Nin un só culpable pola catástrofe do Prestige
Non hai culpables. A meirande catástrofe medioambiental da historia de Galicia queda impune. Ninguén ten que dar conta do accidente, ninguén pagará os danos das máis de 70.000 toneladas de fuel que puxeron negra a nosa costa. 11 anos despois, un proceso xudicial interminable, e seguimos na mesma situación, completamente indefensos. E así o demostra a meirande conclusión do xuíz: "Ninguén sabe exactamente a causa do suceso".
O maxistrado lía a sentenza, redactada en galego a pesar da presencia de máis de 30 medios, entre eles moitos internacionais. Unha sentencia que absolve a López Sors, único cargo político imputado político en todo o proceso, que enviaba unha carta ameazadora ao goberno. E tamén absolve por posible delito ecolóxico ao xefe de máquinas do petroleiro Prestige.
A setencia só condena ao capitán do barco, Mangouras, cabeza de turco, pero o fai por un delito de desobencia grave ao goberno estatal español. Mangouras está condenado a 9 meses de prisión, que non pasará pola súa idade. Quedou tamén pois absolto de causar o derrame e provocar dun delito contra o medio ambiente.
De 4.000 a 22 millóns
A única cifra que saca a sentenza do Prestige é a seguinte. A fiscalía pedía unha indemnización de máis de 4.000 millóns de euros, pero a aseguradora implicada só terá que pagar unha multa de 22 millóns de euros. Nin aseguradoras, nin armadora, nin gobernos, teran que facerse cargos de todos os cartos investidos en mercar vontades, en limpar o chapapote...
"Pensando no ben común"
A sentenza pon toda a carga sobre o "deplorable estado do buque", centrando a responsabilidade na armadora.
Así, os xuíces xustifican as medidas levadas a cargo polo goberno, incluída a clave decisión de enviar o buque a alta mar. Valoran que a actuación do goberno foi "axeitada para evitar maiores problemas e pensando no ben común". "O Goberno de España tomou esta decisión asesorando correctamente", sinala tamén a sentenza.
"Nunca Máis impunidade"
Con este lema nunha gran pancarta prantouse a Plataforma Nunca Máis, co seu voceiro Xaquín Rubido ás portas do xulgado. Xa anunciaban que "non foi un xuízo xusto", que a falta de depuración é grave e que o feito de que só houbese un cargo político imputado dá conta da inxustiza do proxecto.
Coñecida a sentenza, a plataforma califícaa de "decepcionante, a peor sentenza posible, que só quere salvar ao goberno estatal".
E entre os detalles que nos deixa todo este proceso, botade un ollo ao control mediático que ten o goberno estatal, como revelan os compañeiros de GC.
Seguemento especial do xuízo do Prestige
- 27-03-13: O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense.
- 11-01-13: A rescatadora do Prestige culpa a Fernández de Mesa de alonxar o barco.
- 28-11-12: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- 27-11-12: Xuízo Prestige: López-Sors culpa a empresa de rescate do destino final do “Prestige”.
- 23-11-12: López-Sors: “A min me parecía mellor que o barco se afundise o máis lonxe da costa”.
- 21-11-12O xefe de máquinas do Prestige coincide na teoría da “onda xigante” ante as protestas de Nunca Máis.
- 20-11-12: Mangouras: “Sen as decisións das autoridades españolas a contaminación non tería chegado ao Cantábrico”.
- 20-11-12: Mangouras no Xuízo Prestige: “O rumbo que nos deron era erróneo”.
- 15-11-12: Mangouras considera que o mercante debeu ser levado á “ensenada de Corcubión” para trasegar alí a carga.
- 15-11-12: O Xuízo Prestige ao minuto: Mangouras asegura que había que fondealo barco.
- 13-11-12: Magouras: “Leváronnos nun féretro flotante a afogar”.
- 13-11-12: Mangouras declarando 10 anos despois.
- 19-10-12: Entrevista a Pedro Trepat Silva, avogado da Plataforma Nunca máis no Xuízo pola traxedia do “Prestige”.
- 18-10-12: Xuízo do Prestige, Día 2.
- 17-10-12: Xuizo do Prestige, Día 1: Os acusados.
- 16-02-12: QPC fará un seguemento especial do Xuizo do Prestige.
Novas sobre o Prestige
- Unha galería de 500 imaxes dos duros pero exemplares meses do Prestige.
- “O percebe segue resistindo, a pesar de que as capturas baixaron tralo Prestige nun 80%”.
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Un estudio rubrica a existencia de toneladas de galletas de chapapote en Nemiña e o Rostro.
- Unha praia Nemiña chea de papaventos negros tamén lembrou á Marea Branca do Prestige.
- Onde quedaron as axudas do Prestige?.
Artigos relacionados
- Lorena en Verde: As cifras do Prestige.
- Verdades de Louzán: Cheiro a fuel.
- Alberto Pose: Mangouras, cabeza de turco.
- Un libro sobre o cambio social de Galicia que supuxo a marea negra.
Máis novas da Marea Branca
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- As Bodandes da Fala: Entrevista con Nacho Castro: “Sen os voluntarios…, morremos”.
- Lorena Martínez: Man de Camelle.
- Retrato a tamaño natural.
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Sole Méndez.
- Os voluntarios que cambiaron a Costa: Isaac.
- Pepita, a primeira voluntaria do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).