Luns. 04.11.2024
El tiempo

FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica

FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica
Ponteceso FSF conseguiu o ascenso a Liga Autonomica

Fin de semana de vertixe para a familia do Ponteceso FSF. Tiñan dous partidos para cerciorar o seu ascenso, e así o fixeron as rapazas de Barca. Empataban o venres en casa ante o Meca un partido aprazado e o domingo, visitaban a pista do Cruces FSF onde certificaban o seu ascenso á Liga Autonómica, só 5 anos despois da súa creación. Un equipo que segue medrando e que aspira a moito máis.

As que non voltaron satisfeitas da súa viaxe foron as rapazas do Fisober, que facían a última saída da tempada, na que necesiitaban a vitoria en terras toledanas para acadar a permanencia, pero non foron quen de lograla e a cousa se complica. Agora a salvación do Fisober xogarase o vindeiro sábado en Vimianzo fronte o Alcorcón B, todo a unha carta e fronte a un rival moi forte, a vitoria da a salvación e de non ser así o descenso, tendo así novo derbi entre vimiancesas e pontecesás.

2ª División Estatal

  • Resultado: MORA F.S.F. – FISOBER F.S.F. (3-0).
  • FISOBER: Leti, Mai , Inés, Ana e Noelia; tamén xogaron: Laura e Raquel.
    • As rapazas do Fisober seguen disfrutando das viaxes

      A xuventude de boa parte do plantel fixo que os nervios atenazaran as xogadoras costeiras e dificultaron en boa maneira o rendemento no partido. O inicio do encontro estivo marcado polas imprecisións en ambos conxuntos. As costeiras non eran quen de facer o seu xogo debido a que se mostraron demasiado nerviosas durante a disputa do partido, incluso cando acadaban posicións claras para o gol.
      Todo empeorou cando os sete minutos despois dun saque de esquina un lanzamento dende fora do área de María Carrobles adiantaba as locais, un mazazo para as visitantes. Aínda así as costeiras nunca se renderon e tiveron as súas mellores ocasións a contra pero sen chegar o éxito. Peor aínda cando se chegaba o final da primeira metade , co gol da local Laura despois dun lanzamento que rozaba nunha xogadora costeira para desviar o balón e despistar a Leti. Con dous a cero chegouse o tempo de lecer.

      A segunda metade continuou co mesmo guión, pero co paso dos minutos as costeiras estaban cada vez máis presionadas polo resultado e polas malas novas que chegaban dende Pontevedra. E cando chegaban ocasións claras errábanse de maneira incomprensible, os nervios a veces xogan malas pasadas. A falla de oito minutos debían arriscar as costeiras, solo valía a vitoria e tiraron do xogo de cinco. Pero non acadou o éxito o xogo en superioridade e incluso a pouco do final un roubo da local Clara permitiu que fixera a pracer o terceiro gol local. Un resultado co que se chegou o final do partido.

      Liga Provincial, xornada 25

      • Resultado: Cruces FSF - Ponteceso FSF (1-3)
      • A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Elsa , Cintia e Martina.
      • Goles: 1-0.- Silvia (min.5); 1-1.- Carmen (min.8); 1-2.- Cintia (min.12); 1-3.- Elsa (min.33).
      • Saían enchufadas e presionando arriba dende o pitido inicial e intentando ter o control do xogo, mentras que as locais estaban encerradas atrás e baseando o seu xogo nos balóns en largo e as contras. No minuto 5 chegaría o primeiro tanto do encontro, pois Salomé erraba nun tiro de Silvia, que acababa mentendo o balón na súa propia portería, valendo o gol para o Cruces. Co marcador en contra non cambiaron o ritmo de xogo as pondalianas, que seguían xerando ocasións e, sería Carmen a que, tras un pase de Cintia, poñía as táboas no luminoso. A partir do empate comezaron a impacientarse as locais, indo ó límite en cada xogada con duras entradas sobre as da vila de Pondal. Tras unha dura entrada a Sandra, Noa sacaba a falta e Cintia controla,xírase e fai o segundo para o Ponteceso, tanto que casi non celebran pola preocupación polo estado de Sandra. Ainda quedaba moito para que rematase a primeira metade, pero ningún dos equipos conseguía materializa-las ocasións. Probaban as locais coas contras, pero a boa defensa pontecesana impedía que chegasen á portería. Irían cara os vestiarios co 1-2 no marcador.

        No segundo período non cambiarían as cousas. As xogadoras de Barca e Curro dominando o encontro sen fortuna de cara o gol e as de Vila de Cruces cos balóns en largo sen crear perigo. Volvían a ter ocasións as pontecesanas. Cintia e Noa probaba de lonxe, pero sen fortuna. Sería a 7 minutos do final cando Elsa faría o terceiro, de xogada ensaiada tras un saque de córner de Cintia. Non se conformaban tampouco as xogadoras locais, que o seguían intentando con balóns en largo e con tiros desde fóra da área, ademais de seguir co xogo duro vendo a permisividade do colexiado. Pero todos os intentos por que o Ponteceso non conseguise a vitoria foron en vano, pois chegaría o final co 1-3 no marcador, conseguindo así o equipo pontecesán os 3 puntos que lle dan, matematicamente, o ascenso á Liga Autonómica, xa que o primeiro clasificado, o Viaxes Amarelle FSF C, non pode subir de categoría por estar na misma o filial B do Viaxes Amarelle.

        Na vindeira e última xornada de Liga o Concello de Ponteceso enfrontarase ó Troula FSF en Ponteceso, onde poderán celebrar o ascenso, tras tan só 5 anos de existencia do clube, coa súa afección.

        Liga Provincial, xornada 25

        • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. – ESPARTANAS (1-2).
        • FISOBER B: Paula Lema, Andrea Muíño, Tamara, Laura e Andrea Piroja ; tamén xogaron : Alejandra e Antía.
        • Goles: 1-0 Alejandra, (descanso), 1-1 Ana , 1-2 Ana.

        Partido correspondente a xornada 22 aprazado pola folga na Federación Galega que se disputou na mañá do venres no Pavillón de Baíñas. Rachou a súa xeira de tres partidos sen perder o filial e volveu as andadas e a irregularidade que están a amosar perante toda a tempada, xa que xogou o ritmo e o xogo que quixeron as visitantes, incapaz de facerse co control do partido. Chegaban os dous equipos xustos de efectivos debido as numerosas baixas para este partido aprazado. O partido en si non tivo nada de especial, xa que caeu do lado do equipo que mellor aproveitou as poucas oportunidades que tivo o encontro.

        Despois dunha primeira metade sen moitas ocasións, Alejandra ,que debido as baixas xogou todo o partido como xogadora de campo moito tempo despois, marcaba o cero a un para as locais a falla de cincuenta segundos para chegar o tempo de lecer.
        A segunda metade seguiu co mesmo guión, sen un dominador claro e cheo de imprecisións. Pero sendas faltas na frontal foron aproveitadas por Ana nos minutos oito e doce desta segunda metade para poñer en vantaxe as herculinas, algo que xa non abandonaron. Tentaron igualar o partido as locais pero non foron quen. Incluso nos últimos catro minutos sacaron o xogo de cinco para acadalo aínda que sen éxito.

        A vindeira semana remata a Liga para o filial que terá que enfrontarse o campión Amarelle C e tamén xogar o aprazado fronte a C. A Meca herculino.


        Liga Provincial, xornada 25

        A porteira do Carnota Lira FSF ante o Amarelle
        • Resultado: Viaxes Amarelle FSF C - Concello Carnota - Lira FSF (6-1)
        • Concello Carnota - Lira FSF: Lía, Alba, Martina, Sandra, Bárbara (cinco inicial), Inés, Isa.
        • Goles: 1-0 Martita (min. 3); 2-0 Martina (propia puerta) (min. 8); 3-0 Paula (min. 26); 3-1 Bárbara (min. 33); 4-1 Goretti (min. 36); 5-1 Marta (min. 37); 6-1 Carlota (min. 40).
        Carnota-Lira FSF ante o Amarelle

        Non puideron as lirachas coas cadetes do Viaxes Amarelle, xa matematicamente campionas de Liga antes de comezar o partido.

        A primeira metade empezou cun Viaxes Amarelle FSF envorcado en ataque e un conxunto visitante sen medo e presionando a saída de balón das herculinas. O partido estaba de face para o Viaxes Amarelle FSF C, pero unha boa actuación da meta visitante impediu que o marcador movésese do 2-0 ata o tempo que restaba ao descanso.

        Na segunda metade o partido seguía coa mesma dinámica, un Viaxes Amarelle FSF C creando xogo e buscando a portería rival e un Concello de Carnota - Lira FSF intentando roubar o balón e saír. As boas accións da porteira visitante impedían o gol, ata que no minuto 26 Paula conseguía poñer o 3-0. Nunha xogada persoal de Bárbara no minuto 33 chegaría o gol do Concello de Carnota - Lira FSF, para recortar distancias co 3-1. Este gol fixo reaccionar ás locais que a falta de catro minutos ampliaban a renda ata o 4-1 tras un disparo exterior de Goretti.

        Carnota-Lira FSF ante o Viaxes Amarelle

        Liga Provincial, xornada 22

        • Resultado: Vila de Cee - Grupo Work (3-3)
        • VILA DE CEE: Carla, Alba, Adriana, María e Andrea. Tamén: Marta, Paula Trinidad e María Lijó.
        • Goles: 0-1: Adriana; 0-2: Andrea; 0-3: Andrea; (descanso); 1-3; 2-3; 3.3
        Vila de Cee ante o Work

        Na primeira parte as ceenses, a pesar das baixas que lles obrigaron a contar ata con infantís, foron a polo partido, totalmente enchufadas os poucos minutos conseguen marcar o primeiro gol, obra de Adriana, continuaron a dominar o xogo e sobre o minuto 10 conseguen marcar de novo , nesta ocasión Andrea, o Grupo Work non era capaz de frear as ceenses, as cales xa faltando 5 minutos volven marcar de novo o 0-3, outra vez obra de Andrea, cun precioso gol marcado sen ángulo dende a linea final de campo. Remataba a primeira parte cun contundente 0-3 a favor das ceenses.

        Cambiarían as cousas na segunda parte, O Grupo Work decidiu ariscar e saír de 5 ca porteira xogadora. As Ceenses defendíanse case sen problemas e sen que as locais lles creasen moito perigo. Pero xa no ecuador da segunda parte as Ceenses empezaron a perder forzas, polos poucos cambios que podían facer, e conseguen marcar o Work o 1-3, intentaron as rapazas do Villa de Cee saír a contra e tiveron dúas ocasións seguidas pero a fortuna non estivo da súa parte. O Work consegue marcar o 2-3 nun erro defensivo das Ceenses, e no tramo final do partido entre o baixón físico e os nervios das Ceenses o Grupo Work consegue o 3-3 definitivo.

        A vindeira semana as ceenses xogaran unha dobre xornada, o venres na Coruña contra o Viaxes Amarelle, recente campión da Liga, xornada atrasada, e o sábado contra a Baña, última xornada da Liga.

        Familias do Vila de CEe FSF e do Grupo Work

        1ª División Nacional, xornada 27

        • Restultado: Viaxes Amarelle FSF - AD Alcorcón FSF (2-2)
        • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Dolo, Lidia Mesías, Espi, Cris (cinco inicial), Laura Tesouro, Patri, Tati, Yaiza.
        • Goles: 1-0 Espi (min. 4); 2-0 Espi (penalti) (min. 5); 2-1 Isa García (min. 36); 2-2 Anita Luján (min. 38).
        Patri co Viaxes Amarelle

        O Viaxes Amarelle FSF acertou con dous goles nos primeiros cinco minutos e dedicar a defender a súa renda durante os 35 minutos restantes ante un AD Alcorcón FSF dominador no xogo pero ao que lle custou moito superar a defensa herculina, ata que se puxo a xogar de cinco e conseguiu empatar o encontro 2-2. Reparto de puntos para que o Viaxes Amarelle FSF siga fose dos postos de descenso a falta de 3 xornadas para terminar a competición.

        Eva non estivo co equipo pero si Patri, que entrou dende o banco.


        Máis información

        Novas relacionadas

        Crónicas da temporada

        Fonte

        • Redacción de QPC ([email protected]).
        • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios