Ligas Galegas: O Dumbría despídese da LG Infantil cun set

Gran vitoria e goleada, por fin, do Dumbría infantil, para despedirse da Liga Galega Infantil no Conco cun partidazo, cheo de ocasións, bo xogo e dominio constante, diante dun Lalín que baixou os brazos despois do terceiro gol local. Un Dumbría de Huelvis e Pablo Conde que pelexou como nunca pero que non puido evitar o descenso ás ligas comarcais.

En todo caso, moitos destes rapaces afrontarán para o ano o reto da División de Honra Cadete, para a que contarán coa perla da canteira do XSC, R, que vén de fichar polo Dumbría

Liga Galega Infantil – Aluminios Dumbría, xornada 13

  • Resultado: Dumbría - EF Lalín (6-1)
  • DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.41); Samuel, Toni, Luís, Álex, Moisés, Xan (Brais Martínez, min 50), Berto (Ángel Antelo, min.65), Adrián; Mateo (Iago Hermida, min.68), Brais Tajes (Ángel Sestayo, min.16)
  • Goles: 1-0, min.15: Brais Tajes, de gran tiro desde a frontal da área; 1-1, min.28; 2-1, min.34: Toni, resolve coa esquerda unha boa xogada individual, logo da saída dun córner; 3-1, min.58. Brais Martínez, de tiro con pouco ángulo, desde a dereita; 4-1 min.62: Adrián; 5.-1, min.66: Adrián, de cabeza; 6-1, min.72: Adrián de córner directo.

Comezou mandando o equipo costeiro, con boas aproximacións de Tajes e Mateo, aproveitando o bo facer da súa medular. O golazo dun tocado Tajes, que precediu ó seu cambio, foi premio a esta etapa de de dominio. O primeiro tempo avanzaba, e o Lalín estirouse ata provocar algunha acción de balón parado. Dunha desas veu o gol visitante. Nesta ocasión, o Dumbría non se veu abaixo, e antes do descanso volveu a marcar, por medio de Toni.

O segundo tempo foi un momento de xogo, ocasións, velocidade e orgullo dos dumbrineses. A entrada de Brais Martínez aportou moita profundidade pola dereita, fixo un golazo e creou moito perigo. Esta voráxine de bo xogo, foi culminada por un triplete do gran capitán Adrián.

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)