Martes. 15.10.2024
El tiempo

FSF: O Fisober B pega primeiro ao Vila de Cee mentres o Amarelle métese en líos

FSF: O Fisober B pega primeiro ao Vila de Cee mentres o Amarelle métese en líos
Fisober e Villa de Cee na Copa Provincial

Arrincou a Copa Provincial Feminina, e o filial do Fisober arrincou unha vitoria pola mínima para a volta no derbi costeiro ante o Vila de Cee, nun choque tremendamente igualado.

E malas novas tamén para as eVa e Patri co Viaxes Amarelle da máxima categoría. Mal partido e mal resultado para as herculinas que se meten en postos de descenso a falta de dúas xornadas para concluír a tempada. Nunha tempada onde non se conseguiu nin unha soa vitoria como visitante pon moi negras as cousas para a escuadra herculina, pero hai que sacar pundonor para loitar pola permanencia na 1ª División do fútbol sala feminino.

Recepción municipal en Ponteceso

Recepcion Municipal ao Ponteceso FSF

E a fin de semana deixou tamén a agradable recepción municipal que tiveron as pontecesás no Concello de Ponteceso, na que o alcalde José Luis Fondo Aguiar e a concexala de deportes, Mari Mar Durán Mato, felicitaron polo ascenso ao equipo. Ademais fixeron entrega dunha placa e con un detalle para cada membro do equipo.


Copa Provincial

  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – F.S.F. VILLA DE CEE (3-2.).
  • FISOBER B: Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Laura e Andrea Muíño; tamén xogaron: Tamara, Andrea Piroja, Antía e Paula Lema.
  • VILLA DE CEE: Carla, María de Dumbría, Alba, Adriana e Andrea Romero; tamén xogou: Laura.
  • Goles: 0-1 Andrea Romero, 1-1 Tamara, 1-2 Andrea Romero, (descanso), 2-2 Paula Fandiño, 3-2 Laura.
Andrea Romero e Nurina

Partido de ida da previa da Copa de Provincial, disputado na mañá do sábado no Pavillón de Vimianzo. Daba comezo a competición de Copa cun igualado derbi costeiro entre o filial do Fisober e o Villa de Cee. O xoven equipo local con dúas infantís e tres cadetes, acadou a súa primeira vitoria como local en partido oficial esta tempada algo que viñan merecendo polo bo traballo realizado nos últimos meses, desenrolando ademais un bo partido. O partido arrincou como o típico partido de Copa, cos dous equipos conscientes de que queda outro partido e os erros podíanse pagar. As locais optaron polo dominio do balón e as visitantes saíndo en perigosas contras.

Así foron pasando os minutos sen que non se movese o electrónico. Ata que os catorce minutos unha contra visitante era finalizada por Andrea Romero para o cero a un. Non desesperou o equipo local e seguiu realizando o seu xogo. A tres para o fin desta primeira metade despois dunha xogada a balón parado , Antía enviaba o balón o pau.
Cando parecía que se ía a chegar con cero a un o tempo de lecer un último minuto incrible regalounos un gol por equipo. Primeiro cando a falla de 27 segundos unha magnífica combinación local acabou co gol de Tamara no segundo pau. E despois cando as visitantes responderon cun xenial gol de Andrea Romero sobre a bocina, que deixou o un a dous co que se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios mantívose o mesmo guión, non se movía o electrónico. As mellores ocasións locais foron por parte de Andrea Piroja e Paula Fandiño con dous envíos o pau. Iso si pouco a pouco as visitantes foron notando que só utilizaban seis xogadoras na rotación e os folgos ían a menos. Así chegouse os últimos minutos nos que as locais aproveitaron a circunstancia para con dous balóns parados darlle a volta o partido. Primeiro un lanzamento de Paula Fandiño a pouco menos de tres minutos, que supuxo a igualada no electrónico. E despois Laura desviando outro lanzamento de Paula Fandiño cando se entraba nos dous últimos minutos, poñían o tres a dous definitivo.


1ª Estatal

  • Resultado: FSF GIRONELLA - VIAXES AMARELLE FSF (5-2)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Cris, Lidia Mesías, Espi (cinco inicial), Laura Tesouro, Patri, Lago, Noe.
  • Goles: 1-0 Claudia Pons (min. 6); 2-0 Laura Tesouro (propia porta) (min. 18); 3-0 Anna Costa (min. 20); 3-1 Espi (min. 25); 3-2 Lago (min. 26); 4-2 Anna Costa (min. 30); 5-2 Anna Costa (min. 40).
O Viaxes Amarelle de Patri métese en problemas

O Viaxes Amarelle FSF segue sen coñecer a vitoria como visitante e isto acaba custándolle entrar en postos de descenso trala derrota desta tarde ante un rival directo, FSF Gironella, por un marcador de 5-2, idéntico resultado que na primeira volta sacara o Viaxes Amarelle FSF como local, polo cal o golaverage particular quedaría empatado entre ambas escuadras.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios