Venres. 29.03.2024
El tiempo

Reiteran a petición de que a Deputación coordine con toda a oposición o rescate do POS pontecesán

A Casa dos Veciños do Couto acolle unha reunión da Agrupación Somos máis de Ponteceso que Pondal
Reiteran a petición de que a Deputación coordine con toda a oposición o rescate do POS pontecesán

Á espera da rolda de prensa anunciada esta mañá de sábado polos Concelleiros non adscritos, a vida municipal continúa axitada. Onte era o PP de Ponteceso o que desmentía ao alcalde, que os acusaba de non participar nunha reunión coa Deputación para analizar a eterna posiblidade de salvar o POS: “O PP de Ponteceso asistirá á reunión na Diputación con ánimo de recuperar os investimentos previstos no POS”, asegura Daniel García Cotelo, que leva esperando semanas que a Deputación os reciba.

Os populares aseguran que “Lois García Carballido non está legitimado para gobernar o municipio” e pospoñen calquera debate sobre o plan de obras ao encontro pendente co goberno provincial. Nese sentido, recordan que os concelleiros da oposición municipal (10 de 13) presentaron un Plan de Obras e Servizos alternativo ao que nunca negociou con eles o alcalde e que contaría co respaldo maioritario do pleno.

Aproveita García Cotelo para denunciar os audios gravados ao alcalde, nos que “se escoitan cousas raras e que ata poderían ser constitutivas de delito”, asegurou García Cotelo, que xa puxo o asunto en coñecemento da Fiscalía e insiste na idea de que os responsables provinciales do PSOE son os que teñen que actuar.

Reunión veciñal

A agrupación "Somos mais de Ponteceso que Pondal" celebra este domingo 2 de maio, ás 16:30 unha asamblea informativa para todos os veciños e veciñas e que terá lugar na Asociación de Veciños do Couto. Respetarase todas as medidas anti Covid, así como o aforo (35 persoas max) , entraráse por orden de chegada e sairase en orden inversa.

Novas relacionadas

Comentarios