Martes. 17.09.2024
El tiempo

FSF: Boa fin de semana pensando no Campus

FSF: Boa fin de semana pensando no Campus
Portosin-Fisober na Copa Deputacion

Non foron malos os resultados desta fin de semana para os equipos do FSF costeiro. Na Copa Provincial, Ponteceso FSF e Vila de Cee deron un paso adiante. O cadro pontecesán vencía 0-3 ao A Baña na ida dos cuartos, mentres as ceenses, aínda que conseguiron un resultado positivo, a eliminatoria segue estando aberta pois a vindeira sema toca visitar a Coruña, onde o Grupo Work na súa casa e ante a súa xente mostrarase moi forte.

Ademais, o Fisober avanza as semifinais da Copa Deputación, unha competición primeiriza, unhas semifinais que non teñen data de celebración, o rival será o 5 Coruña despois da renuncia do seu rival o recén ascendido a Honra o Valdetires Ferrol o collelo en plena promoción. Polo outro lado do cadro chegan o Viaxes Amarelle e o Hércules Coruña. Podería ser ou antes de rematar a presente tempada ou na próxima pretempada, o único seguro é que as finais masculinas e femininas serán o 5 de Setembro en Santiago de Compostela no Pavillón de Santa Isabel.

Pola súa parte, o Viaxes Amarelle FSF finalizaba a tempada cun empate na última xornada en Majadahonda. As de Patri e Eva pechan o curso con 21 puntos, no posto 14ª, que lle condenan á 2ª División de cara a próxima tempada. 6 vitorias e 1 empate como locais e 2 empates como visitantes foron os que lle concederon estes puntos. E as 21 derrotas en toda a campaña leváronlle á Segunda División. Termina a campaña con 47 goles a favor e 100 goles en contra.

Campus en Cee

Campus Vila de Cee FSF

Xa está en marcha o I Campus de Fútbol Sala FSF Villa de Cee - Ferroatlántica. Despois de moitas conversas grazas a Santiago Futsal , Viaxes Amarelle, Olimpia-Cee, Concello de Cee, Deputación da Coruña, Estación de Servizo Bazarra, e o principal patrocinador Ferroatlántica, todos eles fixeron posible que este proxecto nos saíse adiante. Queda aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día venres 26 de xuño.

Copa Provincial, ida dos Cuartos

  • Resultado: S.D. A Baña - Concello de Ponteceso (0-3)

As pontecesás meten un pé nas semis da Copa Provincial.

Copa Provincial, ida dos Cuartos

  • Resultado: Vila de Cee FSF - Grupo Work (4-2)
  • VILA DE CEE: Carla, Adriana, Alba, María e Andrea. Tamén: Marta, Sandra e María Lijó.
<`>Comezou o partido onde os dous equipos mostrábanse bastante temerosos, aínda que o Grupo Work dominaba a pelota, pero sen crear perigo para as ceenses, as cales renunciaban a posesión do balón para saír o contragolpe. Xa no ecuador da primeira parte nunha bonita xogada de Andrea consegue pasar a Adriana a cal marca o primer gol do partido. Co 1-0 a favor das ceenses mantivose o guión ata os minutos finais da primeira parte, onde o Grupo Work intentaron saír de 5 ca porteira xogadora , pero que as Ceenses conseguiron defender sen problema algún.

Na 2ª parte o Grupo Work intentou irse o ataque en busca do Gol, saíndo outra vez de 5 ca porteira xogadora, as Ceenses esperaban atrás, e intentaban saír a contra, transcorridos uns 5 minutos o grupo Work consegue marcar o empate 1-1. Reaccionaron as Ceenses, e os poucos minutos marca Sandra cun potente tiro que rebota nunha rival e descoloca a porteira, e pouco despois nunha bonita xogada de Adriana consegue pasar a María de Dumbría a cal consegue marcar. Estaba o partido para as Ceenses co resultado de 3-1, e o Grupo Work intentou arriscar un poucos mais, pero nunha xogada individual Adriana a cal consegue irse de varias rivais consegue cun forte tiro meter o un golazo pola escuadra da portería. Xa co 4-1 a favor as Ceenses intentaron defender o resultando , mais as Coruñesas conseguen marcar o definitivo 4-2.

As estrelas esta semana serán 3* para a capitana Adriana, motor do equipo e con dous golazos. 2* Estrelas para Sandra, despois de mes e medio sen xogar por lesión reapareceu cun nivel espectacular e aportou un golazo no momento mais critico do partido. 1* para Andrea, que aínda que non tivo o seu día cara o gol desespero co seu ataque a defensa rival e traballou a reo a favor das súas compañeiras.


Copa Deputación

  • Resultado: PORTOSÍN – FISOBER F.S.F. (0-3).
  • FISOBER: Leti, Noelia, Inés, Raquel e Laura; tamén xogaron: Tamara e Nuriña.
  • Goles: 0-1 Inés, 0-2 Inés, 0-3 Inés (descanso) , na segunda metade non se moveu o electrónico.
A infantil Nurina e a xuvenil Laura son irmas

Partido disputado na tarde do sábado no Pavillón de Santa Irene de Porto do Son correspondente os cuartos de final da Copa Deputación de A Coruña que celebra a súa primeira edición tanto masculina como feminina. Presentaba o Fisober un combinado de xogadoras dos diversos equipos para a este partido, no que incluso xogou a infantil Nuriña e foi baixa de última hora por enfermidade a tamén infantil Paula Fandiño. I é que a estas alturas de tempada, en plena época de exames e con compromisos laborais os dous equipos chegaron a cita moi xustos.
O partido foi igualado e tivo ocasións en ambos lados pero os tres goles de Inés na primeira metade decantárono a prol das costeiras, nunha tarde na que a intensa calor e os poucos efectivos en ambos conxuntos tamén foron un condicionante.

O partido arrancou con bo ritmo e con algunha ocasión visitante. Os cinco minutos Inés desfacíase da porteira para o cero a un. As locais creaban perigo por medio da veterana Raquel pero tiña en Leti un muro infranqueable. Mediada a primeira metade un saque de esquina de Laura pillaba despistadas as locais e Inés facía o seu segundo gol. O Portosín tamén tiña as súas ocasións pero non superaba a Leti, incluso Raquel enviaba un balón o pau. Para as visitantes Noelia e Laura en varias ocasións non era quen de acertar no segundo pau. A trinta segundos para o fin da primeira metade de novo Inés facía o definitivo cero a tres.

Tralo tempo de lecer o ritmo do partido baixou , as visitantes tentaron controlar o partido co resultado a favor e as locais reducir distancias.
Aínda que os dous equipos tiveron ocasións, incluso a costeira Inés enviou un balón o trabe o marcador xa non se moveu.

1ª División, última xornada

  • Resultado: Majadahonda FSF - Viaxes Amarelle (1-1).
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Cris, Dolo, Lago, Espi (cinco inicial), Noe, Patri, Lidia Mesías, Eva (segunda porteira).
  • Goles: 1-0 Marta Rodríguez (min. 20); 1-1 Lidia Mesías (min. 40).

O Viaxes Amarelle FSF acudía ao Municipal da Granadilla (Majadahonda) para afrontar o último partido de liga ante o Majadahonda FSF. Xa sen ningunha opción de salvar a categoría, as herculinas intentaron igualmente pelar pola vitoria, e malia adiantarse as locais na primeira metade, Lidia Mesías cun gol de dobre penalti a falta de 39 segundos faría as táboas e reparto de puntos para ambos conxuntos.

Patri e Eva despedironse da maxima categoria cun empate

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios