Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
Hai un golfiño, un arroaz de sal e luz e vento, divertíndose na ría coa xente e fodéndolle os barcos a Noemí – porque o animal é macho e está en celo-.
Este é o fillo de puta que embala o peixe e me come os chipiróns, así non pesco. Este ser bonancible e pervertido, como o fraile cara de lúa de “El nombre de la rosa”.
A Manoliño – escoitei que lle chaman así ou algo parecido-, todo o mundo quere darlle unha frega ou sacarlle unha foto. É lóxico. Mais eu devezo por arponealo.
- Es que tiene que comer.
- Pero usted no vivía en Coruña, señora?
- Yo vivo en tus artículos! Que no te enteras!
- Tranquilícese y vuelva al usted, que no nos presentaron. O mejor no vuelva a nada, cállese y déjeme seguir.
- Pero si no tienes nada más que decir... El tema del delfín no te importa nada.
- Pues también tiene razón. Pero algo hay que escribir, que yo también como.
- Por eso aparecí yo, para rellenarte el artículo y que puedas llegar así a las trescientas palabras.
- Qué mal me cae, usted.
Así, Manoliño (que foi ao viño e rompeu o xerro polo camiño. Mal polo xerro, mal polo viño, mal polo cú de Manoliño) é un cetáceo.
- Porque está seguro de que es un cetáceo, no?
- Y a mi qué me dice?
Un cetáceo, si. E unha atración. O ser humano ten a cualidade de convertir aos animáis en atracións. Incluso de convertirse a si mesmo nunha atración.
En fin. Con estas once últimas fan duascentas oitenta e catro palabras. Abondou.
- No está usted inspirado hoy, eh.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez