Venres. 26.04.2024
El tiempo

Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto

Veciños afectados presentaron novas alegacións á Declaración de Impacto Ambiental da mina de Corcoesto
Mapa do Proxecto da mina de ouro de Corcoesto

Xa hai case 2 meses dende a presentación da Declaración de Impacto Ambiental, pero as queixas seguen cgefando. Esta pasada fin de semana, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto presentou un recurso de reposición contra a Declaración de Impacto ambiental da mina de ouro de Corcoesto que foi subscrito por máis de 2.000 afectados e titulares de bens e dereitos situados no ámbito da explotación mineira, entre os que se atopan os titulares de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais dos Concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

O recurso fundaméntase na "falsidade ou ocultación interesada de datos no Estudo de Impacto Ambiental elaborado pola empresa mineira". Afirman que "o Estudo de Impacto Ambiental ignora por completo a realidade socio económica dos Concellos afectados para evitar realizar unha análise detallada dos efectos da explotación mineira sobre ditas actividades económicas que na actualidade xeran emprego directo e indirecto sostible e a longo prazo, e contribúen ao mantemento de poboación no rural".
Igualmente, "a pesar de que a empresa mineira recoñece un vertido de arsénico ao medio receptor por importe superior ao máximo permitido pola lexislación, non fai unha análise previa da súa concentración no ámbito da explotación mineira nin no río Anllóns, e moito menos analiza a incidencia que este feito pode ter para a saúde humana e animal e os bancos marisqueiros da ría de Corme e Laxe".

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios