FSF: O Ponteceso FSF amosa o seu potencial en Cee
Completa, de novo, a xornada para o Fútbol Sala Feminino costeiro. Moitos partidos e un fermoso derbi na Liga Provincial entre ceenses e pontecesás, nas que as visitantes demostraron por que están na 2ª posición. Ademais, aproveitaron o empate do BeArt 5 Coruña ante o Fisober B, polo que xa teén 5 puntos máis que as herculinas. O Lira sumaba ademais un puntiño máis.
Mentres, por arriba, as mozas do Fisober disfrutaban dunha nova viaxe e da experiencia de enfrontarse a un equipo grande, mentres o Viaxes Amarelle de Patri caía tamén na casa pero aínda ten unha pequena marxe co descenso.
2ª División Estatal
- Resultado: V.P. SOTO DEL REAL – FISOBER F.S.F. (8-0).
- FISOBER: Leti, Inés, Ana, Noelia e Tamara; tamén xogaron: Andrea Muíño, Raquel e Laura.
Visitaba na tarde do sábado a pista do Soto del Real o equipo do Fisober e repetiu o resultado da primeira volta un contundente 8 a 0. A pesares das baixas, do longo viaxe e do difícil do rival o equipo non se rendiu en ningún momento e loitou ata o final a pesares do resultado. Nun partido que por primeira vez viaxaron xuntas a un desprazamento a domicilio, Laura, Andrea Muíño e Tamara. E que tivo a curiosidade que o Fisober vestiu de vermello moito tempo despois. As locais saíron moi fortes conscientes da importancia dos puntos se queren volver a División de Honra, buscando as opcións de promoción ca que están a loitar co Valdetires galego.<
O partido foi de dominio local, cunhas visitantes tentando sacar algo a contra. Os catro minutos un desafortunado rexeite de Noelia entraba sen remisión na porta de Leti, que realizou un gran encontro ante o acoso local. A pesar do dominio e das ocasións o resultado permanecía inalterado desde ese minuto, grazas o excelente traballo defensivo e o esforzo do Fisober. Ata que a cinco para o fin desta primeira metade Coral facía o segundo. Ante o acoso sufrido o Fisober decidiu arriscar, mesturando atacar de cinco tras este gol, con repregue, e conseguir ter algo de posesión de balón e sufrir algo menos. Ao principio sorprendeu e tivo algunha que outra ocasión. Pero as locais aproveitaron os riscos para poñer o terceiro e cuarto , obra de Patri e Senis nos dous derradeiros minutos.
Na segunda metade mesmo guión dominio local e o Fisober mesturando de vez en cando o ataque de cinco. No minuto tres e catro desta segunda metade Tayra facía dous goles para o seis a cero. A pesar diso as costeiras non se renderon e continuaron a traballar durante todo o partido, buscando algunha ocasión que lles fixera estrear o electrónico. O que si chegaron foron dous novos goles de Patri case consecutivos a falla de seis para o fin, que puxo o definitivo oito a cero.
En definitiva gran experiencia para as novas xogadoras do Fisober que sufriron e a vez disfrutaron de enfrontarse a un rival dese nivel.
Liga Provincial, xornada 23
- Resultado: FSF Villa de Cee - Concelllo de Ponteceso FSF (2-3)
- FSF Villa de Cee: Carla; Adriana, Alba; Andrea e María de Dumbría. Participaron tamén: Sandra, Marta, Serena e as infantís María e Lucía.
- Concello de Ponteceso: Salomé, Ana, Martina, Noa e Sandra - tamén xogaron - Carmen, Cintia, Elsa e Carla.
- Goles: 0-1: Carmen; 1-1: Andrea; 1-2: Cintia (descanso); 2-2: María; 2-3: Elsa.
Na primeira parte saíron os dous equipos con moito respecto, sin un dominador claro do encontro pero cas pontecesáns presionando máis arriba intentando levar o mando. Era o cadro visitante o que se metía primeiro por diante tras unha boa xogada por banda de Cintia. Aínda así o Fsf Villa de Cee aos poucos minutos nunha xogada similar conseguía empatar o partido nun balón longo. Despois de varias chegadas á meta de Carla, faltando xa un xo minuto para acabar a primeira parte as do Ponteceso conseguen adiantarse outra vez e marchar así o descanso cun 1-2.
Comeza a segunda parte e as ceenses intentan ir a polo partido e remontar o resultado chegando a dispor de moitas ocasións e facendo destacar a labor da porteira pontecesá Salomé. No ecuador de dicha parte conseguen marcar o empate 2-2, nesta ocasión obra de María de Dumbria.
Estaba de novo todo igualado, pero o empate non lle valía ás visitantes que foron a por todas e nun córner facían o terceiro e definitivo 2-3. Intentárono no último minuto as ceenses incorporando a Infatil María e saíndo de cinco ca capitana Adriana coma porteira xogadora, pero o cadro visitante soubo aguantar a súa renda.
A vindeira semana xornada dobre para o FSF Villa de Cee, xogará o venres na casa contra o Fisober FSF e o sábado visitará o Concello de Carnota Lira completando así tres derbis na costa seguidos. Pola súa banda o cadro pontecesán recibirá ao Viaxes Amarelle.
Liga Provincial, xornada 23
- Resultado: Cafetería Meca - Concello de Carnota Lira (1-1)
Empate das roxiñas en Novo Mesoiro que as deixa nunha cómoda posición con 23 puntos, con moita marxe por abaixo.
Liga Provincial, xornada 23
- Resultado: BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 1-0.
- 5 CORUÑA: Gema, María Veiga, Ali, Anita e Lupe; tamén xogaron: Leny, Mel, Sofía e Ana.
- FISOBER B: Alejandra, Paula Fandiño, Tamara, Nuriña e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Paula Lema, Andrea Piroja e Laura.
- GOLES: 0-1 Nuriña , 1-1 Ali.
Partido disputado na mañá do domingo no herculino Pavillón do Novo Mesoiro. Un filial que chegou A Coruña, cuns cores inhabituais que parece que lle deron sorte, camiseta branca e pantalón negro. En fronte, o cadro herculino da fisterrá Leny, o 3º da táboa, ante o que o filial acadou un meritorio punto. Por bando vimiancés, brillou a boa disposición, o traballo, cun equipo moi solidario en tódolos aspectos do xogo.
O bo partido das rapazas do filial costeiro refrendouse os catro minutos cun gol de Nuriña. Pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que Ali igualaba os seis minutos. A pesar do tempraneiro empate as visitantes non se descompuxeron e seguiron coa súa boa labor. Con circulación do balón e algunha ocasión, a mellor nesta primeira metade por parte da goleadora Nuriña que enviou un balón o pau. As herculinas tentaban moito lanzamento lonxano que non acadaba o resultado esperado.
Na segunda metade acrecentouse o dominio local na súa busca da vitoria , pero as costeiras tamén tiñan as súas ocasións. Un pau de Paula Fandiño e ocasións para Andrea Muíño e Tamara foron as mellores pola banda visitante. Nos últimos minutos o empuxe das herculinas meteu atrás o filial, pero resolveron e aguantaron o tirón neses últimos minutos e acadaron un balsámico punto despois de moito e moi bo traballo.
1ª Estatal, xornada 24
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF Rioja (1-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Laura Tesouro, Dolo, Espi, Patri (cinco inicial), Cris, Tati, Noe, Yaiza.
- Goles: 0-1 Silvia (min. 13); 1-1 Laura Tesouro (min. 24); 1-2 Carmen (min. 31); 1-3 Silvia (min. 38).
Foi un partido moi igualado entre as dúas escuadras, pero onde o maior acerto das riojanas fixo que se levasen o partido e os tres puntos, mentres que as herculinas seguen en postos de perigo. Das nosas, foi Patri a que participou no 5 inicial.
O Viaxes Amarelle FSF terá que seguir traballando de face este tramo final de liga. O vindeiro sábado 25 de abril o equipo dirixido por José Carlos Martín, Chipi, terá que visitar a complicada pista do Roldan FSF a partir das 18:00 horas.
Máis información
- Clasificación da 2ª División Estatal. Gr.4.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
Novas relacionadas
- Medio centenar de pequen@s disfrutaron do Campus Fisober de Semana Santa:
- FSF: Aferrándose á salvación.
- Unha Semana Santa de FSF entre Lira e Esteiro.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
- Eva Lema, campiona de España ca Selección Galega de Fútbol Sala.
- A fisterrá Leny voltou de Australia cun cúmulo de experiencias.
Crónicas da temporada
- FSF: Nova xornada completa dos 5 equipos costeiros.
- FSF: Fisober B e Lira empataban mentres o Ponteceso ameaza o liderato.
- FSF: A xornada trae de premio a convocatoria de Eva Lema ca Selección Galega.
- FSF: O Ponteceso amosou o seu potencial en Carnota.
- FSF: Eva e Patri afianzan ao Viaxes Amarelle na máxima categoría mentres o Fisober sobre o Entroido.
- O Vila de Cee pon a nota positiva na xornada.
- FSF: Xornada de derrotas no fútbol sala costeiro agás para Eva e Patri no Amarelle.
- FSF: Patri afiánzase como goleadora na máxima categoría:
- FSF: Segunda vitoria viaxeira para o Fisober.
- FSF: Eva e Patri confírmanse como referencias na máxima categoría.
- FSF: Fin de ano a medias.
- FSF: Resultados dispares para unha fin de semana solidaria e con derbi.
- FSF: O Fisober xa sabe gañar na 2ª Estatal e o Ponteceso confirma o seu dominio na Provincial.
- FSF: Un xornada con vitorias, derrotas, goles e ata polémica.
- FSF: O Fisober non arrinca mentres 3 costeiros asaltan a Liga Provincial.
- FSF: Xornada de vitorias e empates.
- FSF: Un derbi de empate.
- O Ponteceso FSF leva o derbi da Liga Provincial.
- FSF: Xornada de derbis, empates e derrotas.
- FSF: Xornada de avións e partidos apretados.
- O Fisober estreou campaña cunha festa.
- O Lira FSF estrea a Liga Provincial con vitoria.
- O Lira FSF estreouse por todo o alto.
- Un comezo deportivo para o Vila de Cee FSF.
- Patri Romaní e Eva Lema comezan unha nova etapa na máxima categoría do Fútbol Sala Feminino.
- Crónica dunha primeira gran tempada do FSF Vila de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.