Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete



Sorte dispar para os nosos equipos nas Ligas Aluminios Dumbría. O Dumbría cadete confirmaba que o ano que vén volverá xogar no máximo nivel da categoría, na División de Honra, tras vencer ao pechacancelas en Porriño. Caso contrario o dos Infantís, que cunha nova derrota practicamente sentenzan o seu descenso ás ligas comarcais para o curso que vén. Así e todo, os adestradores están moi satisfeitos co traballo dos rapaces.
Mentres, o XSC dános unha seman alegrías e á seguinte preocupacións. Esta toca preocuparse pois ademais da derrota dos xalleiros sumáronse as vitorias dos seus rivais directos pola permanencia na Liga Galega cadete, Vilalbés e Orillamar, e cando quedan 4 xornadas, queda a 3 e 1 punto deles.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 31
- Resultado: Porriño Industrial - Dumbría (0-2)
- DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Jose, Marcos Mouro, Xavi (Luís, min.57), Raúl, Toja (Adrián, min.17), Mario (Eloy, min.41) e Brandón (Esteban, min.76).
- Goles: 0-1, min.72: en propia; 0-2, min.78: Marcos Mouro.
O Dumbría conseguía en Porriño una vitoria importantísima para selar definitivamente a permanencia, un ano máis, na DH cadete. Foi un mal partido dos xogadores dumbrieses, que incluso se viron superados na primeira metade por un Porriño, colista da categoría e xa descendido, que mostraba unha actitude digna de alabar na que seus xogadores exprimían ó seu orgullo a pesar de xa non xogarse nada. Tería una clara ocasión o equipo local nesta primera metade por medio do xogador Marco que no man a man con porteiro dumbriés Jorge pero este consigue tapar e evitar o gol á media hora. O mellor para o Dumbría neste primero tempo sería ir para os vestuarios con 0-0 inicial sen encaixar ningún tanto.
Xa na segunda metade o equipo costero amosaba máis ambición e buscaría o gol, aínda que sen xogar ben, e tería alguna oportunidades por medio de Brandón e Adrián. Pero os goles non chegarían ata o treito do final do encontro cando no 72, Fabián en propia porta logo dun centro do camariñán Brandón, enviaba a pelota ó fondo da súa portería. O segundo e definitivo tanto dumbriés sería obra de Marcos Mouro, a un do remate, deixando o marcador final no 0-2 e ao equipo de Juan e Joaquín un ano máis na máxima división da categoría cadete.
Liga Galega Cadete, xornada 31
- Resultado: Xallas StComba - Ural (1-2)
- XSC: Rubén, Raúl, Pablo (Gullín), Alberto, R; Juanjo (Óscar), Carlos (Grille); Adrián (Manuel), Juan Lois, Thiago e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, min.18: Adrián; 1-1, min.40; 1-2, min.55.
Non mereceu a derrota o XSC nun partido onde dominou na primeira metade, na que gozou de numerosas oportunidades de gol como para irse ao descanso cunha cómoda vantaxe no marcador, pero un gol en propia meta, na última acción da primeira metade, rompeu aos xalleiros, que poucos minutos antes viron como Carlos tiña que abandonar o terreo de xogo lesionado.
Os primeiros corenta minutos fuero de bo xogo local, cun Ural moi perigoso nas contras, pero sen crear grave perigo e un XSC que chegaba á meta visitante en varias oportunidades, pero unhas veces a actuación do meta uralista e outras o desacerto á hora da finalización, fixeron que o marcador finalizase cun 1-1 absolutamente inxusto.
Tralo descanso mantívose a tónica, cun XSC que buscaba o 2-1 e un Ural que levaba perigo nas súas accións a balón parado. Pero nunha indecisión da zaga local chegaría o 1-2, que deixou tocados aos xalleiros. Recompúxose nos últimos 15 minutos o Xallas de Santa Comba e puido empatar o encontro en varias oportunidades, sobre todo en dúas chegadas de Carlos Rieiro que non acertou no man a man co porteiro visitante. Ao final, un 1-2 que complica aos verdelaranxas no seu afán de alcanzar a permanencia na categoría.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 7
- Resultado: Dumbría - Ural (2-4)
- DUMBRÍA: Juan (Breo, min.51); Samuel, Luis, Jhonny (Ángel Sestayo, min.53), Sergio; Toni, Berto (Moisés, min.55); Xan (Brais Mtnez, min.57), Álex, Adrián e Brais Tajes.
- Goles: 1-0, min.10: Brais Tajes a pase de Adrián; 1-1, min.18: de penalti; 1-2, min.25; 1-3, min.50; 2-3, min.55: Luís de córner; 2-4, min.70: de vaselina nunha contra.
Resultado demasiado abultado para o que se viu no choque. Un choque foi un auténtico partidazo, con dous equipos buscando sempre a vitoria. I é que malia estar case descendidos, o equipo de Pablo e Huelvis segue dando a cara partido a patido, demostrando que está vivo e que vai competir ata o final, pero segue sen sorte cara o gol e pagando demasiado caros os erros atrás.
O Dumbría comezaba moi forte, tendo máis posesión e ocasións, como as dúas iniciais de Brais Tajes, que marcou á terceira tras un bo pase de Adrián. Seguían sendo superiores os dumbrieses, desarborando ao Ural ata que o colexiado pitou un penalti dubidoso, que deixou moi tocado ao cadro dumbriés e o Ural comezou a ter o balón e chegar. De feito chegou en propia meta o segundo dos herculinos. No último treito do primeiro tempo volveu equilibrar o partido e Álex e Adrián tiveron o empate nas súas botas.
Saíron de novo moi arriba os locais incomodando ao rival, pero nunha rápida contra caeu o 1-3 Pero lonxe do que pasou outras veces, o equipo reaccionou e veuse arriba. Recurtou por medio de Luís e cando estaba máis cerca o empate, con boas opcións de Xan e Tajes, chegou unha contra e gol de vaselina que mataría o partido.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.30: Novo paso clave do XSC.
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Dúas pelexas abertas co Cerqueda ao seu.
- 2ª Autonómica: O Castriz dá adeus á Liga ante un Zas que non cede e demostra señorío.
- 1ª Autonómica: O Baio afunde á Esteirana.
- Preferente: Pleno para respirar.
- Resultados e análise dunha soleada xornada no Fútbol da Costa con títulos decididos.
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- A Cantina, campión da Liga de FS de Cee.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).