mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana

Axenda deportiva da fin de semana

A Copa da Costa toma o protagonismo unha vez rematadas case todas as Ligas. Tan só a Preferente segue en marcha, na xornada 41 e tan só falta unha máis para o desexado final.

Unha das citas da semana será o encontro do Camariñas na Fase de Ascenso á 1ª Autonómica. Por diante, dúas eliminatorias a morte para conseguir o soño da afección camariñá. E da carnotá, pois o ascenso do Camariñas significaría a permanencia dos de Nito na Liga da Costa. Os de Manolín recibirán o domingo ás 18:00h ao Carral.

Xa na Copa, e unha vez que xa vimos os novos horarios para a ida dos Oitavos compre destacar os igualados Xallas - Sofán e San Lorenzo - Cee.

Tamén hai que prestar atención á Copa de Veteranos, que esta fin de semana coñecerá aos semifinalistas. A volta dos cuartos prevese moi igualada, en tanto que só o Xuv. Bergantiños ten practicamente sentenciado o seu pase tralo 5-1 da ida ante o Bértoa.

Preferente Norte, xornada 41

Soneira15/05 - 17:00Grixoa

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica

Copa da Costa, Ida dos Oitavos

Copa da Costa de Veteranos, volta dos Cuartos

Regata en Corcubión

O deporte náutico cobrará gran importancia na Costa da Morte este fin de semana coa celebración do “Trofeo Ferroatlántica”, organizado polo Club Marítimo Carrumeiro. A xornada náutica comezará o sábado, día 14, ás 10 da mañá no peirao de Corcubión. Os organizadores de Cataventos Escola de Vela agardan a chegada de ao redor de 130 barcos procedentes de clubs de toda a costa galega.ao redor de 130 barcos procedentes de clubs de toda a costa galega.

Quadcross en Carballo

QPC MOTOR estará no Circuíto de Motor de Bértoa carballés, que acolle a fin de semana do 14 e 15 de maio a celebración da 2ª proba do Campionato de España de Quadcross.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Entrevistas QPC Deportes

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios