Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ponteceso

Non mellora o ton no pleno de Ponteceso

Outras dúas horas e cuarto de pleno en Ponteceso, pero despois da fallida moción de censura e do intento de voltar a un clima de “diálogo” por todas as partes, o ton non cambia. Insultos, berros, faltas de respecto continuas poñen de manifesto o problema enquistado nesta corporación.

O cumio da tensión chegaba cando o alcalde expulsaba a Salvador Eiroa cando este tiña o dereito de palabra, e mesmo chegou a ameazar con levantar á sesión.

En calquera caso, o pleno pasou por riba moitos dos temas presentados, pois boa parte das mocións presentadas foron adiadas por Carballido “á espera dos informes correspondentes”. Así quedaron pendentes a de abrir unha comisión de investigación sobre o uso posiblemente irregular do coche oficial por parte do polémico asesor extraoficial do alcalde; a solicitude dun vehículo da flota municipal para poñelo a disposición dos veciños, que poidan reservalo e usalo cando o precisen para uso particular; a auditoría externa para coñecer a través de unha empresa allea ó Concello o estado da economía do Concello; ou a Defensa da fonte de Canasteves,…

”Está claro que a norma faina o Alcalde no momento segundo lle convén, iso chámase dictadura” e non diálogo”, denuncian os edís non adscritos.

”O señor Lois está desbordado, non pode xestionar un Concello en horas libres, non acepta que o pleno ten a maioria”, sinala o voceiro do PP Daniel García Cotelo. “O proxecto de renovación do alumeado subvencionado polo IDAE trae graves fallos, trae a pleno créditos extraxudiciais e ten a Autónomos sin cobrar dende fai 5 anos; o SAF segue en precario sin contrato ca empresa e non quixo aprobar a nosa moción para tratar o asunto”, sentenza.

Novas relacionadas

Non mellora o ton no pleno de Ponteceso