Sábado. 05.10.2024
El tiempo

COVID: Bergantiños volve ser o gran foco

  • Onte falecía outra muller de 91 anos na Residencia DOMUSVI de Vimianzo. Son xa 12 as persoas falecidas na residencia vimiancesa nesta terceira vaga.
Evolucion Covid Costa da Morte xaneiro 2021
COVID: Bergantiños volve ser o gran foco

80 novos casos máis ten hoxe a Costa da Morte, chegando a un total de 872 nos 19 Concellos da Costa da Morte. Unha cifra que xa bate con diferencias as taxas de novembro, demostrando que esta tarceira vaga é moito máis agresiva, e deixando ás claras que a curva está lonxe de recuar.

Máis de 30 deses novos casos son de Carballo, onde superan os 240 novos casos nos últimos 14 días (254 casos activos, 22 máis ca onte) tendo un dos grandes problemas na residencia DomusVi, onde hai máis de 70 casos activos, e onde xa falecía unha persoa esta semana.

Seguen aumentando moito os casos na Laracha e Coristanco, deixando a cifra dos 7 concellos de Bergantiños nos case 500 novos casos nestas últimas dúas semanas.
Ademais, a subida está sendo fulminante, e por exemplo A Laracha pasou en apenas 3 semanas de estar entre 1 e 9 novos casos a superar a centena, sendo xa un dos 10 concellos con maior taxa de incidencia acumulada, rozando os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantes
 

En Soneira

Cribado covid na Casa da Cultura de  Vimianzo
Imaxe do cribado desenvolto estes días na Casa da Cultura de Vimianzo

Mentres, pola comarca de Soneira continúan en marcha os cribados en Vimianzo e Camariñas. Semella que baixa a cantidade de novos positivos, pero non tanto os casos activos. En Camariñas continúa habendo preto de 90 casos activos sendo 112 en Vimianzo. Os dous concellos superan os 1.000 novos casos por cada 100.000 habitantes.

Datos covid 20-01-2021

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios