Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aguantando o afane de Lacalle Pou

Aguantando o afane de Lacalle Pou

A barra do “Rover” despide o ano con tristeza. O desgoberno lacayista logrou o aumento do desemprego e a desigualdade. O empobrecemento da clase media vai unida á conversión dos pobres en indixentes. Mentres nos estafan e para que non vexamos o afane, os mercenarios mediáticos bombardean con chamuyadas. O único consolo é que falta menos para o retorno da FRONTE AMPLA ao temón da República Oriental do Uruguai.

 

- Claudio: Bueno, raparigos, non todo é escuro ao final do 2022. Hoxe, ademais de despedir o ano, celebramos a xubilación do Flaco. Imos darlle un abrazo fraterno porque despois de pasar 48 anos nos dos rieles de AFE merécese todas as felicitacións. Unha vida de traballo honrado que empezou ao terminar na UTU a carreira de axudante técnico de Arquitectura. O laburo permitiulle ter un soldo e ir á facultade de Arquitectura. O noso amigo é unha persoa formada na educación pública que era anos atrás unha característica distintiva da exemplar democracia uruguaia. Agora estamos a caer no descrédito do ensino público e gratuíto por culpa do continuado recorte do seu orzamento por parte dos coimeros da asociación ilícita que se repartiu os cargos ministeriais. Parabéns, Flaco! Es un campéon!

- Flaco: Agradezo as felicitacións e convídoos a “muzzarella” para despois da nosa habitual “pizza dacabalo”. Cando o penso, a verdade, é que non me parece que pasasen tantos anos. Case medio século no mismo sitio e nunca me aburrín. Houbo momentos fodidos pero o resto foi empuxar para que unha empresa estatal puidese axudar ao crecemento do país. Cos anos vas coñecendo a xente que se suma á defensa do transporte ferroviario como a mellor alternativa para a vertebración dun país. Xa se que están os “privatizadores” que se moven por intereses particulares pero resistimos os seus embates. O sindicato de AFE loitou firme para evitar o desmantelamento do ferrocarril e tamén para que non caia no abandono a Estación Central, un valioso patrimonio que se debe recuperar.

- Gildo: Espero que a saúde che acompañe, querido Flaco, para que poidas gozar os anos vindeiros sen preocuparse do reloxo espertador que cada mañá che puña en pé. Creo temos que comentar sobre a gran foda de Astesiano en Torre Executiva. Non me sorprende pero nunca pensei que o fillo fose máis malandra que o pai. Ademais, a favor do Cuqui conta que tiña un trato cordial, era un chorro (non me esquezo do Banco Pan de Azúcar) pero sabía sorrir e ser amable. O fillo é un indecente que debería ser apartado de forma inmediata da presidencia por incumprir cos deberes inherentes ao seu cargo. É perigoso e moi ambicioso. Busca enriquecerse e que tamén o fagan os que teñen máis que son os que puxeron guita para a campaña electoral. Astesiano é un dos recadadores pero tamén está o contrabandista Bustillo.

- Don José: Vostedes saben que a palabra “xubilación” vén do latín “iubilare” que é algo así como gritar de alegría. Ben, ollo, non todos os xubilados alégranse. Hai quen se amarga pensando en que xa non serve para nada. Neste caso temos ao Flaco que saberá aproveitar para facer todo o que non puido mentres laburaba e criaba aos seus fillos. Sen dúbida que será un xubilado feliz que coñece e entende aquilo que dicía o Dalai Lama: A felicidade non é algo prefabricado. Vén das túas propias accións. Se falamos do presidente Lacalle Pou é para criticalo pola súa ausente xestión en beneficio dos intereses xerais pero tamén para felicitalo por saber encandear aos miles de votantes que o votaron. É triste pero é unha realidade que a FRONTE AMPLA foi desaloxada por un grupo de cidadáns, carentes de virtudes, que enchen o seu baleiro existencial con ataques de odio cara ao veciño que apoia unha máis xusta distribución da riqueza pública. É por iso que lles parece normal que o presidente reciba agasallos como, por exemplo, uns centos de quilos de peixe conxelado. O problema téñeno os frenteamplistas que son uns pobres envexosos. A envexa xustificaríase se desde as rías galegas se fixense chegar: a) 100 kg de percebes; b) 100 kg de centollas; c) 100 kg de nécoras. É que os frenteamplistas non teñen padal para degustar o marisco. Son bichicomes que non os sacás do chourizo ao pan ou do asado na grella. Vostedes entenden, botijas, que é difícil de progresar cando tes a miles de descerebrados que se moven por resentimento. Son marionetas do lercho neoliberal que os utiliza para facer máis rico ao que ten máis e esmagar ao que ten menos.

 

OUTROS ARTIGOS DENDE LONXE DE MONTEVIDEO

Comentarios