Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
1026 trasnos iniciaron en Malpica este pasado domingo a 5ª edición de O Camiño dos Faros. Aí é nada, demostrando o poder de convocatoria da natureza salvaxe da Costa da Morte.
Unha 5ª edición que nace coa necesidade de seguir espallando este tesouro natural, pero que afonda concretamente na necesidade de convertila nunha Ruta de Gran Percorrido GR. Aínda están pendente a Asociación de varios apoios públicos necesarios, pero toca confiar na responsabilidade das administracións pertintentes para esta iniciativa civil, sen señas nin cores, que só pretende poñer en valor a beleza do noso litoral e servir de impulso económico ao sector turístico de toda a comarca.
Un milleiro de trasn@os, chegados de máis de 100 concellos de toda Galicia, así o demostraron, i é que xuntar a tanta xente na Costa da Morte non é nada doado (sen contar as festas e o fútbol), e se é para simplemente andar, non digamos. Sen embargo, para Traski é "unha evolución normal, previsible", pois este Camiño cada vez é máis e máis coñecido.
Percorreron o litoral entre o porto de Malpica, onde case non cabían, e Niñóns, xa en Ponteceso. Unha beleza que abríu bocas, que non deixou a ninguén como estaba, que deixou cartos por todos os establecimentos da zona, e que, sobre todo, fará que centos de trasn@s volvan por estas terras.
Moitos foron “Traskinovatos encantados de unirnos a esta aventura”, que valoran os “tramos duros pero sempre con vistas impresionantes e 'aireadas' de ánimos”, e que aseguran que volverán!
Seguen necesitando apoio estes transos para estas citas (aínda quedan 7 etapas, cada 2 domingos, para chegar a Fisterra) e buscan voluntarios na organización de cada etapa. Ademais tamén están armando unha curta sobre o Camiño. Alguén se anima a facer unha documental? Porque material hai abondo…
Polo de pronto, e para comprobar o que implica, revisen estes 12 minutos de vídeo, con trasn@s e trasn@s pasando polo paseo de Malpica. Menuda marea verde!!
Máis información
Novas relacionadas
- Dous pontecesáns na proba de aventura máis esixente do mundo.
- Máis de 250 persoas estrean as Andainas Coñece a Costa da Morte por Cee.
- Unha trasna, a única española en completar o Ultratrail de Alaska.
Novas sobre o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
- O Camiño dos Faros engancha.
- As frechas azuis van ao xulgado.
- O Camiño dos Faros espállase por Londres.
- O Vilán recibe aos trasnos cos brazos abertos.
- Históricos da Costa da Morte fan máis grande o Camiño dos Faros.
- 325 trasn@s gozaron da variedade e riqueza das múltiples paisaxes do Camiño dos Trasnos.
- Dureza e solidariedade noutra fermosa etapa do Camiño dos Faros.
- Medio millar de trasn@s volven invadir o Camiño dos Faros.
- Os trasnos volven ao Camiño dos Faros para afianzar este recurso turístico incomparable.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- Medio millar de camiñantes puideron co tempo.
- Un ano de trasnos.
- A Costa da Morte venera o sendeirismo.
- Sendeirismo con conciencia.
- Nin a chuvia pode cuns trasnos que intentarán facer o Camiño dos Faros en 48 horas.
- As Andainas toman o relevo de Traski para vertebrar a pé a Costa da Morte.
- A divulgación 2.0 dos Camiños do Mar, finalista duns premios europeos sobre patrimonio.
- De Camiño dos Faros cos trasnos milenarios.
- Os trasnos fan Costa da Morte de marca en marca.
- O Camiño dos Faros estrea nova web.
- Traski envía unha carta de unión e eficiencia ao sector turístico da Costa da Morte.
- Os trasnos rompen marcas na terceira edición do Camiño dos Faros.
- Os trasnos crean a Asociación Camiño dos Faros.
O Camiño dos Faros por etapas
- 8ª etapa do Camiño dos Faros: Os trasnos remataron de unir a Costa da Morte polo Camiño dos Faros.
- 7ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros non para.
- 6ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros faise máis que real.
- 5ª etapa do Camiño dos Faros: A imaxinación vai a pé.
- 4ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros xa non ten volta atrás.
- 3ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
- 2ª etapa do Camiño dos Faros: Os camiñantes foron unha fin de semana máis os protagonistas.
- 1ª etapa do Camiño dos Faros: O Camiño dos Faros ábrese ao mundo.
- Percorrendo a pé, e con Traski, o Camiño dos Faros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).