Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto

O PSdG oponse agora á mina de Corcoesto

Está o asunto da mina de outo de Corcoesto nun momento verdadeiro quente. Mentres ferven as redes sociais nos foros contrarios e favor do proexcto, os partidos políticos apuran as súas posicións. Hoxe o PP reitera que nos atopamos ante unha "oportunidade de ouro que non podemos deixar pasar" e chegan a falar, unha vez máis de cifras de emprego algo curiosas: nada menos que 1381 postos de traballo entre directos, subcontratados e indirectos.
Entrementres, non parece moi clara a posición do PSdG e dos seus grupos municipais dos Concellos afectados pola mina de ouro de Corcoesto, como son Cabana, Coristanco e Ponteceso. A pasada semana, o voceiro do PSdG pontecesán, Lios Carballido, aseguraba o seguinte:

- "A posición favorable á Mina de Ouro dos grupos socialistas dos tres concellos afectados Cabana, Coristanco e Ponteceso, foi manifestada publicamente hai xa un ano, e depende de 4 condicións: a creación dunha Oficina de Desenvolvemento Industrial dotada con 1 millón de euros para fomentar a creación de empresas; o apgo por parte da empresa dos impostos aos concellos; que os terreos restauraurados ecoloxicamete revirtan no uso público; e que a Universidade colabore en labores de vixilancia ambiental.

Onte, sen embargo, tiveron unha Xuntanza entre a comitiva comarcal e os deputados no Parlamento galego ( Francisco Caamaño, Marisol Soneira e José Luís Méndez Romeu) para avaliar o proxecto de Río Narcea Goldmines e concluíron que “non presenta garantías suficientes dende o punto de vista social, laboral e medioambiental”. O PSdG anunciou que presentará alegacións pedindo a sinatura dun convenio que ofreza “garantías” e “compensacións” ante o posible impacto social e ambiental da explotación na zona. Ademais "esixirá maiores garantías dende o punto de vista do impacto social, visual e ambiental para apoiar o mesmo".

Peticións medioambienais e económicas

Aseguran que foi a "alarma social provocada polas posibles consecuencias medioambientais do proxecto" a que reabriu o debate no seo do partido, polo que propoñen "a sinatura dun convenio coas universidades galegas para o estudo previo e posterior supervisión externa do impacto ambiental que a mina poida ter sobre o entorno, en especial sobre o Río Anllóns, os seus afluentes e os acuíferos da zona, e solicitan á Xunta de Galicia que recabe estes informes antes da declaración da mina como Proxecto Industrial Estratéxico".
Asímesmo piden que, "unha vez rematada a explotación do xacemento, a empresa cederá o uso dos terreos, unha vez resturados de acordo co Plan de resturación ambiental, aos concellos de Cabana e Coristanco".

Ademais, en clave socioeconómica, os socialistas propoñen a "creación dunha Oficina de Desenvolvemento Económico con sede en Cabana de Bergantiños, á que se dotará cun orzamento anual de un millón de euros para accións de promoción económica que se vincularán directamente á creación de emprego".
O PSdeG propón tamén o "establecemento dun criterio para a contratación de persoal no que se otorgue “carácter preferente absoluto” aos veciños dos concellos da zona e ás empresas locais para a prestación de servizos e abastecementos".

O PP asegura que se trata dunha "oportunidade de ouro"

Falou hoxe tamén sobre o proxecto da mina de ouro o portavoz de Industria da Xunta, Pedro Arias, que dixo que “non podemos perder unha oportunidade de desenvolvemento económico nunha provincia que é a máis mineira de Galicia”. Arias asegurou hoxe que a Xunta de Galicia está a tramitar a solicitude presentada para a apertura dunha mina de ouro en Corcoesto en Cabana de Bergantiños dun xeito “responsable e con todas as garantías”.

Falou de cifras, e volven saír números curiosos: 138 postos de traballo directo, 143 subcontratados e 1.100 indirectos.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios