Martes. 17.09.2024
El tiempo

FSF: O Ponteceso métese nunha final da Copa Provincial á que non pode chegar o Vila de Cee

FSF: O Ponteceso métese nunha final da Copa Provincial á que non pode chegar o Vila de Cee
Viaxes-Vila de Cee-Foto-Amarelle

Tiñamos dous e só nos queda un representante na Copa Provincial do Fútbol Sala Feminino. O Ponteceso FSF sufríu ante o Vila de Cruces e tivo que tirar da tanda de penaltis para meterse na final copeira. Unha final á que tamén quixo chegar o Vila de Cee, que se atopou cun gran Viaxes Amarelle C que puido coas ceenses, que así e todo celebraron un gran final de ano.

Copa Provincial, volta das Semifinais

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Cruces FSF (3-4) (3-1 nos penaltis).

Menuda eliminatoria. Chegaba o cadro pontecesán ca vantaxe do 3-4 da ida na Vila de Cruces. Pero o equipo visitante chegou á vila de Pondal coas baterías postas e meteu presión ata o final ás rapazas de Barca. Repetiuse o resultado da ida, polo que houbo que ir aos penaltis, nos que as costeiras pasaron á gran final, na que se enfrontarán ás cadetes do Viaxes Amarelle.

Copa Provincial, volta das Semifinais

  • Resultado: Viaxes Amarelle C - Vila de Cee FSF (4-1)
  • FSF Vila de Cee: Carla, Alba, Adriana, María de Dumbría, Andrea. Tamén: Laura e as Infantís María Lijo, Paula Trinidad e Vanesa.
Imaxe do Vila de Cee - Amarelle-Foto-Viaxes

Comezaron as Ceenses moi ben o partido, dominando o mesmo creando moitas ocasións de gol e no ecuador da primeira parte María de Dumbría consegue marcar a pase de Andrea. As ceenses seguían dominando o xogo e puideron marcar en varias ocasións o 2º gol, mais a mala fortuna cara a porta contraria e as moi boas intervencións da porteira contraria o impediron. Nos últimos segundos da primeira parte nunha das escasas ocasións do Viaxes Amarelle, estas conseguen marcar o 1-1 resultado co cal vaise para o descanso.

Xa na segunda parte a remontada da eliminatoria púxose moi difícil para o Vila de Cee. Aos poucos minutos o Viaxes Amarelle consegue marcar o 2-1. As ceenses empezaron a pagar o esforzo físico da primeira parte, e con poucos cambios no banquillo, arriscando o máximo, ocasionou moitas contras do Viaxes Amarelle o cal acabou vencendo 1-4.

Bo peche a un gran ano en Cee

Rematou unha moi boa tempada para o Vila de Cee, cun 5º posto na liga e chegando a semifinais na Copa, o Equipo pese a sufrir o longo do ano moitas baixas por lesións demostrou un gran nivel de competición.

Nesta útlima crónica da tempada as estrelas van ser dadas de forma moi especial:

  • 3* Carla: Evolucionou un mundo coma porteira do equipo e nos momentos mais delicados da tempada soupo manter o tipo e volverse arriba.
  • 3* Belen: Aínda que por motivos laborais apenas puido xogar e axudar sempre estivo apoiando as súas compañeiras e animando e colaborando co club.
  • 3* Vanesa: Porteira infantil do Club, cedida por Viaxes Amarelle, todo un espectáculo nos poucos partidos que puido xogar. O Vindeiro ano brindaranos moitas alegrías.
  • 3* Alba: Cerre de garantía total, traballo mais traballo a favor das súas compañeiras e do equipo.
  • 3* Sandra: Cerre, ganas, calidade e esforzo, tivo algúns problemas cas lesións este ano, aínda así sempre que estivo mostrou gañas e gañas e intensidade.
  • 3* Marta: Pivot, en plena transformación do seu posto pasando de Cerre a Pivot, vive o equipo con paixón e aportou novas solucións o xogo do equipo.
  • 3* María Dumbría: Ala, traballo, calidade e sobre todo colocación, indiscutible e imprescindible durante toda a tempada.
  • 3* Laura: Ala, no o seu retorno o Fútbol Sala despois de moitos anos sen xogar custoulle coller o ritmo da competición, aínda así aportou seu traballo e moitas alternativas no ataque do equipo.
  • 3* Serena: Pivot, ganas e ganas de practicar este deporte fan dela unha pivot inquietante para calquera defensa.
  • 3*Fernanda: sen chegar a xogar formou parte do grupo, sempre entrenando e axudando as súas compañeiras.
  • 3* Paula Insua: Pivot, Unha cadete que no seu primeiro ano no equipo unha lesión cortoulle unha evolución espectacular, calidade técnica impresionante e por riba de todo a alegría do equipo.
  • 3* Paula Trinidad: Infantil, pode xogar de Cerre ou de Ala, fisicamente incansable, moi boa colocación e moi boa tecnicamente. O vindeiro ano dará o salto o equipo Senior e será unha das sensación do equipo.
  • 3* Lucia Barreiro: Infantil, pivot, futura dianteira do equipo, nervio e explosión moi técnica so súas características mais importantes.
  • 3* María Lijó: Infantil, universal, calidade técnica, colocación e visión do xogo, súas cualidades mais importantes, igual que Paula Trinidad incorporaranse o equipo Senior o vindeiro ano de forma definitiva e ambas serán as sensacións do equipo.
  • 3* Andrea : Pivot, a estrela do equipo, máxima goleadora da Liga Provincial, e zurda de oro, o espectáculo na pista.
  • 3* Adriana: Capitana, Univerasal, o motor do equipo, a veterana e o referente de todas. Xogou en todos os postos do equipo, imprescindible, defensa, goles, empuxe. Teno todo , a xogadora mais completa de todas.

Un gran ano para a familia ceense, que xa pensa no seu campus e na vindeira campaña co equipo masculino.

Campus en Cee

Campus Vila de Cee FSF Xa está en marcha o I Campus de Fútbol Sala FSF Villa de Cee – Ferroatlántica. Despois de moitas conversas grazas a Santiago Futsal , Viaxes Amarelle, Olimpia-Cee, Concello de Cee, Deputación da Coruña, Estación de Servizo Bazarra, e o principal patrocinador Ferroatlántica, todos eles fixeron posible que este proxecto nos saíse adiante. Queda aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día venres 26 de xuño.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios