“Carballido e a mentira do Plan de Emprego Social”
O pasado 8 de outubro de 2020, a páxina oficial de Facebook do Concello de Ponteceso saca á luz o anuncio da convocatoria do primeiro Plan de Emprego Social da historia de Ponteceso. Nesta mesma publicación explícase que este proxecto nace "grazas ao aforro en gastos de persoal, por exemplo, coa renuncia ao salario do alcalde de Ponteceso, pódese financiar un plan de emprego que vai beneficiar como mínimo a 10 traballadores/as durante seis meses, e formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións, segundo vaiamos dispoñendo de recursos". É decir, a partida presupostaria reservada para o pagamento dos salarios do alcalde e dos concelleiros iba ser usada para pagar os salarios ás persoas beneficiarias de dito plan de emprego.
em>Nas últimas xornadas, despois do pleno celebrado o pasado xoves día 4 de febreiro, o alcalde culpa aos membros da oposición da imposibilidade de seguir adiante co plan de emprego en cuestión, debido a que o seu rexeitamento á proposta de POS+2021, o concello de Ponteceso vai perder 100.000€ que teoricamente iban ir destinados aos salarios das persoas beneficiadas por esta iniciativa social e laboral. Coma sempre, o alcalde minte e agora imos xustificar esta afirmación. Tomando como punto de partida a publicación feita polo goberno, o concello de Ponteceso non precisa deses 100.000€ para poder prolongar o Plan de Emprego Social máis aló do 30 de maio, xa que de empregar a partida presupostaria dos salarios do alcalde e concelleiros para esta finalidade, o concello dispón dunha liquidez mínima de 123.918€ para pagar os salarios destes traballadores, sempre e cando o alcalde non desviase este diñeiro ou o empregase para outros fins que nada teñen que ver co destino inicial do mesmo, que non é outro que garantir a estabilidade laboral e económica dos traballadores acollidos a este plan de emprego como mínimo ata o ano 2023 no que remata a presente lexislatura.
Como mostra da veracidade desta afirmación achegamos o arquivo publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 4 de xullo de 2019 no que o alcalde asignaba os salarios ás diferentes áreas e á propia alcaldía:
Coa información exposta neste documento podemos concluír que nos atopamos diante doutra mentira máis do alcalde Xosé Lois García Carballido, ás cales xa nos ten acostumados, porque fixo da mesma a súa principal arma para facer política e agarrarse a un sillón que cada vez semella tambalearse máis. En definitiva, a vinculación que está a facer o Señor Carballido entre a non aprobación do POS+2021 e a non continuidade do Plan de Emprego Social máis alá do 30 de maio de 2021 é unha artimaña política máis dunha persoa que non ten máis interese que manterse na alcaldía para o beneficio propio e dos seus amigos en lugar de pensar no mellor para as veciñas e veciños de Ponteceso.
- Asdo.: Os 5 edís non adscritos de Ponteceso.
Novas da crise do #PSOEPonteceso
- Xaneiro 2021: A Executiva Provincial do PSOE expulsa aos 5 edís pontecesáns sen escoitar a súa versión.
- Decembro 2021: A Executiva Provincial Socialista ratifica ao alcalde de Ponteceso cunha visita institucional.
- 07-12-2020: Os edís pontecesáns volven pedir a intervención da Provincial Socialista ante as faltas de respecto de Carballido.
- 30-11-2020: Ex concelleiras socialistas de Ponteceso lembran a Lage Tuñas que sabe da “esperpéntica” situación municipal dende 2018.
- 27-11-2020: Novo pleno tenso en Ponteceso: O alcalde expulsou a 4 edís.
- 25-11-2020: Para que son os 300.000€ de recoñemento extraxudicial que quere volver aprobar Carballido?.
- 07-11-2020: Os edís Miguel González Gómez, Salvador Eiroa Ameijenda e Ana Perez Imia foron cesados das súas áreas.
- 05-11-2020: Ana Pérez Imia: "Ponteceso non merece a un ditador como alcalde”.
- 29-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.
- 23-10-2020: O PP de Ponteceso espera que os 6 concelleiros socialistas pasen ao grupo de non-adscritos para falar da moción de censura.
- 05-10-2020: 6 edís do goberno municipal de Ponteceso piden, por escrito, a dimisión do seu alcalde.
- 02-10-2020: A concelleira Raquel Fondo critica que o alcalde pontecesán se lembre tan tarde do seu grupo de goberno.
- 30-09-2020: 6 dos 7 edís socialistas do grupo de goberno de Ponteceso pídenlle ao seu alcalde que dimita.
- 29-09-2020: O alcalde de Ponteceso fica só ante a sombra dunha moción de censura.
- 28-09-2020: Os edís socialistas de Ponteceso critican que o alcalde está levando ao concello “á ruína”.
- 01-08-2020: Os edís socialistas a Carballido: "A súa prioridade é máis económica que vocacional”.
- 01-08-2020:Carlos Penedo a Carballido: "Está en politica por outros intereses que non son os intereses da veciñanza”.
- 01-08-2020: Marco Varela a Carballido: "Non por estar no goberno es un Dios”.
- 31-07-2020: Daniel Garcia Cotelo: “O de Carballido é a crónica dunha morte anunciada”.
- 30-07-2020: Unha sentenza corrixe por fin a situación dos empregados do GES de Ponteceso.
- 29-07-2020: Carballido renuncia á súa minguada dedicación e pide o reingreso no Instituto.
- 28-07-2020: Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso.
- 20-06-2020: 3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado “unilateralmente” polo alcalde por “opinar priorizando o interese dos veciñ@s”.
- 14-06-2020: Faustino Santiago explica o seu cese como edil pontecesán: "Non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde”.
- 28-05-2020: Carballido bota outro membro da súa corporación.
- 2019: Socialistas de Ponteceso critican ao alcalde
- 2019: Militantes socialistas de Ponteceso critican o incumprimento o procedemento na elaboración da lista.