Luns. 04.11.2024
El tiempo

FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino

FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino
FSF Vila de Cee masculino e Feminino

Cantas gañas tiña a comarca de Fisterra dun equipo de FS masculino dende aqueles tempos do FS Fisterra. E por fin xa o temos en liza. O pasado sábado celebrouse a presentación do novo equipo Senior Masculino FSF Villa de Cee. A directiva do equipo feminino toma así en consideración as peticións de moitos xogadores da zona, e comprobou as gañas da xente, pois acudiron o Pavillón Municipal de Cee unhas 200 persoas, as cales disfrutaron dunha tarde espectacular de Fútbol-Sala.

O primeiro acto foi a disputa dun partido amistoso do equipo Senior feminino (non había xornada na Liga Provincial) contra o C.D. Fame Negra. Un bonito partido onde resultaron gañadoras as ceenses por un resultado de 5-2, cun par de infantís debutando na pista, María e Xiana.

O acto principal era a disputa do partido FSF Villa de Cee contra o recente campión da Liga Provincial Mera F.S. Bo rival para medir as aspiracións de cara a vindeira temporada do cadro ceense e parece que as expectativas vanse disparar. Aínda que o partido foi de carácter amigable ambos equipos puxeron unha intensidade espectacular, ambos equipos loitaron por gañar, O Mera F.S. veu a demostrar por que foi campión da liga e o FSF Villa de Cee quería ganarse os seus seguidores, e o conseguiron celebrando un partidazo e conseguindo gañar por 4-1.

Aí estiveron xa ás ordes de Juanjo, que fai de adestrador-xogador, os Josiño e Didier (porteiros), Mario de José, Dudo, Miguelón, Aitor, Suso, Marroco e Champi, un verdadeiro equipazo. Esperamos velos a temporada que vén en Provincial e seguro que este ano en moitos torneos.

Os goles foron de Miguelón nunha boa xogada colectiva para abrir o marcador. Empatou de seguido o cadro herculino, pero xa na segunda Marroco, cun golazo de tacón, Champi en xogada individual e Dudo nunha falta ensaiada deixaron o marcador final.

Ambientazo en Cee para a estrea do FSF Vila de Cee masculino ante o Mera

Xornada curta no FSF

Xa no seguemento habitual dos equipos femininos, ao non haber xornada de Liga Provincial, quedámonos ca derrota do Fisober en Guadalaxara. Un Fisober que decidirá boa parte da súa tempada no derbi da vindeira semana fronte o Leis Pontevedra en Vimianzo.

Ademais, mal partido tamén das herculinas do Viaxes Amarelle ante o equipo de Móstoles.

2ª División Estatal

  • Resultado: ALOVERA – FISOBER F.S.F. (6-3).
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia; tamén xogaron: Mai e Tamara.
  • Goles: 1-0 Rocío, 2-0 propia porta, 2-1 Tamara, (descanso) 3-1 Leticia, 4-1 Elisabeth, 4-2 Noelia, 4-3 Myrella, 5-3 Leticia, 6-3 Virginia.
Tamara Mai e Leti no Fisober

Partido disputado na tarde do sábado no P. M. La Dehesa de Alovera en Guadalaxara. De novo un partido igualado no que o Fisober puido traer algo para a Costa pero volveu sen botín algún, pagou caro o seu mal inicio e a falla de gol cando o partido se igualou, ante un Alovera que aproveitou mellor os seus momentos de partido. O inicio do partido non foi nada bo para as costeiras xa que os tres minutos Rocío poñía en vantaxe as locais complicando aínda máis o partido. O Fisober non se atopaba nada cómodo e as locais dominaban o partido o seu gusto. Co paso dos minutos o Fisober foi entrando no partido e a súa primeira ocasión clara foi a cargo de Inés.

Pero aos once minutos todo se puxo máis costa arriba se cabe, cando un despexe de Inés golpeou na cara a Mai , entrando mansamente na porta visitante, queda claro que a sorte tampouco esta cas costeiras. Só 2 minutos despois Tamara reducía distancias para o Fisober, unha Tamara que acadaba o seu primeiro gol en Segunda División. Ese gol deu folgos as visitantes que gozaron duns bos minutos finais desta primeira metade, con moi boas ocasións para Mai e Noelia , pero o resultado xa non se moveu ata o tempo de lecer.

O arranque da segunda metade non foi o mellor para as costeiras. Leticia avisaba cunha gran ocasión para as alcarreñas. Unha Leticia que os sete minutos desta segunda metade facía o tres a un. Máis se compricaban as cousas cando Elisabeth transformaba un discutido penalti no catro a un que parecía pechar definitivamente o partido. Cando todo parecía xa perdido apareceron os mellores minutos costeiros i é que si algo ten este Fisober é que nunca se rende, loita ata o final, cun partido que se voltou tolo con ocasións en ambas porterías.
Noelia reducía distancias a once para o fin e Myrella deixaba o partido nun pano , cando aínda restaban oito minutos. Daba a impresión que o partido tolo lle viña mellor as visitantes e as locais pediron tempo para tranquilizar a cousa. Ocasións en ambas porterías e protagonismo tamén para as porteiras.
As ocasións máis claras para as costeiras foron por mediación de Inés e Mai. Cando a dous e medio para o fin o Fisober tiña preparado xa o xogo de cinco, unha contra local finalizaba co gol de Leticia que poñía o partido case imposible.
Aínda así o Fisober sacou o xogo de cinco con Leti arriba, e gozou de moitas e boas ocasións, para Noelia, Ana e incluso un pau de Inés, pero quen si acertou foi o Alovera que nun roubo acadou o definitivo seis a tres obra de Virginia.

En todo caso, as rapazas seguen disfrutando de viaxar e ver mundo. Nesta ocasións coincidiron co Español no aeroporto e botaron fotos con algún dos seus ídolos como os ex deportivistas Sergio ou Colotto.

As rapazas do Fisober coincidiron co Espanol no aeroporto e botaron foto con Sergio

1ª Estatal, xornada 22

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF Gironella (1-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Yaiza, Espi, Lidia Mesías, Cris (cinco inicial), Lago, Dolo, Laura Tesouro, María Gómez, Carmen (portera).
  • Goles: 0-1 Arabel (min. 13); 0-2 Patri Chamorro (min. 14); 0-3 María Otero (min. 25); 1-3 Lidia Mesías (min. 30); 1-4 Inma (min. 40).
Eva Lema no Viaxes Amarelle

Non estivo Patri pero si Eva na derrota do Viaxes Amarelle da máxima categoría. Un partido que se lle puxo moi complicado ás herculinas ante o Móstoles e que non puideron remontar pola falta de acerto cara gol a pesar de ter numerosas ocasións para facelo.

A vindeira semana xogan o 28 de marzo ás 18:30h no pavillón de la Universidad de Alicante (San Vicente del Raspeig).

Novas relacionadas

Comentarios