Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto

A Costa da Morte maniféstase este domingo en Coristanco contra a mina de ouro de Corcoesto
A Plataforma en Defesan de Corcoesto fai un paralelismo co Entroido e promove a manifestacion como o Enterro da comarca de Bergantinos

Xa está convocada a primeira e grande manifestación contra a mina de ouro de Corcoesto. A Plataforma pola Defensa de Corcoesto vén de convocar e invitar á participación social na concentración-manifestación que se desenvolverá o vindeiro domingo 17 de febreiro ás 18:00h. Unha manifestación que sairá da rotonda de Carrefour en Coristanco e que rematará na praza do Concello de Coristanco.

Esta mobilización social está convocada para expresar a protesta da veciñanza polo intento da empresa canadiana Edgewater de instalar unha mina a ceo aberto na parroquia de Corcoesto e que afectará directamente aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e por ende á ría de Corme-Laxe.

Lémbrannos que "a posible instalación desta mega-mina a ceo aberto está apoiada decididamente pola Xunta de Galicia e goza da complicidade manifesta dos alcaldes dos tres concellos citados".

Deste xeito, dende a entidade, afirman que "queremos un futuro para a nosa comarca que non pase pola destrución do territorio, a contaminación das súas augas, a eliminación da nosa forma de vida e dos nosos recursos naturais. Queremos un desenvolvemento económico racional e sustentábel para a nosa comarca e non a espoliación dos nosos recursos por parte do canadianos de Edgewater".

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios