O cometa Halley
Unha persoa que admiro e aprecio especialmente, facía unha acertada reflexión sobre o vixente modelo de financiamento local, nun artigo de opinión publicado fai uns días nun xornal galego. Dicía que esta cuestión lle recordaba ao cometa Halley, que sempre volve.
Certamente, trátase dun problema que constitúe un tema central de debate recorrente en diferentes foros. De feito, existe un consenso maioritario sobre a necesidade da súa reforma ou, mellor dito, hai acordo en que se precisa dunha profunda transformación, para cumprir co principio de «suficiencia financeira» recoñecido constitucionalmente.
Pois ben, outra cuestión que retorna a este espazo, como o famoso cometa, pero non cada 75 anos senón con carácter anual, é a rendición de contas dos nosos concellos. E, como desde fai uns días xa se pode acceder a esa información, procedemos a detallar os resultados na táboa.
A clasificación efectúase en base a si a conta foi rendida en prazo, situación que sería desexable para cumprir co establecido na lei, ou fóra de prazo que, dentro do malo, non é tan desastroso como a dos concellos que aínda non a renderon.
No «ranking» de máis cumpridores están os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, A Laracha, Malpica e Vimianzo, polo que procede destacar o seu comportamento para coa cidadanía. Nun segundo nivel atópanse os concellos que renderon a conta en prazo con incidencias de tramitación e/ou coherencia e os que o fixeron con defectos de contido. Por último, están os concellos de Coristanco, Fisterra, Mazaricos, Muxía e Santa Comba, que non cumpriron coa súa obrigación legal de render contas.
Lamentablemente, observamos que, por unhas causas ou por outras, varios concellos incumpren este compromiso de transparencia. E si non se entende que se está ofendendo á veciñanza, ou si a cidadanía non é quen de darse conta da relevancia desta cuestión, temos un problema. Porque se está danando seriamente ao sistema de convivencia en democracia sen decatarnos, uns e outros, que se trata dun asunto fundamental.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».