A Plataforma Son preséntase en Carballo, Malpica e Ponteceso
Terá o seu espazo na Costa da Morte a nova Plataforma Son. Unha aposta de ANOVA, Esquerda Unida e Ecosocialistas para darlle cobertura legal ás propostas veciñais, favorecendo a creación de novos partidos e facilitando o papeleo burocrático e que así poidan traballar na maior igualdade de condicións posible cos grandes partidos. Son grupos de esquerdas, pero non necesariamente nacionalista. E son candidaturas cidadás, nas que os representantes tiveron que asinar un código ético pero sen necesidade de ter pertencido á Anova.
Así nolo explica Roberto Garcñia Ferreiro, ex edil co BNG en Malpica, que nos últimos anos leva traballando para poder facer unha candidatura cidadá en Malpica. E Malpica, xunto a Carballo e Ponteceso son os 3 Concellos nos que Son terá representación: SON de Carballo, SON d'Aquí (Malpica) e SON de Ponteceso.
”Esto non é ningún partido politico. É un grupo de persoas que decidimos presentarnos para darlle outro enfoque á maneira de facer política nos concellos. Estamos adheridos a plataforma SON, a cal foi constituída para que todos aqueles colectivos cidadáns que quixeran facerlle frente á mala xestion nos concellos de Galicia dos dous grandes partidos PP e PSOE, poideran adherirse a ela”, explícanos.
Xa pasaron unha votación de listas abertas para escoller a súa posición na listas, e os resultados son os seguintes, resultado Jesús Deus Gende o voceiro de Carballo, Paco de Tano o malpicán, e José Manuel Pose o que tome o relevo deste viramento dos independientes APIN cara Son Ponteceso.
Son de Carballo
”Aquí todos estamos cabreados, non só nós. Temos unha candidatura con xente moi nova, xentes con traxectorias en Anova pero a maioría independientes, que saen de movementos sociais e grupos veciñais, e que teñen gañas de cambiar todo esto”. Así nos conta Jesús Deus Gende como se foi formando esta lista de cara ás Municipais:
- Jesús Deus Gende.
- Manuel Fernández Gesto.
- Jessica Pallas Filgueira.
- María del Carmen Piñeiro Piñeiro.
- Amancio Marrozos Becerra.
- Ramiro Vázquez Cundíns.
- Cristian Suárez Souto.
- Jesús Álvarez Currás.
- Dolores Vázquez García.
- Manuel Rebollo Blázquez.
- Alejandra Vázquez Santos.
- Manuel Rei Pensado.
- Yolanda Remuiñán Rodríguez.
- Miguel Deus Calo.
- Consuelo Remuilñán Rodríguez.
- Juan Carlos Rei Pensado.
- Luís Tasende Arnejo.
- Juan Manuel Pérez Rama.
- Alba Marrozos Becerra.
- Iria Rdríguez Alvite.
- Manuel Pazos Iglesias.
Son d’Aquí (Malpica)
Paco de Tano, presidente da Asociación de Comerciantes, e un dos membros da activa Asociación Caldeirón, onde é compañeiro tamén de Paco Souto, candidato do BNG, será o número 1 do Son d’Aquí. E ten este nome o grupo malpicán gracias a que Roberto García Ferreiro, que irá de número 2, leva tempo artellando con anova esta Plataforma e puido escoller nome antes que ninguén.
Na lista hai outros homes das loitas sociais, como o noso amigo Alfonso da Seiruga, home de mar moi activo durante aquela loita contra as piscifactorías; ou Fran, que xa estivo de concelleiro no BNG. Hai xentes de Buño, de Leiloio… de varias parroquias, e ademais hai varios oleiros metidos na lista:
- Francisco Quiroga López (Paco de Tano).
- Roberto García Ferreiro.
- Francisco Xosé Morín Moreira.
- Estefanía Varela Rey.
- Blandina Puñal Torrado.
- Alfonso Vidal Varela.
- Antonio Mancebo Vicente.
- María José Quiroga López.
- María Jesús Reborido Rojo.
- Patricia Fernández Rodríguez.
- Samuel Rodríguez Pardiñas.
- María del Carmen Becerra Vicente.
- María Puñal Bouzas.
Son Ponteceso - APIN
Os independientes de APIN buscará renovar e mellorar a súa presencia no pleno pontecesán baixo unha nocas siglas. O actual concelleiro, José Manuel Pose, seguirá sendo o número 1 dunha lista a lista con trece candidatos, baixo o nome dunha nova plataforma chamada SON. Así, a Agrupación Pondaliana Independente (Apin) non desaparece, se non que se integra nesta nova plataforma creada baixo a idea de A Nova, Esquerda Unida, Ecosocialistas e a que se uniron multitude de movementos cidadáns, independentes, asociacións, mareas, etc.
Hai catro anos presentábase cun programa no que os catro puntos básicos eran: “traballo, honestidade, transparencia e propostas creativas”. Este ano, “o eixo seguirán sendo as persoas e a xente común”, de aí a lista na que teñen cabida multitude de persoas de diferentes sectores e nucleos de poboación:
- José Manuel Pose Verdes.
- Marco Antonio Varela Vidal.
- Ángeles Carabel Mosqueira.
- María del Carmen Mato Gómez.
- Eliseo Suárez Trigo.
- Eduardo Varela López.
- Laura Valiña.
- Marcos Cotelo Souto.
- Ángela Varela García.
- Estrella Castro Varela.
- Alejandro Santos Rodríguez.
- María de la Cruz Rodríguez Mato.
- Adrián Pose Gontad.
Eleccións #24M Concello a Concello
Novas interesantes
- QPC arrinca a campaña informativa das Eleccións Municipais de maio.
- Agora/Ágora, unha proposta anónima de participación cidadá dende a Costa para o mundo electoral.
Novas sobre as Eleccións Municipais
- María Pose aspira en Santa Comba a unha maioría absoluta que evite “pactos estranos”.
- O PSOE quedan sen lista en Zas e sen dous alcaldeas.
- PP e BNG de Muxía presentan as súas candidaturas para loitar pola alcaldía.
- PP e CxG presenta as súas listas defintivas para Carballo.
- Unión Cidadá presenta a súa lista e lamenta o desdén do resto de partidos.
- O BNG presenta as súas renovadas Candidaturas – Asembleas Abertas en Camariñas, Carballo, Cee e Malpica.
- O PP de Camariñas xa ten cara.
- Abraham Gerpe, de 24 anos, será o novo candidato do PSOE en Coristanco.
- O BNG de Ponteceso tamén escolle ao seu candidato.
- A oposición afía as listas en Coristanco.
- Rojo: “As rifas entre BNG e PSOE provocaron unha gran pobreza en Corcubión”.
- Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”.
- Plácido García aposta por acadar 4 concelleiros con Ciudadanos de Cee.
- O BNG presentou aos seus cabezas de lista en Cabana, Fisterra e Mazaricos.
- O PP de Vimianzo xa ten candidata.
- O BNG escolle as súas cartas para as eleccións en Cee e Coristanco.
- Lois Carballido seguirá sendo mestre de inglés se gaña as eleccións en Ponteceso.
- Poder Xalleiro, unha nova forza para as eleccións de Santa Comba.
- Zaira Rodríguez: “Da oposición prefiro non falar”.
- O BNG carballés buscará a maioría absoluta con 12 concelleiros.
- O PP, o primeiro en amosar todos os candidatos de cara ás Municipais.
- O BNG de Muxía xa ten candidato para as municipais de maio.
- O PSdG da Costa da Morte coñeceu a Julio Sacristán.
- O BNG de Camariñas xa ten a súa cabeza de lista.
- Novos movementos no taboleiro político de Laxe.
- As propostas asemblearias moven ficha.
- A política abre as portas á cidadanía, tamén na Costa da Morte.
- Compromiso por Mazaricos estrearase nas Municipais de maio.
- Movementos no taboleiro político de Mazaricos.
- Zas e Santa Comba reducen concelleiros nas próximas eleccións municipais do 2015.
- María Xosé Alfonso será a primeira candidata a alcaldía da historia de Compromiso en Muros.
- O baiés José David Gómez Brandariz, novo candidato do PP de Zas.
- Manuel Antelo repetirá como candidato a repetir na alcaldía de Vimianzo.
- Xan García deixa a Neria pero ameaza coas Eleccións Municipais.
- Paco Souto será o candidato do BNG á alcaldía de Malpica.
- Moncho Noceda volve a presentarse como candidato á alcadía de Carnota.
- Evencio Ferrero volverá presentarse como candidato á alcaldía.
- O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais.
- Os PP de Carballo, Camariñas, e Muxía estrean candidato.
- O PP de Dumbría e Muros cambian de cara.
Novas sobre as Eleccións Xerais
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Máis novas políticas
- Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
- Eleccións Municipais 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
- Eleccións Xerais 2011 Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).