Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ao Anorthosis sáenlle as contas

Ao Anorthosis sáenlle as contas
Anorthosis Vimianzo-ping pong- tenis de mesa

Xa se clarifican un pouco as cousas para o Anorthosis Vimianzo, e con esta importantísima vitoria en Ribadeo contra un dos rivais directos para evitar os postos de descenso, toma alento. O Anorthosis mantense 8º da 3ª Nacional, con 10 puntos, xa a 4 do descenso.

Mentres, en 1ª Galega o Aquacénit segue 2º a dous do líder, o Breogán Oleiros C, mentres O Gaiteiro está penultimo cos seus dous puntiños da semana pasada. Na 2ª Galega, tralas 3 derrotas da fin de semana, O Pinar queda 6º e o Construcciones Cernadas aínda non estreou o taboleiro de puntos.

3ª División Nacional

  • Resultado: EFEGA Ribadeo - Anorthosis Vimianzo 2 - 5 (11-18)

Foi unha viaxe longa ata Ribadeo, pero fructífera, cunha vitoria holgada e que puido ser incluso ser máis abultada se non se confiaran tanto nos partidos que despois se perderon. Pero o que nunca faltou foi a confianza na vitoria final. Moi ben Gonchi, gañou todos os seus partidos, e ben Miguel, sobre todo nas indicacións aos compañeiros, contaxiando a confianza no equipo e impoñendo o seu xogo nos dobres con moi bos saques e definitivos remates de punto. Roi estivo dubidoso de ahí que non gañase o primeiro partido pero logo foi a máis e superou ao nº 2 local.
Con esta distanciase en 2 vitorias ao descenso e nesta liga son moi dificiles de conseguir. As contas de momento saen ben.

1ª División Galega

  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (3-21)

En 1ª galega resultado normal. A vitoria de Concello de Zas Aquacenit sobre Concello de Zas O Gaiteiro coa sorpresa de que Martín lle ganase a Chris Roy, nótase que vai a máis e esperemos que continue así. O concello de Zas Aquacenit conserva a 2ª praza a espera da vindeira xornada onde se enfrentará ao 1º.

2ª División Galega

Comentarios