FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra
Xornada triste para o FSF costeiro. I é que perdemos ao noso equipo na 2ª División estatal. As bravas do Fisober tiñan unha final o pasado sábado no Pavillón de Vimianzo, pero non puideron acadar a vitoria que lle dera a permanencia, co cal vese abocado o descenso de categoría. Cun Pavillón entregado e ateigado, que non deixou de animar en ningún momento ata o último segundo, e cun nutrido grupo de ex xogadoras e xogadoras do filial e inferiores, que se xuntaron ca Marea Nejra para animar, o cadro vimiancés non puido brindarlles a vitoria.
Iso si foron agradecerlle a súa afección que non as deixara de animar durante toda a tempada en especial neste último partido. E non se lle pode reprochar nada a este equipo, que loitou e deixou ata a última gota de suor nas pistas, a pesar das miles de dificultades polas que pasou durante esta tempada, un plantel curto, con só sete xogadoras do primeiro equipo, hai que engadirlle a praga de lesións que asolou o equipo. Na segunda volta só un partido tivo as sete dispoñibles. Iso fixo que as xogadoras do filial tiveran oportunidades para debutar en categoría Nacional e axudaron da mellor maneira, poñendo o seu gran de area.
E rematou tamén a Liga Provincial, xa co Ponteceso ascendido á Liga Galega, onde teremos derbi comarcal co propio Fisober. O cadro pontecesán brindou unha fermosa vitoria ante o Troula por 7-2.
O FSF Vila de Cee tivo esta fin de semana doble xornada, pois disputou o venres a xornada nº18 que tiña pendiente, na cal tocaballe viaxar e visitar ó recente campeon da liga Viaxes Amarelle, e finalmente o sábado Á Baña, onde celebraba a última xornada do campionato. Un empate co líder e unha vitoria na Baña completan unha gran fin de semana para pechar a temporada das ceenses, que pechan a súa 2ª temporada cun gran 5º posto na clasificación.
Tamén o Fisober B tivo cita doble, cunha vitoria ante o La Meca e unha derrota cas líderes, que as deixan penúltimas da táboa.
Pola súa banda, o Carnota-Lira caía ante o Cruces na derradeira xornada e remata a súa primeira experiencia en Lira na 9ª posición, con 23 meritorios puntos.
2ª División Estatal
- Resultado: FISOBER F.S.F. - ALCORCÓN B (0-6).
- FISOBER: Leti, Raquel, Ana, Noelia e Inés; tamén xogou: Mai.
- Goles: 0-1 Houda, (descanso), 0-2 Leticia, 0-3 Houda, 0-4 Sheila, 0-5 Aida, 0-6 Jessi.
O partido arrincou con dominio visitante, ante un Fisober que esperaba, solo podía contar con seis xogadoras e ca renqueante Myrella completando convocatoria. Dous equipos entregados e un ruidoso público animando dende a grada. Chegaban as primeiras ocasións para ambos equipos as que respostaban as porteiras, Leti desfacía unha ocasión do Alcorcón e Inés topábase ca porteira visitante. Un gol podía ser chave. E chegou para as madrileñas a falta de tres minutos para o tempo de lecer, foi Houda a que puxo en vantaxe as visitantes.
Aínda así non se renderon as costeiras, e unha dobre ocasión de Inés foi desbaratada de novo pola porteira visitante Marta. A sorte non estaba do lado local xa que na última xogada da primeira metade de novo aparecía Inés que mandaba o balón o pau xusto cando soaba a bocina.
A volta do tempo de lecer as locais debían remontar o partido xa cun notable esforzo sobre as súas pernas, pero eran os últimos 20 minutos da tempada e había que intentalo , sobre todo con esa incrible afección detrás. Deron un paso adiante e tentaron subir liñas de presión. Os minutos pasaban , as forzas marchaban xunto cos minutos, e o gol que dera esperanzas non chegaba. Leti mantiña as súas no partido ante as perigosas chegadas visitantes.
A mellor ocasión local chegou a cargo de Noelia cun lanzamento ca dereita, pero a porteira visitante aparecía e volvía deixar ca mel nos beizos as locais.
Todo se esfumou a falta de oito minutos cando Leticia fixo o segundo gol para as madrileñas. Foi unha lousa para as exiguas forzas locais, que agora xa necesitaban tres goles. Máis cando Houda facía o terceiro un minuto despois. E a falla de seis Sheila o cuarto.
Co pitido final aparecían as bágoas nas facianas das xogadoras do Fisober, despois de tanto esforzo non foron quen de acadar a salvación. Unhas bágoas que se contaxiaron entre moitas das xogadoras de inferiores e do filial.
Liga Provincial, xornada 22
Acodían as ceenses a coruña con númerosas baixas na sua plantilla, e tirando de infantís para poder afrontar un dicífil encontro contra o campión da liga, que saíu moi forte, querendo demostrar por que foron as campionas da liga, e aos 10 minutos ian gañando 2-0. Mais as ceenses demostraron que nunca se renden e conseguen por medio de Andrea marcar por dúas veces seguidas e poñer o marcador 2-2, xa faltando un minuto para acabar a primeira parte nunha falta o borde da área Adriana consegue marcar o 2-3 e poñer as visitantes por diante do marcador.
Na segunda parte consegue aos 5 minutos marcar Tatiana para o amarelle por partida doble e adiantarse no marcador 4-3. as ceenses insitiron no seu xogo tirando de infantiles, e faltando 5 minutos de novo volve a marcar Andrea o definitivo 4-4.O partido volviuse nun corre calles con ocasións para os dous equipos, mais rematou nun xusto empate 4-4.
Liga Provincial, xornada 26
Saíron dende o primeiro minuto as ceenses a polo partido, combinando ben e xenerando moitas ocasións de gol, onde nunha escapada Andrea consegue marcar o primeiro, continuaron o asedio mentres a baña defendiase coma podia e xa faltando poucos minutos para o final da primeira parte e cun pouco de fortuna Andrea consegue marcar o 0-2 para irse o descanso.
Na segunda parte repitese o guión e aínda que a Baña mellora no seu xogo e intenta adiantar liñas e incluso de disfrutar de oportunidades de marcar, as ceenses seguen a dominar o partido e María consegue marcaro definito 0-3.
Liga Provincial, xornada 22
Partido disputado na noite do venres no Pavillón de Vimianzo aprazado da xornada 22, aínda que exercía como local Cafetería La Meca que ante a imposibilidade de atopar pavillón en A Coruña deu tódalas facilidades e visitou de novo Vimianzo. Dende o Fisober F.S.F. agradecer novamente as facilidades dadas por Cafetería La Meca para a disputa deste partido. E foi curioso xa que o único partido que ganou o filial en toda a tempada en Vimianzo foi no que exerceu como visitante, incluso utilizou os vestiarios visitantes, sería cousa de meigas.
O partido estivo moi entretido e puido caer de calquera lado, aínda que as herculinas pagaron o final a súa escasa rotación. Xa no segundo minuto se adiantaban as herculinas cun gol de Lara que marcaba a pracer no segundo pau. A altura que estamos de tempada, fixo que o partido se xogase sen un control claro e con ocasións en ambas porterías. Cando se chegaba o último minuto da primeira metade unha xogada individual de Laura que definiu con tranquilidade ante Ainara, poñía a igualada no electrónico. Replicaron as herculinas cando a ex do Fisober mandaba o pau a poucos segundos do tempo de lecer. A segunda metade seguiu co mesmo guión, con ocasión para ambos lados. Pero co paso dos minutos as herculinas comezaron a notar a falta de cambios. Iso foi aproveitado polo filial quen, nunha contra a cinco minutos para o final se poñía en vantaxe cun gol de Andrea Muíño, co que se chegou o final do partido.
Liga Provincial, xornada 25
Partido disputado na tarde do sábado en Vimianzo na previa do partido de Segunda División, no que o campión o Viaxes Amarelle “C” gañou coa solvencia que amosou durante toda a Liga. O filial do Fisober acudía moi mermado polas baixas e tan solo dispuña de un cambio, aínda así deixouno todo sobre a pista. O partido tivo pouca historia, as visitantes dominaban o partido e buscaban continuos aclarados para que Lía fixera o un para un. Así os seis minutos a visitante Paula adiantaba as súas a pase de Lía. Aínda que seguían a dominar as visitantes, as locais defendíanse ben e así foron pasando os minutos. As locais comezaron a notar o esforzo e nos últimos tres minutos da primeira parte recibiron catro goles que racharon o partido. Lía en dúas ocasións, Goretti de penalti discutido e Ana puxeron o cero a cinco co que se chegou o tempo de lecer e terminaron de rachar o partido.
Na segunda metade non cambiou o guión, co dominio visitante, pero as do Amarelle foron baixando o ritmo o que igualou o partido. As locais seguían traballando ben en defensa. Ata que a cinco minutos para o fin do partido Tati poñía o sexto. O sétimo que igualaba o resultado da primeira volta foi obra de novo da perigosa Lía a falta de dous minutos. As locais tiñan ganas de despedir a Liga con algún gol e foi Andrea Muíño a que o logrou para o definitivo un a sete.
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- Medio centenar de pequen@s disfrutaron do Campus Fisober de Semana Santa:
- Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala.
- A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias.
Crónicas da temporada
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
- FSF: Xornada de derbis e de base.
- FSF: O Ponteceso FSF amosa o seu potencial en Cee.
- FSF: Aferrándose á salvación.
- Unha Semana Santa de FSF entre Lira e Esteiro.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
- FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros.
- FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato.
- FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega.
- FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota.
- FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido.
- O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada.
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.