Sábado. 21.09.2024
El tiempo

Fase de Ascenso: O Dumbría, a un paso do ascenso á Liga Galega Xuvenil

Fase de Ascenso: O Dumbría, a un paso do ascenso á Liga Galega Xuvenil
11 do Dumbria Xuvenil no Pinguel-Foto-SD Ponteceso

Queda para o sábado 27 ás 20:00h no Conco o gran partido da final da Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Bertamiráns e Dumbría asinaron un empate sen goles, que deixa todo aberto para a volta. O cadro de Lobelos e Leis queren pechar unha temporada case inmellorable, con só dúas derrotas en todo o curso (unha ante o XSC en liga e outra ante o ascendido Cerceda, un dos equipos máis potentes da provincia.

Bertamiráns - Dumbría (0-0)

  • DUMBRÍA: Bruno, Pablo Paz, Maikel, Canario, Jano, Yeray, Mauro, Marcos Mouro, Edu, Juan de Dora e Marcote. Tamén xogaron: Cacha, Charly, Cabana e Roberto.

Partido moi intenso, e con moitas ocasions desperdiciadas por parte dumbriesa pero tamén o Bertamiráns tivo as súas.

A primeira ocasión foi visitante pero Bruno respondeu moi ben. Despois un disparo forte de Juan de Dora que despexou o porteiro mais un balon picado de Juan que sacou un defensa na liña de gol demostraron que o Dumbría estaba no partido. Un bo pase Mauro a Juan novamente que se precipitou e definiu mal. O Bertamiráns tiveron unha a balón parado.

Na segunda, máis do mesmo, dominio dumbriés e contras do cadro local. Cacha tivo tres, un balón o poste e unha falta que o porteiro despexou a córner e un mano a mano co porteiro que no control adianta moito o balón e non pode rematala. Marcote só debaixo dos paus non foi capaz de rematar cando todos cantabamos gol, un disparo de Maikel que sae pegada o pau. Eles a contra tamén levaron perigo pero Bruno estivo moi seguro.


Crónicas xuvenís

Comentarios