Martes. 10.09.2024
El tiempo

FSF: Ponteceso e Vila de Cee, ás Semis da Copa Provincial

FSF: Ponteceso e Vila de Cee, ás Semis da Copa Provincial
As ceenses do Vila de Cee FSF venceron ao Grupo Work na Copa Provincial

Temos dous equipos nas semifinais da Copa Provincial. O Ponteceso FSF e o Vila de Cee selaron o seu pase ás semis. Terán agora complicados cruces. O Ponteceso comeza na Vila de Cruces as semis, mentres as ceenses farano na casa ante o Viaxes Amarelle.

Ademais, Eva e Patri foron titulares no pase á final da Copa Deputación para o Viaxes Amarelle. O equipo de Chipi, descendido á 2ª Estatal, polo menos poderá disfrutar dunha final o vindeiro mes de novembro. Patri, ademais, foi goleadora e Eva, titular.

E ollo, que esta fin de semana Cee acollerá un doble enfrontamento, pois ademais da semi da Copa feminina, o novo equipo masculino terá outro amistoso.


Copa Provincial, Volta dos Cuartos

  • Resultado: Grupo Work - FSF Villa de Cee (1-2)
  • VILA DE CEE: Carla, Alba, Adriana, Andrea e María de Dumbria. P articiparon tamén Marta, Sandra e as infantís María Lijó e Lucia Barreiro.
  • Goles: 1-0 (descanso); 1-1: Adriana; 1-2: Andrea.
Work-Vila de Cee da Copa

O partido de volta de ¼ Final da Copa Provincial Feminina , no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro na Coruña, onde o Grupo Work recibía o FSF Villa de Cee, onde as Ceenses traían un bo pero perigoso resultado do partido de Ida na casa cun 4-2.

Na primeira parte saíron as Ceenses conscientes de ter que defender os dous goles de vantaxe que tiñan na eliminatoria, e ademais esperando unha saída en tromba por parte do adversario. As rapazas do Grupo Work dominaban totalmente o xogo, combinando ben e asumindo o control do partido, as ceenses esperaban atrás , sen sufrir demasiado, pero nunha xogada desafortunada e nun erro defensivo o Grupo Work conseguiu marcar o 1-0 os cinco minutos da primeira parte. Aínda así a eliminatoria seguía a favor do FSF Villa de Cee, as Ceenses continuaron co guión establecido, aguantando atrás ben e intentando saír a contra. As coruñesas dominaban o partido pero sen crear demasiado perigo. Rematouse así co 1-0 a primeira parte e co pase aínda a favor das ceenses.

Xa na segunda parte, o FSF Villa de Cee, saíu o campo cun guión novo, alienaron de saída a infantil María Lijó e decidiron ir a polo partido e a pola eliminatoria sen esperar atrás, e sorprendendo o Grupo Work, comezaron a dominalo xogo e crear varias ocasións, e sobre o minuto 10 consegue marcar Adriana o 1-1. As coruñesas vendo que se lles escapaba o pase a semifinais decidiron ariscar e saír de 5 ca porteira xogadora. As ceenses defendíanse ben, e nun roubo de balón Andrea sae a contra e consegue marcar o definitivo 1-2, as rapazas do FSF Villa de Cee, tiraron de oficio e conseguiron cerrar a súa portería e gañar así o partido e o seu pase a Semifinais.

As estreliñas neste partido quedan 3* para a capitana do equipo, liderou en todo o partido as súas compañeiras e consegue marcar o 1-1, 2* para a Infantil María Lijó, a súa saída na segunda parte revolucionou o xogo das Ceenses e 1* para a porteira Carla, cun partido formidable.

Con todo isto o FSF Villa de Cee xa está en Semifinais da Copa, e o vindeiro Sábado tócalle o partido de Ida co campión da liga Viaxes Amarelle, eliminatoria moi complicada e difícil para as Ceenses, pero estas rapazas nunca se renden e intentaran chegar a final con traballo e ilusión.

Imaxe do Grupo Work-Vila de Cee

Copa Provincial Feminina, volta dos Cuartos

  • Resultado: Ponteceso FSF - AD A Baña (0-2)

Traían un cómodo 0-3 da ida as pontecesás pero acabaron sufrindo ante o cadro da Baña que se colocou 0-2. Aguantaron ben as costeiras e conseguiron o pase ás semis.


Copa Deputación

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Hércules Axa FSF (5-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Eva, Dolo, Lago, Patri, Yaiza (cinco inicial), Laura Tesouro, Xiana, Ana, Lidia Mesías, Espi.
  • Goles: 1-0 Patri (min. 1); 2-0 Lago (min. 5); 2-1 Rita (min. 5); 3-1 Lidia Mesías (min. 31); 4-1 Lidia Mesías (min. 33); 5-1 Yaiza (min. 38).
Eva foi titular co Viaxes O Viaxes Amarelle FSF afrontaba hoxe o último partido da tempada con José Carlos Martín, Chipi, no banquiño. O encontro presentouse complicado ante un Hércules Axa FSF que se encerrou en 8 metros a defender e apenas deu opcións ás xogadoras de Chipi para xogar, aínda que finalmente vitoria contundente por un marcador de 5-1, que lle confire o pase á final de Copa Diputación, que se disputará no próximo mes de Setembro. A primeira metade empezou cun rápido gol de Patri no primeiro minuto de xogo que xa poñía de face o partido para as pupilas de Chipi. O Hércules coa idea de encerrarse na súa propia área pequena impedindo contras rápidas e xogadas de combinación da escuadra local. O Viaxes Amarelle FSF tiña o balón pero custáballe xerar perigo, pero no minuto 5 de partido Lago poñería o 2-0 no marcador. O luminoso estaba de face para as locais, pero uns segundos máis tarde, Rita conseguía reducir distancias cun gol de falta de 7 metros que subía o 2-1. De aí ao final do partido moito balón para o equipo local, pero con moi pouco perigo, ante un conxunto visitante centrado en tarefas defensivas e sen arriscar en ningún momento para dar a volta ao marcador. Na segunda metade, máis do mesmo para os dous equipos que non eran capaces de mover o marcador. Unha xogada de falta en cancha propia a favor da escuadra visitante asusto ás locais que tras un taconazo de Sarita o balón estrelábase no poste da portería defendida por Eva. Na medianía da segunda parte unha rápida combinación de Lidia Mesías terminaría coa propia xogadora no área pequena rematando a pracer o 3-1. Un par de minutos máis tarde, nuevamente Lidia Mesías cun disparo exterior conseguía despistar á meta visitante para subir o 4-1 ao marcador. Cun marcador máis claro, o Hércules Axa FS arrisco un pouco máis buscando máis a portería rival, pero sen demasiado perigo sobre a portería defendida por Eva. A falta de dous minutos, Yaiza conseguía poñer o 5-1 cun disparo exterior desde 12 metros, que ao cabo sería o definitivo gol. Patri marcou co Viaxes

Finde de FS en Cee

Finde de FS en Cee

Campus en Cee

Campus Vila de Cee FSF Xa está en marcha o I Campus de Fútbol Sala FSF Villa de Cee – Ferroatlántica. Despois de moitas conversas grazas a Santiago Futsal , Viaxes Amarelle, Olimpia-Cee, Concello de Cee, Deputación da Coruña, Estación de Servizo Bazarra, e o principal patrocinador Ferroatlántica, todos eles fixeron posible que este proxecto nos saíse adiante. Queda aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día venres 26 de xuño.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • FSF: Boa fin de semana pensando no Campus.
  • Comentarios