A Secretaria non admite a trámite a moción de censura de Ponteceso, que terá que pasar ao Xulgado
Nin unha hora necesitou a Secretaria Municipal do Concello de Ponteceso para botar abaixo a moción de censura presentada por toda a oposición. A primeira hora presentábanse os edís norexistro municipal coa moción, pero a Scretaria non lle dá paso ao pleno asegurando que non cumple o artigo 197.A da Ley Orgánica 5/1985, que sinala que: “No caso de que algún dos proponentes da moción de censura formase ou forme parte do grupo político municipal ao que pertence o Alcalde cuxa censura propoñer, a maioría esixida no párrafo anterior verase incrementada no mesmo número de concelleiros que se atopen en tales circunstancias”.
A Secretaria non quixo escoitar as peticións específicas deste caso e obriga aos Concelleiros da oposición (os 5 edís non adscritos ex do PSOE; os 3 de APIN e os 2 do PP) as acodir á Xustiza. "Imos seguir loitando polos veciños, imos ir ao Xulgado, porque está claro que este señor non pode seguir así", coméntanos a candidata Raquel Fondo.
Unha situación que paraliza o procedemento, entrando xa en tempos xudiciais, con 2 anos de lexislatura por diante. A chave será se a Xustiza considera ou non "tránsfugas" aos edís expulsados do PSOE.
Mentres, seguen pendentes da reunión coa Deputación para ver se sae adiante o POS.
Declaración do Alcalde de Ponteceso
O alcalde Lois Carballido emitía este mediodía de luns unha declaración na que fai "un chamamento á cordura da corporación municipal de Ponteceso. Como Alcalde, estou dedicado todos os días ao progreso do noso Concello, nun momento moi complicado para a saúde e a economía da nosa xente. Pido aos e ás asinantes da moción de censura que desistan no seu intento de suplantar a vontade dos electores expresada nas urnas. Cando cheguen as próximas eleccións, poderán presentarse e o electorado falará. Ata entón, temos que chegar a acordos que favorezan os intereses dos veciños e veciñas de Ponteceso. A miña porta continúa, sempre, aberta".Novas relacionadas
- 01-05-21: A oposición de Ponteceso presenta conxuntamente a moción de censura .
- 29-01-2021: Un pleno sen concelleiros en Ponteceso.
- 24-01-2021: Toda a oposición pontecesá piden á provincial socialista que aclare se o POS é aínda viable.
- 22-04-2021: Novo fracaso no intento de consenso arredor do resucitado POS de Ponteceso.
- 17-04-2021: A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso.
- 15-04-2021: Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso.
- 15-02-21: O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”.
- 14-02-21: Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”.
- 12-04-21: Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso.
- 10-04-21: Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”.
- 04-04-2021: Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido.
- 01-03-2021: Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso.
- 31-03-2021: O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso.
- 29-03-2021: O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións.
- 27-03-2021: Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos.
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- Decembro 2020: Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.