Posta de (non) sol
O mesmo plan de ir a Fisterra, para unha persoa coma a min, é unha aventura. Turismo de cercanía, que diría algún subnormal.
Había ben de tempo que non me achegaba por esa vila- dende Semana Santa, máis ou menos-. Pero, a comezos da semana pasada alá que volvín da man da miña amiga Ana -unha das miñas amigas chamadas Ana posto que, fai uns intres puxen contas e son seis, nada máis e nada menos, as que levan ese nome. Neste caso, para máis señas e reseñas, era Anita Blanco.
- Oye, y por qué no vamos a ver la puesta de sol?
- Pues vamos.
E, a pesar de que nos custou atopar aparcamento, fomos quen de tomar estratéxica posición no bar, ou hotel, ou cafetería, ou o que sexa que ten montado Picallo alí no faro, media hora antes do suceso.
- Un par de cañas! Todo perfecto.
- Oye, Ana. Pues se está nublando...
- Ya veo. Si es que ya lo decía mi abuela. “ Toda la mierda entra por Fisterra. En todos los sentidos”. Así que ya sabes, nunca te cases con un fisterrán”.
- Pues qué fina tu abuela.
- Fina y sabia.
- Ya lo creo.
O caso é que a unhas millas do Centolo- piedra ligera como tú-, podíase contemplar un gran bloque de néboa avanzando cara nós cunha velocidade lenta como de batallón de lento, pero dunha forma eficaz, urxente, e inevitable.
- Pues que no va a haber puesta, eh.
- No tiene pinta.
- Qué disgusto. Dos cañas más!
Pero houbo, como non ía a haber. Posta de sol hai sempre, aínda que non a vexamos. Por iso, os alemás, chinos, italianos, fracenses, belgas, muxiáns e demaís caterva mundial, as dez e trece minutos, hora na que exactamente se esperaba que o astro rei desaparecese no mar, deixaron as súas latas de bonito e os seus botellíns de cervexa ao carón da merda das cabras que os rodeaba - non estaban nun sitio exclusivo coma nós, senón que andaban espallados polas pedras-, e limparon as mans aos pantalóns para sacar os móviles e poñerse a fotografiar.
- Pero a qué le sacan la foto? Si no se ve nada!
- A ver si van a pensar que la puesta de sol es esto... Te imaginas?
E veña a rir.
- Hombre, en su país me imagino que el sol también se pondrá... Sabrán de que va la cosa.
- Entonces, la foto... a qué?
- A la nada.
- Oh, precioso.
- Ya lo creo. Pero que traigan otras dos cañas.
- Camarera! Dos cañas.
Dúas, e dúas, e dúas, suman seis. Seis cañas: vinte euros. Barato me parece para semexante espectáculo.
- A falta de sol, sacame a mí la foto, anda.
- Abraham Trillo. Estudante, paseante e escritor.
MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO
- Un delfín cachondo e duascentas oitenta e catro palabras
- Memorias de un mujeriego.
- Adnama.
- A comprar xenxibre.
- Habaneras de La Coruña
- Vivamos como galegos, pero soñemos como americanos
- Cen viños máis cen libros.
- Letras Galegas
- Escribir sen escribir.
- No tan Gotán.
- San Marcos de Corcubión. San Marquiños querido.
- Posible, hipotético, probable, suposto Manolo
- De Pla y María Dolores.
- Venres Santo.
- E o neno de Sanlúcar volveu brillar
- O Minotauro, Cela, e outros animáis fantásticos
- García Márquez