240

Barraca de Lorca, Platero de Juan Ramón, carromato de Shakespeare, rocín fraco do fraco don Quijote, que leva 34 anos rodando pola Costa con presteza de ave azul e dilixencia de máquina. O Volvo 240 de Juan. Cincocentos mil quilómetros. Envexa de surfistas.
- A mí, es que me encanta tu coche.
- Mira qué bien le sienta esta luz...
Así é. Ao coche de Juan, embeléceo todo tipo de luz. Tanto ten que sexa a luz sen piedade do sol das doce do medio día como a luz artificiosa e nocturna- igualmente cálida, pero de forma distinta- dunha farola.
Este auto coñézoo eu de hai tempo, e podo imaxinalo enmarcado nos paraxes naturais da Costa da Morte perfectamente. Mais tamén o penso viaxando por algunha de esas autopistas tan longas dos Estados Unidos.
- Es que tienes un coche como muy de película americana.
- Sí. Y fíjate que la línea del modelo siguiente no tiene nada que ver con esta.
- Más redonda, no?
- Exacto.
- Me gusta mucho tu coche.
- Ya me lo dijiste, niño! Otra vez? La eutanasia cuando yo la pida, hombre...
- Y que hago?
- Pues escribirlo para un artículo, como haces siempre con todo.
- Ay, no sé yo. Mira que luego la gente no me entiende.
- Sí, hombre, sí. Tú pónselo en Arial 12, y ya verás.
No Volvo 240 de Juan- cincocentos mil quilómetros fachendosos de azulidade, envexa de surfistas, carromato de Shakespeare, barraca de Lorca, e demais cousas que xa se dixeron- soan os Rolling camiño da praia.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Posta de (non) sol.
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez