Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur

Xuvenís: Loitas quentes polas 3 primeiras prazas no Norte e no Sur
O baies Jose e o cabanes David-Foto-Santi Diaz

Nova semana completa de Fútbol da Costa en categoría Xuvenil, cando quedan 7 xornadas para o final desta primeira Liguiña. E se a semana pasada había 13 equipos en loita, esta semana segue a cousa moi igualada.

Polo Sur parece que o Dumbría, aínda imbatido, xa despegou, e o Cee non puido paralo. Pero por detrás, a cousa vai estar moi quente. O XSC parece que recupera o pulso da campetición despois de varias xornadas frouxo, e vencía aos Miúdos no choque máis igualado da xornada por abaixo, ao que se achega, quedando a 1 só punto dos muradáns. A 1 punto da segunda praza queda tamén a Esteirana, que non podía cun gran Fisterra, que, cando quere, dá medo. Os fisterráns, e os ceenses, quedan a 5 puntos do ascenso, e aínda teñen tempo de remar, mentres o Outes, a 6, deixouse parte das súas opcións de pelexar en Arliña.
A nova deixaba ademais o primeiro punto para o Corcubión, colleitado en San Pedro de Castriz.

Mentres, polo Norte, a cousa está máis igualada se cabe. Sudou sangue o Cabana, líder, para vencer ao penúltimo, o Baio, dando conta da igualdade no Grupo. Por detrás, dous equipos camariñáns en estado de gracia que protagonizaron o choque máis igualado. Queda o Camariñas agora 2º a 3 do líder e un punto por riba do Porteño. Loitarán tamén esa Liguilla o Coristanco, a 1 punto dos da Ponte tras non pasar do empate ante un gran Ponteceso (que pode aínda meterse no lío se encarrila varias vitorias seguidas); o Corme, que vencía ao Zas subíndose a ese tren, e quedando a só 2 puntos da promoción, deixando aos zaenses a 5.

O Partidazo da Xornada (un galardón que comezamos a dar esta semana) foi para o derbi entre Porteño e Camariñas, un duelo camariñán que había tempo que non chegaba cos dous equipos tan arriba.

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 11

Dumbría - Cee (4-0)

  • DUMBRÍA: Paulo, Roberto, Jose Miguel, Jano, Canario, Yeray, Lucas, Pablo, Edu, Juan de Dora e Maikel. Tamén xogaron: Mauro, Isma, Josiño, Charly e Cacha (que debutou).
  • CEE: Maikel, Chema, Borja, Hugo, Brais, Rubén, Yago, Xoan, Senlle, Samu e Isma. Tamén xogaron: Pablo, Tivi, Álex e Iván.
  • Goles: 1-0, min.3: Juan de Dora; 2-0, min.50: Maikel; 3-0, min.80: Maikel; 4-0, min.81: Ismael a pase de Charly.
  • Partido dominado polo cadro dumbriés ante un Cee que aguantou a primeita metade máis ou menos ben, se ben o Dumbría xa se colocaba por diante aos 3 minutos. Maikel e o propio Juan podían ampliar a renda, pero o meta ceense Maikel salvou 3 mans a mans.

    Na segunda parte a misma dinámica pero o Cee non puido aguantar o ritmo dumbriés, pois cos cambios aproveitando o traballo de Edu e Juan fixeron daño coa velocidad de Isma e Josiño, Maikel faria 2 goles un deles tras unha espectacular asistencia de Charly (idéntica a aquela de Guti de tacón en Riazor) e Isma faría o cuarto tras un gran pase de Josiño.

    Ollo a Juan de Dora, que xa leva 19 goles, máis que o Castriz e o Corcubión xuntos...


    Fisterra - Esteirana (4-1)

    • FISTERRA: Xose (Aarón), Iago, Breixo, Juanfran, Ángel, Andrés (Beto), Gabi (Dani), Asier (Pichino), Gabi Golpes, David (Gonzalo) e Adrián.
    • ESTEIRANA: Álex, Sergio, Antonio (Íker, min.50), Borja, Tiko, Damián, Brais, Áxel (Rubén, min.70), Adrián, Manu e Jaime.
    • GolesÁngel marca un golazo de longa distancia tras enganchar un bo disparo. 2-0, min.35: Asier tras un balón as costas que remacha acertadamente; 3-0, min.46: Gonzalo aproveita un despiste no pase atrás en banda, roubo e gol. 3-1, min.76: Damián tras enchufar un rexeite na área. 4-1, min.89: Pichino á contra.

    Partido tranquilo e igualado, cun Fisterra máis acertado cara gol, entre dous grandes equipos levados por boa xente como son Falito e Isma, que se recoñeceron o gran traballo feito.

    O Fisterra impúxose claramente a Esteirana, como ben reflexa o marcador final. Un equipo local moi metido no encontro que xogou co vento a favor nos inicios e aproveitouse disto para dominar o encontro nese treito, se ben as primeiras tres ocasións foron claras para a Esteirana onde Manu de Yi non acertou a metela dentro. Cando espertou o Fisterra gozou tamén de moi boas oportunidades, contano a súa vez con un golazo que os puxo por diante.
    A partires de aí o acerto dos locais foi a tónica no xogo, que poñían maior intensidade na disputa de tódalas accións.
    Marcador claro e xusto para os fisterráns que ainda contan con opcións de auparse a terceira praza da clasificación.


    Muxía - Outes (1-0)

    • MUXÍA: Hugo, Jorge (Mario, min.70), Rubén, Paulo, Diego, Marco, Maca, Ander (Rodri, min.80), Tomás, Víctor Alcaina e Jose (Osil, min.70).
    • OUTES: Aarón, Simón, Brión, Serxio, Cutu, Álvaro, Samu, Borja, Fran (David), Veleiro (Carlos) e Xurxo.
    • Gol: 1-0, min.38: Marco.

    Non conseguíu adaptarse ao céspede de Arliña o Outes, e completou un mal partido, tras unha semana con moitos contratempos puidendo Manu Roquye contar ao final con só a metade das fichas, 9 xogadores da categoría xuvenil.

    O Muxía dominou o partido, con boas ocasións para levar un resultado mellor, pero non conseguíu sentenciar antes, pois lle falta algo de pólvora a este Muxía de Javier Lema.


    Castriz - Corcubión (1-1)

    • CASTRIZ: Víctor, Richard, Redondo, Luís, Álex, Adán, Balsa, Rony, Miguel, Joni e Beto. Tamén: Varillas, Cambón, Calvo e Javi.
    • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Marcos, Chava, Isma, Pepo, Óscar, Mario, Goche, Tito e Germán. Tamen xogou Steven.
    • Goles: 0-1, min.7: Germán; 1-1, min.80: Joni.
    • Lesión: o xalleiro Álex.

    Partido dominado polo Castriz de Josito, pois Alberto estaba sancionado, pero que se viu por debaixo no marcador moi pronto, cando o Corcubión aproveitou un erro da defensa para meterse por diante. Dende aí buscou a meta visitante o cadro xalleiro, con varias ocasións claras, pero unhas veces a gran actuación de Miguel baixo paus, e outra a fortuna o impedía. Ata que xa ao final Joni conseguía o empate, e aínda puido caer o gol da vitoria, pero non chegou e así o cadro de Senra sumou o seu primeiro punto da temporada.


    Xallas StComba - Os Miudos (4-2)

    • XSC: Rubén, Pérez, Parri, Carlos (Anxo, min.68), Rubén (Manu, min.71), Torres, Adrián, Ismael (Oreiro, min.82), Chiki (Dani, min.63), Anxo e Fabián.
    • OS MIÚDOS: Ángel, Samuel, Eloy, Juanche, Anxo, Airán, Miguel, Tajes, Hugo, Jorge e Saúl. Tamén xogaron: Álvaro e Martínez.
  • Goles: 0-1, min.26: Samuel; 1-1, min.40: Ismael; 2-1, min.47: Adrián; 3-1, min.51: Chiki; 3-2, min.60: Hugo; 4-2, min.89: Dani.
  • Lesión: o muradán Eloy.

Con 13 xogadores chegaba Mané Senande a Fontenla e non puideron aguantar o ritmo do partido ata o final. Foi un choque igualado, intenso e equilibrado, no que os visitantes perdoaron na primeira metade e o acabaron pagando nun segunda tempo no que foron mellores os locais.


Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 11

Corme - Zas (2-1)

  • CORME: Fran, Rubén, Ángel, David Cousillas, Cris, Isma, Eloy Villar, Sergio Fariña, Quique, Bruno e Samuel. Tamén: César, Ian, Eloy CR, Manu e Isaac.
  • ZAS: Sergio, Boli, Rubén, Darío, Brais, Ternande, Manu, Adrián, Juan, Álvaro e Andrés.
  • Goles: 0-1, min.16: Darío nunha xogada de estratexia; 1-1, min.65: David Cousillas de cabeza a unha falta lateral; 2-1, min.70: Sergio Fariña aproveita un balón ás costas da defensa.
  • Lesións: o cormelán Isaac.

Partido con moito aire no Cairo, cunha primeira parte con poucas ocasións, moito xogo e moita disputa no centro do campo e moitas imprecisións por parte dos 2 equipos. Consguía meterse por diante o Zas nun córner, e o Corme tivo que remar.

Tralo descanso saíu mellor o Corme, aproveitando que os zaenses estaban algo durmidos e ademais estaba contra vento. En 5 minutos David Cousillas e Sergio Fariñña dábanlle a volta ao marcador. Aínda gardaba unha bala o Zas, pois Dani Mato ía descansar para xogar cos maiores pero entrou cando quedaban 15 minutos e tivo dúas boas para empatar, unha nunha falta que sacou o porteiro Fran e outra nun tiro a “bocajarro” que volviu a sacar o porteiro do Corme. Xa co tempo cumplido tivo a última Andrñas nun tiro cruzado que non atopou portería.


Porteño - Camariñas (1-3)

  • PORTEÑO: Brais, Dani, Aarón, Bruno (J. Manuel, min.80), Gonzalo, Anxo (Robi, min.70), Oli, Rodry (Josiño, min.80), Xoel, Borja (Mario, min.60) e Maikel.
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Pose, Miguel, Sergi, Facundo, Juan, Alvaro (Dani min.55), David, Chicote, Espi e Javi.
  • Goles: 1-0, min.50: Gonzalo aproveita un balón morto tras un córner; 1-1, min.72: Javi dende o borde da área; 1-2, min.78: Javi; 1-3, min.85: Javi co Porteño volcado nunha contra.
  • Expulsións: os camariñáns Dani, Javi e o delegado Javi Baña, as tres a falta de 5 minutos para o remate por protestar airadamente. O propio Javi Baña recoñece que as expulsións son merecidas e pide desculpas pola súa actitude, recoñecendo que non é exemplo para os rapaces.

Partidazo impresionante na Grixa, un derbi que había tempo non se celebraba cos dous equipos tan arriba na táboa, 2º e 3º. Foi un derbi apaixoante, con ritmo, gran ambiente nas bancadas cun cheo ata a bandeira, con ocasións, polémica… E sobre todo, dous equipos demostrando por que están aí. Un choque dos que fan afección.

Boas novas para o Camariñas de inicio pois volvía José Luís trala súa fractura de pómulo. A primeira metade foi moi igualada, e ocasión máis clara foi par os locais, cun tiro ao pau de Borja.

Comezaba a segunda co gol de Gonzalo para os locais tras un córner, e cun paradón de José Luís a un intento de vaselina de Borja que puido ampliar a renda para os da Ponte. Foi subindo liñas o Camariñas, e apareceu o home clave do partido, Javi, que marcou a diferencia aproveitando as 3 ocasións que tivo, asinando 3 auténticos golazos e demostrando ser un xogador doutra categoría.

Empataba faltando 20 minutos dende o borde da área, e cando todo parecía que ía rematar en táboas, aparecía de novo, roubándolle un balón á defensa tras un balón longo no que ía en desvantaxe e aproveitando o esvarón do central, que o deixaba só para definir. Xa co equipo volcado Javi facía o terceiro á contra, non sen antes saír expulsado tras unha decisión arbitral (levouse a 3 do Camariñas por diante) despois dun partido no que non gustou nin a un nin a outros.


Baio - Cabana (1-3)

O baies Farina e o Cabanes Aurelio-Foot-Santi Diaz
  • BAIO: Jose Manuel, Pablito, Diego Rama, Javier, Rai, Alberto, Michi, Pablo Costa, Jose Antonio, Alfonso (Javier Gomez, min.60) e Fariña.
  • CABANA: Vázquez, David Varela, Aurelio, Ferreiro, Kevin, Óliver (Alex, min.50), David Muíño (Javi, min.75), Martín (Grille, min.48), Redondo, Álex Fraga (Dani Reigía, min.65), Pablo (Cristian, min.70).
  • Goles: 0-1, min.22: José Antonio nunha contra tras un rexeite do porteiro cabanés a tiro de Michi; 1-1, min.37: Aurelio dun cabezazo á saída dunha falta sacada por David Muíño; 1-2, min.81: David Varela dun gran centro chut; 1-3, min.87: Dani Reigía finaliza unha boa xogada colectiva.

Tras un par de partidos nos que o CD Baio baixou un pouco os brazos, esta fin de semana volvíu a poñerlle as cousas dificiles ao rival que lle correspondia, neste caso o Cabana que tivo que poñer toda a carne na grilla para doblegar os de Baio. Púxoselle complicado o choque ao líder, co 0-1, xa que o cadro baiés realizou un gran encontro. Ben posicionados atrás, os locais aguantaron o chaparrón inicial dos de Cabana e mesmo se puxeron por diante nunha acción de contraataque ben levada por Fariña e Alfonso que finalizou Michi cun tiro esplendido que o porterio nun foi quen de reter deixando un rechace que Jose Antonio atento introduciu na portería. O gol mesmo deixou os visitantes un pouco dubidosos cousa que aproveitaron os de Baio para crear máis perigo tendo a oportunidade de aumentala vantaxe. Recuperouse o Cabana e conseguiu a igualada case a rentes do final da primeira parte, por outra parte ben merecida polo traballo realizado.

Tralo descanso os visitantes fixeronse co control absoluto do partido, sacando a relucir a súa condición de líderes e de equipo con bos recursos técnico-tácticos, aos que o CD Baio opuxo toda a resistencia que puido. E de feito, só ao final o Cabana foi quen de doblegar aos locais, con dous tantos nos últimos minutos, despois dun partido moi loitado de parte a parte que confirma o bo momento do Cabana e as posibilidades do Baio cando se entrega no campo e pon o traballo colectivo por riva de todo.

O baies Pablo e o cabanes Pablo-Foto-Santi Diaz

Ponteceso - Coristanco (2-2)

Xuvenis do Ponteceso-Foto-SD
  • PONTECESO: Santos, Adrián Pose, Diego Mourelle, Dani Sánchez, Regueiro, Sergio, Pedro, Ismail, Eloy, Diego Ferreiro e Pablo Pailos. Tamén xogaron: Villar, Óscar, Esteban, Marcos e Iván.
Coristanco Xuvenil-Foto-SD Ponteceso
  • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Mol, Varela, Iván, Brandón, Navarro, Fabio, Bértoa, Joni e Gabriel. Tamén xogaron: Anido, Corral e Suso.
  • Goles: 1-0, min.14: Eloy; 1-1, min.55: Sergio nun sanque de esquina; 1-2, min.62: Gabriel nunha contra; 2-2, min.75: Eloy case sen ángulo.
Xuvenis do Ponteceso e Coristanco-Foto-SD

Partidazo entre dous grandes equipos, condicionado pola chuvia e o vento. Comezou o Ponteceso moito máis entonado, mandando e facendo un xogo moi vistoso e combinativo. Pronto se adiantarían os locais cun tanto de Eloy coa axuda do meta visitante. Seguía o Ponteceso intentándoo pero sen éxito.

Na segunda parte saiu moi forte o Coristanco e deulle a volta o marcador en dez minutos, cun tanto de Sergio tras un córner e unha boa contra que Gabriel remataba cunha fermosa picada. Tivo outra Gabriel para ampliar pero pouco despois Eloy facía o empate dun tiro que parecía imposible.

Puido ir o partido para calquera lado. Se o gol espoleou ao Ponteceso que levaba media hora a mercé do Coristanco, e Eloy mandou un balón ao pau, na última foi o Coristanco o que tivo o partido na man, pero o centro de Corral non atopou rematador a pesar de que había 3 xogadores en boa situación para marcar.

Ponteceso-Coristanco de Xuvenis-Foto-SD Ponteceso

Malpica - Laxe (3-4)

Xuvenis do Malpica-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel; Arcay, Brais Álvarez, Sebas, Álvaro, Yiño (Cholo, min.80), Gende, Cristian Villar, Sergio, Xulián e Adrián.
Xuvenis do Laxe-Foto-Luis Porto
  • LAXE: Diego, Sergio, Galgo, Santi, Nico, Djamel, Elías, Ferri, Uxío, Domínguez (Martín, min.60) e Adri.
  • Goles: 0-1, min.3: Adri Lema de tiro á media lúa tras unha boa xogada combinativa; 0-2, min.10: Uxío tras un córner botado por Djamel; 1-2, min.23: Sergio a pase de Xulián nunha contra; 2-2, min.40: Sergio tras varios rexeites; 3-2, min.55: Sergio tras un córner; 3-3, min.78: Adri Lema tras un roubo; 3-4, min.80: Ferri tras un rexeite do porteiro malpicán a un tiro, tras un roubo, de Adri Lema.
  • Lesións: os laxenses Domínguez, Martín e Elías (deixando aos seus con 9).
Capis do Laxe e Malpica Xuvenil-Foto-Luis Porto

Partido marcado polo vento polas lesións dos laxenses que fixeron un despliegue inconmesurable para levar os puntos de Malpica, acabando e remontando con 9 xogadores sobre o campo. Falamos de dous equipos con planteis moi curtas e aí está que só participaron 12 xogadores por equipo.

Comezaba o partido co Laxe moi metido, ante un Malpica desaparecido, pero parece que os dous tantos dos visitantes espertaban aos locais que antes do descanso conseguían empatar e ao comezo da segunda lle daban a volta ao marcador. Pero intentaron perder tempo os locais, pero xa con 9 sobre o campo, Adri Lema estivo moito máis listo que a defensa malpicá, e en dous roubos na saída do balón dos malpicáns acadaba un tanto e unha xogada que remachaba Ferri no gol da vitoria.


Crónicas dos Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios