Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte

Xuvenís: O Dumbría impón a súa lei no Sur e a igualdade no Norte
Camarinas-Ponteceso-Foto-SD

Diferentes se poñen as Ligas Xuvenís tralo remate da 1ª volta. Polo Sur o Dumbría impón a súa lei e remata a primeira metade da liga regular con 4 puntos de vantaxe sobre Os Miúdos, que trala vitoria dos dumbrieses en Santa Comba, superan ao XSC. Os Miúdos, que non fallaba ante o Muxía, lidera agora o grupo de equipos que aspiran a meterse entre os 3 primeiros. Xalleiros e esteiráns contan cun punto menos cos muradáns, quedando a 5 do liderato, e parece que se repartirán entre os 4 as 3 prazas, sempre co permiso de Fisterra, Cee e Outes. Precisamente fisterráns e ceenses protagonizaban un sempre intenso derbi, que remataba con vitoria ceense freando o ascenso dos fisterráns, que de vencer se tiñan metido na pomada.

Pola contra, no Norte todo é igualdade tras unha xornada de verdadeiros partidazos. Os 7 primeiros equipos rematan nun pano, en apenas 5 puntos, despois da vitoria do Ponteceso en Camariñas, a máis destacada da xornada, pois frea aos camariñáns e mete defintivamente aos pontecesáns na loita polas 3 primeiras prazas. Ademais, o Coristanco freou ao líder, o Cabana, que mantén a praza por diante, agora do Porteño, que se mete 2º a º só punto. Un Porteño fantástico, pois no seu segundo ano na categoría está competindo dun xeito exemplar, e dou conta, nun partido máis igualado do que sinala o resultado, de todo un Corme. O Zas completa o grupo de cabeza.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 9

Esteirana - Castriz (3-1)

  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Tobío, Brais, Edu (Manu de Yi, min.54), Borja, Tiko, Fabio (Áxel, min.55), Adrián, Pablo e Juan.
  • CASTRIZ: Víctor, Richard, Redondo, Luís, Varillas, Roony, Adan, Beto, Joni, Miguel e Alex. Tamén xogaron: Cambón, Calvo e Javi.
  • Goles: 1-0, min.12: Bolo; 2-0, min.76: Pablo; 3-0, min.85: Manu de Yi; 3-1, min.80: Varillas de penalti cometido sobre el mesmo.

Adiantado o partido a xornada matinal do sábado e que comezaba con retraso dunha hora por problemas co árbitro do partido anterior de alevíns.

Partido bastante igualado no que a Esteirana controlou a posesión con moito toque de balón, pero facendo dano, sobre todo, en xogadas a balón parado. Na primera, somentes Bolo era capaz de anotar gol e así por en cabeza ós locais. Ese primeiro gol foi nun rexeite do porteiro vistante que a defensa non dou sacado e Bolo só tivo que empuxala.
Por bando xalleiro, tivo Beto unha ocasión tras un fallo dos centrais locais, pero non acertou como tampouco o fixo Miguel despois de quedar só diante do porteiro tras unha xogada impresionante que se sacou da chistera.

Na segunda parte comezou apretando o cadro visitante, con Miguel entrando moi ben por banda. Roony obrigou ao meta local a estirarse e Joni mandaba ao longueiro. Discurría polos mesmos derroteiros o encontro ata os minutos finais que lle daban algo de alegría con ocasións e goles para os dous bandos. Nunha falta escorada a esquerda da meta do Castriz foi sacada esplendidamente e marcaría o 0-2, que facía moito dano e que permiría que pouco despoios os locais asinasen o terceiro. Só ao final recurtaria distancias o Castriz de penalti.

Outes - EF Corcubión (7-0)

  • OUTES: Joel, Cutu, César, Serxio, Simón, Adri, Álvaro (Fran), Saúl, Veleiro, Fabio (Xurxo) e Borja.
  • CORCUBIÓN: Miguel, Pepo, Oca, Marcos, Isma, Óscar, Goche, Germán, Mario, Tito e Stiven. Tamén xogaron: Joselu, Mesejo, Lolo e Juanjo.
  • Goles: Fabio (1), Veleiro (3), Joel (1), Álvaro (1) e Adrián (1).

Partido sen historia, moi feo na primeira que remataba cun 2-0 que aínda deixaba esperanzas aos corcubioneses. Pero a segunda non tivo cor e o Outes sacou do campo aos visitantes. Cómpre destacar que ata marcou Joel, que comezaba baixo paus pero que na sgeunda metade cambiouse por Cutu.

Os Miudos - Muxía (3-0)

  • OS MIÚDOS: Ábgel, Eloy, Samuel, Juanche, Yeray, Airán, Tajes, Miguel, Hugo, Licerino e Saúl. Tamén: Piki, Jorge Beiro, Martínez e Anxo.
  • MUXÍA: Hugo. Ancho, Andrés, Gerardo, Rubén, Iván, Esteban, Marco, Paulo, Castreje e Tomás. Tamén: Mario, Ander e Gusa.
  • Goles: 1-0, min.20: Juanche de penalti; 2-0, min.60: Martínez nunha contra; 3-0, min.75: Jorge Beiro.

Partido igualadisimo en Muros, cun Muxía que aguantaba as embestidas do Muros, ata que o colexiado sinalaba un penalto, protestado polos visitantes, que daba vantaxe aos locais. Protestaron tamén os visitantes outro posible penalti na área local, pero que o colexiado viu fóra, mentres os muxiáns marraban un par de mans a mans.

Arriscou na segunda Javier Lema, cunha defensa de 3 veuse arriba o equipo roxiño, traballendo e pelexando arreo, pero nunha contra os muradáns anotaban, por medios dos recambios Martínez e Jorge Beiro, o segundo e o terceiro tanto nun tiro lonxano, para sentenciar o choque.

Colócanse 2º os de Mané Senande, aproveitando os tropezos dos xalleiros nas últimas xornadas.

Xallas StComba - Dumbría (0-4)

  • XSC: Coke, Xoel (Parri, min.61), Fabián, Rubén (Pérez, min.55), Carlos, Adrián, Sergio, Tefi, Anxo (Oreiro, min.68), Pablo (Dani, min.68) e Isma (Chiqui, min.55).
  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Lucas, Pablo, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamen xogaron: Luis, Charly, Mauro, Cabana e Portu.
  • Goles: 0-1, min.26: Juan de Dora; 0-2, min.54: Marcote; 0-3, min.64: Juan de Dora; 0-4, min.80: Jano tras xogada espectacular de Luis.

Era o choque máis esperado da xornada, da primeira volta na Liga Sur, pero o partido decepcionou. E o fixo en parte pola falta de intensidade do cadro local, descoñecido, que incomprensiblemente deixouse pasar por riba por un gran Dumbría, que arrasou como un ciclón o campo de Fontenla.

Partido dominado de principio a fin polos dumbrieses, que tiñan as ideas moi claras e que se adiantaban na primeira metade, na que Paulo só tivo que facer unha parada tras un bo disparo desde fora da área dos xalleiros. Marcote e o propio Juan de Dora, ademais dun gol de Jano tras unha fermosa xogada de Luís, sentenciaron un partido do que se esperaba moito máis.

Esperemos que os rapaces de Santi Casal volvan poñerse as pilas e competir de verdade.

Cee - Fisterra (3-1)

  • CEE: Maikel, Brais, Borja, Hugo, Iván, Xabier, Castillo, Chema, Xoán, Álex e Isma. Tamén: Yago, Samu, Senlle, Pablo e Pablo (porteiro).
  • FISTERRA: Xosé, Iago (Juanfran), Andrés (Dani), Ángel, Jose, Breixo, Gabi (Pichiño), Gabi Golpes, Asier (Iván), Álex e Adri (David).
  • Goles: 0-1, min.5: Ángel; 1-1, min.48: Yago; 2-1, min.57: Samu; 3-1, min.86: Yago.
  • Expulsións: os fisterráns Álex, Jose e Breixo nos últimos 20 minutos.

Fantástico o derbi, coma sempre, que depararon estes Cee e Fisterra xuvenís. A primeira metade remataba co cadro de Falito por diante, tras un tempraneiro gol de Ángel. Os fisterráns foron mellores durante eses 45 minutos e puideron levar algo máis de vantaxe pero non estiveron acertados ante Maikel.

Saíu o Cee cos 3 habituais co primeiro equipo na segunda metade, que lle imprimiron máis ritmo e máis dureza, ao partido, e tiveron acerto cara gol, de feito, os goles chegaron ca súa sinatura, con dous de Yago, o primeiro sen que pasasen 5 minutos da segunda, e Samu.

Na segunda metade foron expulsados 3 xogadores fisterráns, que non souberon responder ao xogo máis duro dos locais e o fixeron de malos modos.

Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 9

Laxe - Baio (3-2)

  • LAXE: Diego, Uxío, Djamel, Galgo, Nico, Elías, Cristian, Ferri, Adri e Domínguez.
  • BAIO: Julián, Pablito, Fran, Jose Antonio, Javier, Ayoub, Alfonso (Mohedano), Miguel, Alberto (Rai), Diego e Fariña (Jose Manuel).
  • Goles: 0-1, min.12: Fariña; 1-1, min.23: Adri; 1-2, min.33: Alberto; 2-2, min.63: Christian; 3-2, min.64: Elías.

Partido marcado polas numerosas baixas nos dous bandos. De feito, Toni só puido contar con 10 xogadores, a pesar do cal levaron os 3 puntos despois dun partidazo de entrega e vontade, ante un Baio que tamén segue con numerosos problemas.
Dominou o cadro local, que mesmo fallou un penalti, pero tivo que remontar ata en dúas ocasións os tantos dos baieses, e foi no ecuador da segunda, en dúas xogadas case consecutivas e ante a parálise da defensa visitante, cando os de Toni remontaban o encontro.

Gran partido do Laxe, cunha gran demostración de loita e esforzo, cun só “pero”, o comportamento racista de algún xogador cara un dos xogadores do Baio que había que correxir.

Camariñas - Ponteceso (4-5)

  • CAMARIÑAS: Chuki, juan, pose, miguel, sergi (ivan min.80), david, alvaro, chikote, felipe (pifo min.70), javi, daniel (facundo min.60)
  • PONTECESO: Santos, Adrián, Diego Mourelle, Ismael, Sergio, Pedro, Ismail, Diego, Pablo Pailos, Esteban e Eloy. Tamén xogaron: Diego, Marcos, Dani, Fabián e Villar.
  • Goles: 1-0, min.6: Javi; 1-1, min.8: Diego; 1-2, min.11: Pablo Pailos; 2-2, min.16: Javi; 3-2, min.38: Javi; 3-3, min.63: Eloy; 4-3, min.70: Javi; 4-4, min.85: Sergio; 4-5, min.89: Eloy.

Auténtico partidazo no Hermanas Patiño entre un Camariñas que chegaba espectacular e un Ponteceso que vén de menos a máis. Os locals notaron a baixa de Jose Luís baixo paus, que segue recuperándose da súa fractura no pómulo, pero disfrutaron dunha das mellores actuacións de David, medio centro camariñán que está chamado a ser o herdeiro de Moriño, co que xa xoga formando o medio campo na Liga da Costa.

Foi un verdadeiro partido de ida e volta, con alternacina no marcaod. Comezou o Camariñas poñéndose por diante no marcador xa aos 5 minutos co tanto de Javi, ou SuperJavi, un dos protagonistas da tarde con 4 goles. Pero os pupilos de Carracedo reaccionaron e tan só minutos despois empataban cun golazo de Diego dende a frontal.

Comezou a combinar, como lle gusta, o cadro pontecesán e prono Pablo Pailos metía por diante aos visitantes cun bo cabezazo. O Ponteceso dominaba pero o Camariñas sacaba perigosas contras, e nunha destas Javi igualaba de nov a contenda cando aínda non se chegara ao minuto 17. Continuaba o mesmo guión e de novo era o Camariñas o que pegaba, cun balón longo ás costas da defensa pontecesá que Javi, rapidísimo, definía en gol.

Na segunda metade o Ponteceso seguiía levando o control do balón, pero o partido empezaba a ser duro. Eloy puña as táboas cun golazo, pero Javi aparecía de novo para meter unha vez máis por diante aos de Luís da Kecha e Javi Baña.

Quedaban apenas 5 minutos pero o Ponteceso tirou de fe e en dúas xogadas, volcas Pero os pupilos dr carracedo non se rendiron e seguiron sendo fieles ao seu estilo de xogo creando dende atras e combinanso moi ben e no min 85 sergio empataba o partido , e xa no min 90 eloy marcaba o definitivo tanto do encontro 5-4 vitoria dos pontecesan

Zas - Malpica (4-0)

Zas Xuvenil ante o Malpica-Foto-Zas
  • ZAS: Sergio (Hadrián Ferreiro, min.78), Ternande, Julián (Carlos, min.68), Darío, Brais (Dani, min.63), Cristian, Manu, Adrián, Juan (Rubén, min.60), Álvaro e Andy.
Malpica Xuvenil en San AndresFoto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel (C); Arcay, Gende, Sebas, Álvaro, Brais Álvarez, Carlos (Cholo, min.61), Cristian Villar (Adrián, min.55), Sergio, Xulián e Yiño.
  • Goles: 1-0, min.10: Manu de volea dende a frontal; 2-0, min.37: Juan tras un bo cambio de xogo de Cristian; 3-0, min.56: Manu a pase de Andi; 4-0, min.88: Álvaro tras roubar a un defensa.
Capis do Zas e Malpica en San Andres-Foto-Luis Porto

Chegaba o Zas de Martín Vecino con varias baixas (Dani Mato, Andrés, Samuel…), pero aínda asi o equipo competiu moi ben e soubo dominar a un Malpica frouxo, que acumulaba moita xente por dentro e non permitía combinar ben polo que os locais tiñan que entrar po banda.

O primeiro gol foi un auténtico golazo, un zapatazo do capitán Manu dende a esquina da área grande que se colou pola escuadra do pau longo. Seguíu o Zas apretando para facelo segundo antes do descanso que chegaba tras un bo pase de Adrián ás costas da defensa que aproveitou Juan para marcar outro fermoso gol de vaselina. Tivo aí o Malpica unha boa oportunidade de achegarse no marcador cun disparo de fora da área de Xulián que dou no longueiro.

A segunda parte comezou maís lenta, cun Zas que intentaba combinar con máis tranquilidade e sen tanta presa, buscando ter posesións longas. Nunha delas Adrián aproveitou para facer outra asistencia de lujo para que Manu fixera o 3-0. Xa se vía o Malpica sen opcións e co partido case pechado Álvaro anotaba o cuarto e definitivo tanto.

Porteño - Corme (3-0)

  • PORTEÑO: Nion, José M., Bruno, Gonzalo, Xoel, Mario, Rodrigo, Oli, Roni, Borjita e Aarón. Tamén: Dani, Carlos, Damián, Jordi e Martín.
  • CORME: Fran; Rubén, Aitor, Cris, Sergio, David Cousillas, Eloy Villar, Isma, Sergio, Manu, Quique e Bruno. Tamén: Ian, Samu, Mikel, Eloy CR, Ángel.
  • Goles: 1-0, min.11: Mario de falta directa; 2-0, min.50: Oli; 3-0, min.85: Damián.

Partido máis igualado do que reflexa o marcador, que leva un Porteño que se mete na segunda praza. Os de Ordóñez marcaron en momentos claves do partido, cunha boa porcentaxe de acerto, mentres o Corme non foi quen de aproveitar as súas ocasións. Adiantouse cedo o cadro local, cunha boa falta directa de Mario. Puido empatar o Corme no último minuto da primeira metade á saída dun córner, pero non houbo sorte.

O gol ao comezo da segunda de Oli foi importante pois o Corme tivo que arriscar subindo liñas e deixando espazos atrás. Tivo ocasións o Corme para recurtar, pero tamén o Porteño á contra, como a sentenza que chegaba a 10 para o remate por medio de Damián.

Coristanco - Cabana (1-1)

  • CORISTANCO: Brais (Alberto), Sergio, Navarro, Varela, Iván (Mol), Brandón, Corral, Bértoa (Gabriel), Fabio (Chiqui), Bardanca e Joni.
  • CABANA: Vázquez, David Varela, Grille (Ferreiro, min.72), Aurelio, Raúl, Mateo, Reigía, Álex (Laik, min.55), Redondo (David Muíño, min.80), Álex Fraga (Kevin, min.75) e Pablo (Martín, min.82)
  • Goles: 0-1, min.44: Dani Reigía cun golazo tras unha boa xogada persoal pola escuadra tras varios rexeites; 1-1, min.50: Varela tras un rexeite dende a frontal.
  • Lesión: o meta local Brais.
  • Expulsión: o cabanés Dani Reigía por doble amonestación.

Partido limpo, intenso, de poder a poder, entre dous equipos que están aí arriba, sen arriscar con algo de medo a perder. Partido moi vibrante e disputado nas reducidas dimensións da Rocheira. Volveu o Coristanco a amosar a intensidade dos primeiros partidos tras uns choques máis de demasiada relaxación.

Primeiro tempo con dominio cabanés, pero sen chegadas a gol, ante un Coristanco ben armado atras gol do Cabana sen tempo para sacar e directos. Saíu o cadro de Lorenzo máis entonado na segunda metade, que se viron ademais beneficiados pola expulsión de Dani Reigía que deixaba ao equipo de Óscar Lema con 10, impedindo buscar a vitoria no treito final.

De feito, puido caer ao partido para os locais, pois ao final Gabriel mandou un balón fóra clarísima no desconto.

Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios