Martes. 08.10.2024
El tiempo

COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade

  • Tralo Comité Clínico deste luns, o Sergas vén de anunciar que Carnota recupera a mobilidade trala baixada da súa incidencia.
  • O Día de Reis será o único día, de 6:00h a 23:00h, no que se permitirá a mobilidade por causas familiares.
  • O peche perimetral de Galicia manterase ata o 11 de xaneiro.
Mapa covid 4 xaneiro 2021 Galicia
Así está hoxe o mapa de restricións
COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade

Unha semana despois do último repaso, e sumando unha morte máis o día 31 dunha muller de 85 anos da residencia DomusVi de Vimianzo (un total de 3 na última semana), facemos un novo repaso á situación sanitaria na Costa da Morte, mentres en Galicia xa se levan rexistradas 12.000 vacinacións.

Dende os 650 novos casos rexistrados o 24 de novembro, ou os 502 de hai xusto un mes, a Costa estabilizouse nun rango entre os 350 e os 400 novos casos nos últimos 14 días, como os 376 de hoxe. Unha cifra que daría unha taxa de incidencia acumulada maior deses 250 novos casos que o SERGAS considera o límite para establecer limitacións.

Así, a comarca segue tendo 9 concellos con restricións de nivel medio alto (Camariñas, Vimianzo, Zas, Santa Comba, Dumbría, Mazaricos, Fisterra, Carnota e Muros). Concellos que teñen a hostalería aberta ata ás 17:00 horas, cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior, e con agrupacións de máximo 4 persoas, ademais de ter restricións de mobilidade.

Nas cifras de hoxe volven poñer o foco en Vimianzo, tralo gromo xurdido no seo da residencia de maiores. O Concello soneirán segue a ser o que máis está sufrindo a pandemia, e xa leva máis de 2 meses de restrición

Ademais nnotamos un pequeno repunte en Carballo, Coristanco e Laxe. E tamén en Muros. Pola contra, baixa o impacto nos Concellos de Santa Comba e Mazaricos, que preocuparon moito estes días, e tamén en Cee.

Datos covid costa da morte xaneiro 2020

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios