Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas

Xuvenís: Dumbría e Cabana mandan mentres 12 equipos pelexan por 4 prazas
Cabana-POnteceso xuv-Foto-Cabana

Tremendamente intensas están as dúas Ligas Xuvenís. Xa comeza a conta atrás cando faltan 6 xornadas para o remate da Primeira Fase, cos 3 primeiros postos de cada grupo en loita. Parece que só os Dumbría e Cabana teñen praza asegurada, con todo o que queda por xogar, mentres outros 12 equipos pelexan por esas 4 prazas que quedarían restantes.

Polo Sur, Os Miúdos afianzaba a súa 2ª praza, con 25 puntos a 7 do imbatido Dumbría, vencendo a un Cee que puido perder un dos ultimos tres do ascenso. Chegaban empatados a Esteirana e XSC na 3ª praza, e quedan cos mesmos 22 puntos, 4 de vantaxe sobre o Outes, que vencía ao Fisterra noutro dos partidos claves, pois deixa aos fisterráns algo lonxe dos postos de arriba, pero aínda con tempo.

Xa polo Norte, o Cabana segue sumando de 3 en 3 pero todos os partidos son difíciles. Desta volta, un Ponteceso con mellor xogo que resultados prantou cara e fixo que os líderes acabaran pedindo a hora. Por detrás, impresionantes os equipos camariñáns. O Camariñas queda a 3 do líder, despois de gañar ao Zas con 3 homes en estado de gracia. O Porteño vencía en Laxe e queda 1 punto por debaixo dos seus veciños. Pelexando por esas 3 prazas mantense o Coristanco, a 3 do Porteño, que sen embargo non pasaba do empate ante o pechacancelas, o Malpica. O Corme, a 4 dos da Ponte, e que tampouco pasaba do empate con outro dos de abaixo, tamén ten opcións aínda, mentres Zas e Ponteceso quedan algo máis alonxados.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 12

Esteirana - Xallas StComba (3-3)

  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tobío, Borja, Tiko, Damián, Brais, Adrián, Manu, Juan (Áxel, min.70) e Pabliño.
  • XSC: Coke, Pérez (Xoel, min.70), Dani (Manuel, min.84), Carlos, Parri, Torres, Adrián (Anxo, min.66), Ismael, Barbeira, Fabián e Chiki (Tefi, min.57).
  • Goles: 1-0, min.15: Pabliño; 1-1, min.37: Chiki; 2-1, min.64: Manu de Yi; 3-1, min.72: Pabliño; 3-2, min.83: Ismael; 3-3, min.89: Tefi.

Partidazo entre dous dos candidatos a acompañar ao Dumbría na seguinte fase. Foi un choque igualado, con alternancias no xogo e no marcador, que se decidíu nos últimos momentos cunha gran remontada do cadro xalleiro.

O cadro esteirán, lixeiramente superior durante boa parte do choque, púñase ata en dúas ocasións por diante, pero as xogadas a balón parado nos minutos finais foi clave, pois o XSC meteu á Esteirana no seu campo e remontou en xogadas de estratexia.


Os Miudos - Cee (2-1)

  • OS MIÚDOS: Ángel, Yeray, Ancho, Eloy, Juanche; Airán; Jorge, Samuel, Miguel, Hugo e Saúl. Tamén: Lice, Alex, Martínez e Tajes.
  • CEE: Maikel, Steven, Chema, Rubén, Borja, Hugo, Xavi, Senlle, Yago, Samu e Isma. Tamén xogaron: Marco, Pablo, Tivi, Álex e Iván.
  • Goles: 1-0, min.15: Hugo; 1-1, min.40: Chema; 2-1, min.87: Eloy.

Partido intenso entre dous dos candidatos a meterse entre os tres de arriba que deixa ao cadro muradán con moitas máis opcións. Choque que puido caer de calquera lado. O equipo local levou o peso e se metía por diante pero o Cee era quen de empatar antes do descanso despois de un bos 15 minutos finais.

Saú máis enchufado o equipo de Mané Senande na segunda, con varias ocasións, pero o Cee aguantaba as embestidas locais e tamén sacaba rápidas e perigosas contras. Dábano todo os xogadores dos dous conxuntos, e o partido podía caer dos dous bandos, pero cando todo indicaba que remataría en empate, Eloy deixaba os puntos no Eleuterio Balayo.


Outes - Fisterra (4-1)

  • OUTES: Aarón, Cutu (Sergio), Brión, Simón, César (Saúl), Álvaro, Joel (Fabio), Samu, Borja (Adán), Xurxo (David) e Santi.
  • FISTERRA: Xosé (Aarón), Iago, Juanfran, Breixo, Beto, Gabi, Andrés, Adri, Gonzalo (Alex) (Suárez), Gabi Golpes (Dani) e Asier.
  • Goles: 1-0, min.32: Simón; 2-0, min.43: Santi; 2-1, min.44: Adri; 3-1, min,70: Santi; 4-1, min.77: Joel.

Foi mellor o Outes, no que Manu Roque puido contar con case todos os seus efectivos, e o equipo o nota.
Só durante 20 minutos da segunda metade, despois do gol ao fío do descanso que deixaba o marcador nun aberto 4-2, o Fisterra puido meterse no partido. Pero Santi e Joel sentenciaban o choque.


Corcubión - Muxía (2-2)

  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Marcos, Chava, Isma, Pepo, Óscar, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamén xogaron: Joselu, Juanjo e Maikel.
  • MUXÍA: Hugo, Jorge (Ancho, min.70), Gerardo, Paulo, Diego (Castreje, min.50), Mava, Marvo, Ander (Rodri, min.78), Tomás, Toja (Rubén, min.60) e Jose (Fransiño, min.85).
  • Goles: 0-1, min.2: Jose; 0-2, min.40: Jose; 1-2, min.42: Óscar; 2-2, min.89: Maikel.

Partido dominado polo Muxía, que viu como o Corcubión conseguía un punto no último suspiro. Metíase na primeria 0-2 o cadro de Javier Lema, pero un gol antes do descanso deixaba o choque aberto para a segunda. Saíndo demasiado relaxados dos vestiarios os locais, e o equipo corcubionés foise afianzando. Aínda así, os muxiáns non contaban co empate, que chegaba no último minuto despois dun saque de banda.


Castriz - Dumbría (0-4)

  • CASTRIZ: Víctor, Richar, Redondo, Luís, Mika, Adán (Roi), Varillas (Cambón), Rony, Beto (Javi), Joni e Balsa.
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Lucas, Cacha, Mauro, Juan de Dora e Isma. Tamén xogaron: Luís, Abuelo, Andrés, Charly e Pablo.
  • Goles: 0-1, min.40: Cacha; 0-2, min.48: Cacha de falta pola escuadra; 0-3, min.53: Jano de falta; 0-4, min.77: Charly de forte disparo.
  • Lesión: Adán tras unha entrada dura.
  • Expulsión: o dumbriés Maikel.

Vitoria clara do Dumbría ante un competitivo Castriz, que xogou moi forte. A primeira metade foi máis igualada, cun Dumbría sempre levando a posesión do balón, e un Castriz que á contra tería un par de ocasións de romper a igualada inicial. Pero foi o Dumbría o que abría o marcador cun bo gol de Cacha ao fío do descanso.

A segunda parte, entre o cansancio e o gran Dumbría, que a pesar cun home menos, o partido caeu completamente do lado visitante. Cacha de falta anotaba un golazo, e pouco despois Jano, tamén de falta, e Charly, sentenciaban.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 12

Camariñas - Zas (4-2)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel, Facundo (Brais, min.80), Pifo (Chuki, min.70), David, Espi (Adrián, min.45), Chicote, Álvaro e Sergi.
  • ZAS: Sergio (Hadrián, min.46), Ternande, Julián (Boli, min.75), Darío, Brais (Lodi, min.80), Manu, Juan, Adrián, Álvaro, Dani Mato e Andrés.
  • Goles: 0-1, min.2: Dani de penalti; 1-1, min.10: Sergi; 2-1, min.15: Álvaro; 3.1, min.25: Espi; 3-2, min.35: Andrés; 4-2, min.40: Sergi.

Partidazo no Hermanas Patiño entre dous grandes equipos. No cadro local, o meta José Luís, no seu segundo partido despois da rotura de pómulo, voltaba demostrando que está noutro nivel. Ademais, Javi, o pichichi da categoría, fixo das súas, e estivo ben acompañado por Sergi, que participou nos 4 goles, sendo o xogador máis destacado.

O choque foi intenso, divertido, con alternativas. Empezou o choque e antes de decatarense os camariñáns xa tiñan un gol en contra, tras unhas mans dentro da área despois dunha boa xogada de Álvaro e Dani. O Zas combinaba ben eses minutos, pero comezou a fallar en defensa.

Nunha primeira metade tola, en apenas 30 minutos caeron 5 goles. O Camariñas conseguía poñerse 3-1, cun Sergi tremendo arriba. Pero o Zas metíase de novo no choque co gol de Andrés, non sen antes marcar o cuarto o cadro local.

Tralo descanso mellorou en defensa o Zas e o choque calmouse, cun Camariñas máis atrás, ante un Zas que combinaba e mesmo que chegaba nalgunha ocasión, como unha falta e un bo tiro de Dani, unha ocasión de Adrián a “bocajarro”, dúas de Andy e un tiro cruzado de Andrés. Pero aí estaba José Luís, mantendo os puntos en casa.


Laxe - Porteño (2-6)

  • LAXE: Diego, Nico, Santi, Galgo, Sergio, Djmael, Mouri (Elías, min.46), Adri, Borja, Ferri e Uxío.
  • PORTEÑO: Brais, Jose M., Dani, Bruno, Xoel, Mario (Josiño, min.63), Oli, Maikel, Borja (Carlos, min.77), Aarón e Robi (Damián, min.67).
  • Goles: 0-1, min.11: Oli; 0-2, min.26: Oli; 1-2, min.47: Ferri tras un pase en profundidade de Santi; 2-2, min.50: Adri de penalti tras unhas mans; 2-3, min.60: Borja; 2-4, min.70: Maikel; 2-5, min.75: Josiño; 2-6, min.82: Josiño.

Bo partido, e boa entrada, no Cabo da Area, entre un bo Laxe, que notou as baixas dos lesionados en Malpica, e un Porteño que está nun gran momento. O Laxe buscou o partido dende o comezo, pero topouse unha defensa moi segura, que permitía roubar e saír con velocidade ao cadro visitante. Meteuse por diante o cadro de Ordóñez con dous tantos de Oli, e puido ampliar a distancia antes do descanso.

Pero o Laxe saíu a por todas despois da bronca de Toni, e en apenas 5 minutos empataron o partido. Reaccionou o Porteño, e aproveitou moi ben as súas chegadas facendo 4 goles neste período.


Coristanco - Malpica (1-1)

Coristanco Xuvenil-Foto-Luis POrto
  • CORISTANCO: Alberto; Iván, Varela, Suso, (Bardanca, min.46), Corral, Sergio, Bértoa (Manu, min.46), Navarro, Gabriel, Anido (Joni, min.46) e Fabio (Chiqui, min.69).
Malpica Xuvenil-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Brais Álvarez, Sebas, Álvaro, Yiño, Gende, Cristian Villar, Sergio (Cholo, min.88), Xulián e Adrián (Carlos, min.74).
  • Goles: 0-1, min.37: Sergio, tras unha internada dende o medio campo levando a varios defensas e de tiro raso; 1-1, min.48: Joni de penalti, protestado, cometido sobre el.
Capis do Coristanco e Malpica xuv-Foto-Luis POrto

Conseguíu empatar o Malpica ante un Coristanco que viña na parte alta. Un Coristanco que levou o peso do partido, tendo unha gran primeira media hora, moi intensa e creando boas ocasións, por medio de Navarro, Fabio e Gabriel. Pero os malpicáns, que desta volta non baixaron os brazos en ningún momento, aproveitaban a súa primeira chegada para meterse por diante co golazo de Sergio.

Equilibrouse o partido na segunda, pois Joni transformaba un penalti, claro para uns e “piscina” para outros, cometido sobre el mesmo. O Malpica non lle perdía a cara ao choque, e o Coristanco atacaba máis, pero nin Joni nin Varela estiveron acertados para marcar, deixando as táboas no marcador.


Baio - Corme (1-1)

  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, D. Rama, Javier, Rai (Alfonso, min.65), Alberto (Fran, min.46), Miguel, Pablo Costa, Jose Antonio, Santi Díaz e Fariña (Ayoub, min.60).
  • CORME: Fran, Aitor, Ángel, David Cousillas, Cris, Isma, Eloy Villar, Sergio Fariña, Quique, Bruno e Samuel. Tamén: César, Mikel, Eloy CR, Manu e Isaac.
  • Goles: 1-0, min.60: Jose Antonio tras unha internada de Santi Díaz pola esquerda; 1-1, min.70: Samuel.

Emocionante partido xogado na tarde do sábado no Platas Reinoso e no calquera dos dous contricantes puido levar a vitoria. O CD Baio contou co concurso de Pablo Costa e Santi Díaz, xogadores de categoría xuvenil que adestran sempre cos maiores e que lle dan un empaque diferente ao equipo xuvenil cando contan co seu concurso e axudan os outros rapaces a mellora-la sua prestación xa case sempre de por si boa. O Corme realiza un xogo combinativo co que superar o rival e que fai que os rapaces deixen un regusto moi bo nos que presencian os seus partidos. Pola súa banda o CD Baio vai a un modelo de xogo máis directo e de contraataque que nos últimos dous partidos funcionoulle bastante ben estando a punto de sorprender o Cabana e conseguindo un punto neste último partido que lle sabe a gloria.


Cabana- Ponteceso (2-1)

  • CABANA: Vázquez, David Varela, Grille, Aurelio, Kevin, Álex Rodríguez, Redondo (Mateo min 85), Reigía (Ferreiro, min.35), Álex Fraga (Martín, min.75), David Muíño (Óliver, min.57), Cristian (Pablo min.45).
  • PONTECESO: Santos, Adrián Pose, Rubén, Regueiro, Isma, Sergio, Pedro, Ismail, Eloy, Pedro, Fabián e Pablo Pailos. Tamén xogaron: Villar, Busto, Óscar, Fandiño e Marcos.
  • Goles: 1-0, min.28: Cristian culmina unha boa xogada colectiva; 2-0, min.60: Álex Rodríguez aproveitando un rexeite; 2-1, min.69: Eloy de penalti.
Cabana e Ponteceso Xuv saindo as Redondas-Foto-Cabana

Fermoso e intenso partido nas Redondas, de ida e volta, cunha primeira metade na que o Cabana levou máis o control, pero que acababa pendido a hora ante un Ponteceso que buscou o empate ata o final con moitas gañas e non o conseguíu gracias ao bo traballo de Vázquez na meta cabanesa.

Na segunda metade saliu máis enchufado o Ponteceso, con varias ocasións de gol sin conseguilo, e nunha contra, e tras un erro de entendemento entre a defensa e o porteiro, o Cabana facía o segundo tanto. Quedaban 15 cando Eloy recurtaba dende os 11 metros, e aí puido caer o empate, e tamén a sentenza, pero o marcador non se movería.


Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios