Martes. 23.04.2024
El tiempo

Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente

Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente
Terbutalina nos Premios da Musica Independiente-Foto-Wilma Lorenzo

Non fallamos nas nosas apostas. Os muradáns  Terbutalina, veñen de recibir o Premios da Música Independente na categoría de Mellor Álbum en Galego polo seu último disco, “A MUERTE“.

Estes punkis non paran de medrar. Lembramos cando en 2011 sacaban o seu primeiro traballo, fumos tras deles por ducias de concertos, e apenas 4 anos despois, logo de percorrer a península de arriba abaixo cos seus ritmos tolos e letras ácedas e surrealistas, xa gañan premios a nivel nacional.

Terbutalina celebrando os Premios da Musica Independiente

Os 4 compinches muradáns Migui (voz principal e guitarra), Mon (guitarra e voces), Samu (baixo e voces) e Brais (teclado e voces), non poden máis que agradecer a colaboración no disco de Carlos batería, e a Tomás Ageitos, que “nos aturou durante o proceso de gravación e mesturas. De non ser por el o disco sería... un cristo!”, como eles mesmos comentan.

Unha banda destrutora, que fai do seu garage-gastro-punk unha referencia en Galicia. Unha banda do século XXI, como podedes comprobar descargando de balde A Muerte e o reso de discos no seu bandcamp. Non o dudedes, fan de divertídisima banda sonora para as viaxes!!

E non paran, pois xa anunciaron que nunhas semanas volverán ao estudio para gravar novo disco. Desexando escoitalo!!


Este “Ben peinados” dá boa conta da súa candela. Parabéns fenómenos!


E aquí, en concerto:


Máis info

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Fonte

Comentarios