Venres. 19.04.2024
El tiempo

A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor

A mina divide á Costa: Charlas en contra e concentración a favor
Corcoesto Si

Continúa o proxecto da mina de ouro de Corcoesto xerando debate entre a veciñanza. A mobilización do pasado sábado sábado demostraba que hai moita xente da zona en contra deste proxecto. E este vindeiro sábado 23 de febreiro tócalle medir forzas ao movemento a favor da mina. Así, este sábado, concentraranse ás 12:30h na praza do Concello de Coristanco, con buses de balde dende as parroquias, e baixo o lema "Corcoesto Si, Mina Si. Por un traballo dgino, calidade de vida, futuro aquí".

Charlas da oposición

Entrementres, as Plataformas contrarias á mina artellan novas reunións para informar á veciñanza da zona sobre o proxecto. E van ata Corme e Malpica.

  • O próximo venres 22 de febreiro ás 21:00 da noite terá lugar no Centro Cultural de As Pozacas, na parroquia de Cerqueda (Malpica de Bergantiños).
  • E o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 17.30 terá lugar outra charla informativa na Confraría de Pescadores de Corme.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios