A Xunta esixe un aval pero non a publicación da calidade das augas á Mina de Corcoesto
Mestúranse estes dáis dous asuntos relativos á Mina de ouro de Corcoesto algo encontrados. Por unha banda a Plataforma en Defensa de Corcoesto denuncia que a Xunta non esixe á empresa mineira publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido como lle pedía a D.X. de Conservación da Natureza.
Polo outro lado, e loubándose dun curioso "compromiso co medio ambiente", Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha emenda presentada polo Grupo Popular, "transaccionada" co Grupo Socialista, a través da que se insta á Xunta de Galicia a obrigar á entidade concesionaria da mina de Corcoesto na comarca de Bergantiños á subscrición dunha garantía financeira suficiente para responder do cumprimento das obrigas de financiamento e da viabilidade dos traballos mineiros, así como do cumprimento do plan de restauración ambiental.
Aproveitou o deputado popular Aurelio Núñez para asegurar que a declaración de impacto ambiental deste proxecto se axusta a todas as normativas legais galegas, nacionais e europeas, a pesar das numerosas críticas na súa contra.
E aí vemos o documento do expediente de tramitación do proxecto mineiro, no que o xerente da empresa, señor Lluis Boixet, manifesta a súa disconformidade cunha petición que se lle fixera desde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. No documento, que ten rexistro de entrada do día 5 de novembro, o señor Boixet afirma que a empresa non quere acollerse a unha das condicións do informe emitido polo citado organismo, en concreto a esixencia de publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade das augas en tódolos puntos de vertido. "Unha mostra da opacidade da empresa", denuncian.
Pero consideran máis grave a resposta da Xunta, que acepta as condicións da empresa polo que "as medicións indicadas pola DXCN serán remitidas a Augas de Galicia mensualmente".
Máis información
- A bitácora da semana (CXCV): O ouro de Corcoesto.
- A bitácora da semana (CLXXXIV): Salvemos Cabana.
- A bitácora da semana (CLXXXV): Non á mina.
Artigos relacionados
- Hermanager Humor: De minas e corrupción.
- Xabier García: Esperta do teu sono Fogar de Breogán.
- Xabier Gacía: Contramínate.
- “Cianuro e minería: Moitas medias verdades interesadas”. Un artigo da Química Carmen Varela.
Novas relacionadas
- 24-02-13: Unha concentración a favor da mina e dos postos de traballo.
- 21-02-13: A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor.
- 20-02-13: A mina de Corcoesto e os ingresos fiscais municipais.
- 18-02-13: Un milleiro de persoas secundaron Enterro de Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 16-02-13: A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina.
- 14-02-13: A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 11-02-13: Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 07-02-13: O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto.
- 04-02-13: Salvemos Cabana denuncia a falta de credibilidade da Asociación favorable á mina.
- 04-01-13: Corcoesto si, mina si. Nace unha asociación a favor da mina de ouro.
- 29-01-13: Os Ornitólogos piden unha verdadeira política de conservación da natureza e critican as minas.
- 28-01-13: Máis de 21.000 sinaturas contra a mina de ouro de Corcoesto.
- 24-01-13: Veciños de Corcoesto denuncian á Mina por danos nos seus montes.
- 22-01-13: Dúas cativas de Coristanco escríbenlle a Feijoo pola mina de ouro.
- 16-01-13: Máis de 1.000 explotacións agrogandeiras veranse afectadas pola mina de ouro de Corcoesto.
- 09-01-13: AGE insta á Xunta a facer un Plan Económico alternativo á mina de ouro de Corcoesto.
- 04-01-13: Alertan sobre o risco de destrozar o Esteiro do Anllóns e propoñen alternativas económicas á mina de Corcoesto
- 02-01-13: O debate sobre a minaría tóxica está aberto.
- 29-12-12: A empresa mineira de Corcoesto obrigada a pechar de inmediato por falta de licenza.
- 28-12-12: AGE reafírmase en contra da mina de Corcoesto.
- 27-12-12: Cianuro: residuou non perigoso? Fraude no DIA da Mina de Corcoesto.
- 24-12-12: Un fin de semana de protesta mineira en Corcoesto.
- 20-12-12: O Proxecto da Mina de Corcoesto, unha “aberración normativa".
- 18-12-12: Durísimas valoracións contra a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto.
- 17-12-12: A Xunta aproba a Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto ante as protestas de colectivos por desinformación.
- 13-12-12: AGE e PP amosan a súas posicións enfrontadas sobre Mina de Corcoesto.
- 26-11-12: Denuncian que a empresa da Mina de Corcoesto engana cos prezos aos propietarios dos montes.
- 13-11-12: A Plataforma en defensa de Corcoesto convida á empresa Mineira a un debate público.
- 09-11-12: Denuncian o intento da empresa mineira de mercar a prezos de saldo os montes de Corcoesto.
- A loita contra a mina de Corcoesto recibe o apoio de Greenpeace e se solidariza con México.
- Apoios televisivos contra a mina de Corcoesto.
- 11-10-12: A apertura da mina de Corcoesto retrásase ata o verán do 2013.
- Veciños de Corcoesto trasladan á Xunta o seu malestar ante o perigo da mina.
- A loita por Corcoesto amplíase ao eido arqueolóxico.
- A Fiscalía xa investiga a mina de Corcoesto por un presunto delito contra o medio ambiente.
- A mina de ouro: unha mostra de resistencia organizada.
- A loita contra a mina de Corcoesto colle tintes poéticos.
- Xurxo Borrazás tamén di non á Mina de Corcoesto.
- O BNG pide que a mina de Corcoesto non sexa a ceo aberto.
- Ata Galeano denuncia que a Mina de Corcoesto non cumpre a lei.
- O Goberno argumenta no Parlamento que a mina de Corcoesto creará 500 postos de traballo.
- ADEGA considera obsoleta a tecnoloxía da Mina de Ouro de Corcoesto.
- A febre do ouro exténdese a Zas mentres denuncian irregularidades no proxecto de Corcoesto.
- Os fumigadores si andan pola Costa.
- 1.300 sinaturas presentadas contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- A mina de Corcoesto chega ao Parlamento.
- Os veciños da Plataforma de Corcoesto denuncia prácticas intimidatorias do alcalde cabanés.
- Denuncian as falsas expectativas de emprego da mina de ouro de Corcoesto.
- A mentira das palabras máxicas .
- 04-05-12: Creada unha Plataforma contra a Mina de Ouro de Corcoesto.
- 12-03-12: Accidente laboral na mina de ouro Corcoesto.
- ADEGA espera para valorar o impacto da Mina de ouro de Corcoesto e enfróntase con La Voz.
- A mina de ouro de Corcoesto axiliza a súa posta en marcha co apoio das administracións e oposición dos ecoloxistas.
- O ouro de Corcoesto non brilla tanto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).