botará de menos o cadro esteirán ao seu porteiro MJ, Manu Trillo, que vén de fichar polo Noia da Preferente.


Castriz - Os Miudos (0-3)

  • CASTRIZ: Alvarito, Cambón, Roi, Luís, Álex, Balsa, Redondo, Yoni, Calvo, Miguel e Roni.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Eloy, Samuel, Juanche, Anxo, Airán, Miguel, Lice, Hugo, Saúl e Martínez. Tamén Yeray, Jorge, Álvaro e Tajes.
  • Goles: 0-1, min.35: Martínez; 0-2, min.67: Saúl; 0-3, min.87: Jorge.

Partido que leva o cadro muradán de Mané Senante, ante un Castriz que seguramente mereceu máis. A primeira media hora o partido estivo moi igualada, repartindo as ocasions para ambos equipos. Fatando 10 minutos para rematar a 1ª parte, un balón ás costas da defensa xalleira causou o 1-0 para os visitantes, mazazo ás aspiracións locais.

Na segunda parte o partido seguiu moi igualado, pero o Castriz non soubo aproveitar as súas ocasións e en outros dous fallos da defensa do Castriz causaron os seguintes goles. Puido recurtar aínda o equipo de Alberto, pero non estaban finos cara gol.


Muxía - Cee (0-0)

  • MUXÍA: Hugo, Tomás, Gerardo, Andrés, Toja, Marco, Esteban, Ander, Paulo, Castreje e Jose. Tamén xogaron: Mario, Iván e Rubén.
  • CEE: Maikel, Hugo, Borja, Brais, Iván, Xavier, Chema, Alexis, Xoán, Álex e Rubén. Tamén xogaron: Stiven, Pablo Ríos e Pablo Trillo.

Partido moi igualado o vivido en Arliña, baixo unha abafante calor, cun Muxía moi entonado, levando o peso do partido e chegando con boas ocasións de gol que non souberon rematar, sobre todo na segunda, despois dun primeiro máis soso e igualado. Mesmo lanzaron os locais un par de balóns ao pau, por medio de Jose, na segunda metade, que non conseguiron mover o marcador.


Fisterra - Xallas StComba (3-1)

  • FISTERRA: Xosé, Iago, Ángel, Andrés, José (Juanfran), Breixo, Asier (Iván), Gabi, Golpes, Adri (Alex) e David (Dani).
  • XSC: Coke, Parri (Xoel, min.56), Fabián, Pérez, Carlos, Adrián, Anxo, Tefi (Manu, min.65), Isma (Oreiro, min.68), Torres (Pablo, min.46) e Chiki.
  • Goles: 1-0, min.33: Gabi Golpes cun golazo; 2-0, min.51: Gabi Golpe; 3-0, min.60: David; 3-1, min.80: Xoel.

Partido disputado na calurosa tarde do sábado no municipal de Ara Solis, campo ao que os locais se adaptaron moito mellor e no que os xalleiros non se adaptaron en ningún momento. Un XSC que colleitaba a súa segunda derrota, deixando o liderato ao Dumbría.

Merecida vitoria do cadro local, máis acertado cara gol, que se adiantaba no marcador á media hora no cun golazo de Gabri nunha das primeiras chegadas claras nunha contra mortal. Mazazo para os xalleiros que se viñeron abaixo e puideron levar algún más antes de ir aos vestiarios.

Tralo descanso os visitantes avisaron primero pero na seguinte xogada o Fisterra golpea de novo. A efectividade do cadro de Falito era letal. Os visitantes intentaban combinar pero non lles saía nada ante un Fisterra bien ordenado que castigaria con 3-0 á hora de xogo. Só tivo tempo o cadro xalleiro para recurtar o marcador.

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 8

Corme - Coristanco (4-1)

  • CORME: Fran; Rubén, Aitor, Cris, Sergio, David Cousillas, Eloy Villar, Isma, Manu, Quique e Bruno. Tamén: Ian, Samu, Isaac, Eloy CR, Ángel.
  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Navarro, Joni, Bértoa, Bardanca, Fabio e Gabriel. Tamén: Brais, Javi Gómez, Javi López, Canido e Chiki.
  • Goles: 0-1, min.15: Joni; 1-1, min.30: Quique; 2-1, min.50: Manu; 3-1, min.70: Quique de tiro forte; 4-1, min.77: David Cousillas.
  • Lesión: Navarro tras unha patada.

Bo partido dos dous equipos, con xogo moi bonito por parte dos dous equipos, que rematou, se cadra, cun resultado algo excesivo tralo visto no Cairo. Empezou gañando o cadro de Lorenzo, pero xa tiña moitas baixas no medio campo, e a lesión de Navarro deixou moi mermado ao cadro verde.

Xa empatara no ecuador da primeira Quique para os cormeláns, que saíron na segunda pola vitoria, e cun par de xogadas desafortunadas do meta visitante, o Corme se metía por diante, e acababa sentenciando.


Cabana - Laxe (5-2)

  • CABANA: Vázquez, David Varela, Grille (Aurelio, min.27), Raúl, Kevin (Álex Fraga, min.30) Álex, Ferreiro, Reigía (Mateo, min.20), Redondo, David Muíño (Oliver, min.65) e Martín (Pablo, min.45).
  • LAXE: Diego, Nico, Santi (Uxío, min.30), Santi Galgo, Sergio de Soesto, Djamel, Cristian, Adri, Ferri, Elías e Dominguez.
  • Goles: 0-1, min.5: Adri Lema; 2-0, min.15: Adri Lema; 1-2, min.34: Redondo; 2-2, min.60: Álex de penalti cometido sobre Pablo; 3-2, min.64: David Varela nunha boa xogada colectiva primeiro e individual na finalización; 4-2, min.81: Álex Fraga nunha contra; 5-2, min.90: Pablo noutra boa contra co Laxe volcado.

Comezou moi ben o Laxe de Toni, coas ideas moito máis claras o campo das Redondas e esa claridade viuse reflexada no marcador situando un claro 0-2 os 15 minutos con dous bos goles de Adri Lema por velocidade e cruzando o balón que obligou ao Óscar Mingui a trocar de sistema e facer varios cambios de forma máis temprana que de costume. Pero sufriu a lesión do central Santi, e quedou moi mermado o equipo local, permitindo que pouco a pouco os locais se fosen recompoñendo e xa antes do descanso melloraron bastante pero non o suficiente para polo menos empatar.

Na segunda desfondouse o Laxe, e arrollou o Cabana, Antes, clave foi o penalti, fóra da área para os cabaneses, para facer o 2-2 que provocou que os visitantes baixasen os brazos.


Baio - Camariñas (3-6)

Comentarios