COVID: A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, tamén en nivel máximo de restricións
- A Xunta non descarta ampliar o toque de queda se o goberno central modifica o Decreto do Estado de Alarma
- O deporte federado autonómico terá que suspender as competicións. Pendente queda o comezo da Preferente (na que Xallas e Sofán ían empezar o 31 de xaneiro) e das Ligas Galegas de Base (nas que compiten 3 equipos do Dumbría)
Este luns, a reunión do Comité Clínico determinou a incorporación doutra boa tanda de concellos á lista dos que sofren o nivel máximo de restricións. Entre eles os A Laracha, Cabana, Coristanco, Dumbría e Muxía, que se unen aos Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo.
Máis de media comarca queda pois en nivel máximo de alarma sanitaria, con peches perimetrais individuais, coa hostalería aberta só na terraza ao 50% e ata as 18:00h.
A día de hoxe son un total de 781 novos casos confirmados nos últimos 14 días nos 19 #concellosQPC, cunha taxa media de incidencia xa de 600 novos casos por cada 100.000 habitantes.
Centros de ensino
A análise dos centros escolares é complexa. Estes días xa se está notando o efecto do Nadal, e se o pasado día 10 apenas se contabilizaban 47 novos positivos, os datos deste 16 de xaneiro xa deixan 82 casos e 3 aulas pechadas. Non son máis que hai xusto un mes, polo que non se contempla restricións nos centros escolares.
Máis artigos sobre o covid
- 18-01-2021: COVID: Preocupación en Carballo ante o novo gromo na Residencia DomusVi.
- 17-01-2021: COVID: O Sergas fará esta semana un cribado masivo de 6.000 persoas en Camariñas e Vimianzo.
- 14-01-2021: Vimianzo pon o foco… nos clubs.
- 13-01-2021: COVID: Carballo, Cee, Camariñas, Laxe e Vimianzo, no nivel máximo de restricións / Chegan as primeiras vacinas ao HVdX.
- 13-01-2021: COVID: Vimianzo pon o foco nos bares.
- 12-01-2021: COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h.
- 11-01-2021: COVID: As cifras sinalan un aumento do 40% nos novos positivos na última semana .
- 07-01-2021: COVID: A tendencia volve ser á alza.
- 04-01-2020: COVID: Vimianzo non se libra e Carnota recupera a mobilidade.
- 29-12-2020: COVID: 9 concellos, tralo peche de Carnota e Muros, rematan o ano con especiais restricións.
- 28-12-2020: COVID: Vimianzo, Xallas e Fisterra, as zonas onde se manteñen o virus.
- 22-12-2020: COVID: O Plan de Nadal inclúe excepcións entre o 23 e o 25.
- 16-12-2020: COVID: Santa Comba, Mazaricos, Carnota, e Fisterra pasan ao nivel medio-alto de restrición.
- 15-12-2020: COVID: 9 do 10 positivos do IES de Fisterra son usuarios de autobús.
- 14-12-2020: SERGAS fai un novo cribado en Camariñas, Mazaricos e Santa Comba
- 11-12-2020: COVID: Camariñas e Zas entran no peche perimetral de Vimianzo; A Laracha, Cabana e Malpica relaxan restricións.
- 10-12-2020: Preocupan os gromos no IESP Pedra da Aguia e no IES Fin do Camiño.
- 10-12-2020: COVID: "Vasos comunicantes" de norte a sur.
- 06-12-2020: Coa do IES Pedra da Aguia, son 6 as aulas pechadas por covid na comarca.
- 04-12-2020: COVID: As cifras de Bergantiños iguálanse ás do resto da Costa da Morte.
- 02-12-2020: COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa.
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Xabier García Lema: Vakuna Malata.
- Lola Rontano: Vacina Bakunin.
- Alberto Sambade: Un monstro vén a verme. Corrupción, industria farmacéutica e capitalismo do COVID-19.