Luns. 04.11.2024
El tiempo

FSF: Xornada de derbis e de base

FSF: Xornada de derbis e de base
Fisober-Valdetires

Completa foi a fin de semana para os equipos do Fútbol Sala Feminino. Por arriba, o Fisober caía de novo no derbi co Valdetires Ferrol, opolo que aínda necesita 3 puntos que lle poden dar a permanencia na 2ª División Estatal, cando quedan 2 xornadas.

Xa na Liga Provincial, foi unha fin de semana para as rapazas do FSF Villa de Cee, xogando o venres contra o Fisober FSF na casa e o sábado visitando o Carnota Lira FSF.

Ademais, o Conco acollía o campionato comarcal con boa participación das nosas pequenas.

2ª División Estatal

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – VALDETIRES FERROL F.S.F.: (0-5)
  • FISOBER: Leti, Ana, Inés, Noelia e Laura; tamén xogaron: Mai, Raquel e Tamara.
  • Goles: 0-1 Eva, (descanso), 0-2 Erika, 0-3 Erika, 0-4 Alba, 0-5 Erika.
Fisober - Valdetires

Partido disputado no Pavillón de O Conco de Dumbría na tarde do sábado xa que o Pavillón de Vimianzo estaba ocupado ca xuntanza dos maiores. Necesitaba tres puntos para acadar a permanencía o Fisober e non era o mellor dos visitantes para acadalo, un recén descendido e xogándose praza para a promoción de ascenso, parecía un difícil rival, todo un derbi de necesidades contrapostas no Conco. Aínda así tentouno o conxunto costeiro.

Os dous equipos saían a pista moi necesitados. Dominio visitante e unhas locais que tentaban crear perigo a contra.As departamentais dominaban o partido pero non poñían en excesivos apuros a meta defendida por Leti grazas o excelente traballo das súas compañeiras. Así foron pasando os minutos , ata que no sete apareceu Eva para adiantar as visitantes. A pesares do gol pouco mudou o guión do partido. Dominio visitante e bo traballo defensivo das costeiras esperando a súa oportunidade. Co resultado de cero a un chegouse o tempo de lecer.

Na segunda metade pouco mudou o escenario. As visitantes seguían a ter o control do balón pero sen moito perigo sobre a porta local. No minuto 27 produciuse a xogada que puido ser chave no partido, unha contra das costeiras pillou despistadas as visitantes e Raquel tivo a oportunidade para igualar o electrónico, pero o seu lanzamento foise cruzado por pouco. A resposta visitante non se fixo esperar e solo un minuto despois Erika sacaba a súa zurda e facía o cero a dous, e máis cando dentro do mesmo minuto a mesma Erika facía o terceiro gol visitante e mataba o partido. O golpe moral e o físico foi moi duro para as costeiras.
Co paso dos minutos acrecentouse o dominio visitante. A cinco para o fin Alba facía o cuarto e a tres para o fin Erika, que chegou a ser internacional con España a tempada pasada, completaba a súa tripla de goles.

Liga Provincial, xornada 25

  • Resultado: VILLA DE CEE F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F.: (2-2).
  • VILLA DE CEE: Belén, Adriana, Alba, Andrea e María Dumbría; tamén xogaron : Sandra, Marta, Carla e María Lijó.
  • FISOBER B: Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño, Andrea Muíño e Laura; tamén xogaron Tamara, Andrea Piroja, Antía e Paula Lema.
  • Goles: 1-0 Andrea, 1-1 Laura, (descanso), 2-1 Tamara en p.p. , 2-2 Laura.

O venres o FSF Villa de Cee xunto co Fisober adiantaban o seu partido correspóndente a xornada 25. A primeira parte foi moi igualada no xogo e no domino do partido, que non se decidiu ata o último segundo e que tivo unha parte para cada equipo. Arrancou ben o filial do Fisober, que quixo o dominio do balón de saída, vendo como as locais preferían esperar para saír a contra. Comezaron as ceenses adiantándose no marcador, nunha xogada moi afortunada, pero xa case a finais da primeira parte o Fisober consegue empatar.

Saían os dous equipos dos vestiarios despois da igualada da primeira metade. Pero cambiaba o guión, as locais decidiron ir a polo partido e arriscaron máis. As ceenses saíron a polo partido e conseguiron marcar cun tanto en propia meta. Alternábanse as ocasións para un e outro bando, como unha de Andrea para as visitantes.

Debía de asumir riscos o filial e as locais tentaban sacar vantaxe da situación. Pasaban os minutos e parecía que nada ía trocar. Ata que nos últimos segundos o filial decidiu sacar o xogo de cinco. E xa faltando 10 segundos, un lanzamento de Laura no último segundo fixo xustiza e deixou a igualada no electrónico.

Liga Provincial, xornada 24

  • Resultado: Carnota Lira FSF - FSF Villa de Cee (0-3)
  • Goles: 0-1: Andrea; 0-2: María; 0-3: Adriana.

Saíron as Ceenses a polo partido o cal dende o principio moveron perfectamente a pelota e dominaron o xogo totalmente, mentres as rapazas do Carnota/Lira trataban de defenderse e cometían numerosas faltas. Remataron a primeira parte con 0-1, gol obra de Andrea. Xa na segunda parte O Carnota/Lira intenta levantar o partido e nos primeiros minutos consegue marcar e empatar. As Ceenses volvéronse a emplear a fondo e conseguiron marcar o 0-2 e o 0-3 definitivo , obra de María e de Adriana.

Liga Provincial, xornada 24

  • Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Viaxes Amarelle FSF C (1-1)
  • Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Ana, Noa, Carmen, Sandra (cinco inicial), Cintia, Elsa, Martina.
  • Viaxes Amarelle FSF C: Aida, Lía, Tati, Goretti, Martita (cinco inicial), Mónica, Paula, Marta, Ana.
  • Goles: 0-1 Tati (min. 12); 1-1 Sandra (min. 21).

Enfrontábanse as pontecesás ao equipo cadete do Viaxes Amarelle FSF, que non foi capaz de cantar o alirón no enfrontamento pois só puideron empatar 1-1. Deste xeito a falta de tres partidos para terminar a competición, o Viaxes Amarelle FSF C necesita un punto máis para poder confirmar matemáticamente o título de liga, mentres as pontecesás aseguran a 2ª praza.

Liga Provincial, xornada 24

  • Resultado: A Baña - 5 Coruña BeArt (0-6)
  • 5 Coruña FS: Gema, Veiga, Mel, Leny, Ali -5 inicial- Anita e Lupe.
  • Goles: 0-1 min.5 Mel; 0-2 min.8 Lupe; 0-3 min.23 Leny; 0-4 min.27 Mel; 0-5 min.32 Leny; 0-6 min.39 Leny.

A fisterrá Leny foi clave na vitoria clara do BeArt ante A Bañá. Fixo un gran triplete que deixa aos herculinas a só 4 puntos do Concello de Ponteceso pelexando aínda pola 2ª praza.


Campionato Comarcal das peques

Fisober Infantil

Disputouse na mañá do sábado o intercomarcal feminino no Pavillón Municipal de O Conco de Dumbría a onde o Fisober F.S.F. adestrado por Dani Costa, acudiu co equipo alevín e o infantil, que acadaron sendos segundos postos. Tamén estiveron as ceenses do Vila de Cee, campionas en Infantís.

Na categoría alevín disputouse a final que enfrontou a Fisober F.S.F. e Viaxes Amarelle, o resultado do partido foi de igualada a tres goles, e na tanda de penaltis a vitoria foi para o Viaxes Amarelle por dous a un.

Na categoría infantil desputouse un triangular, no que resultou vencedor o Villa de Cee por diante do Fisober e terceiro o Atletes de Esteiro. O Fisober venceu por 3 a 2 o Atletes e caeu por un contundente 10 a 0 fronte o Villa de Cee. No outro partido o Villa de Cee venceu por 11 a 2 o Atletes.

Vila de Cee campionas comarcais de Infantis Fisober Alevin

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora o Fisober, do Lira FSF, e o Vila de Cee FSF, 5 Coruña e Viaxes Amarelle.

Comentarios