Ligas Galegas: Novo paso clave do XSC



Disputaban esta ponte choques os equipos cadetes nas ligas autonómicas. E non foi malo o balance, cun empate e unha vitoria. O empate, do Dumbría na casa ante todo un Lugo, xa a golpe de mércores, e cun bo espectáculo.
A vitoria, meritoria e importantísima do XSC no terreo do terceiro clasificado, Bertamiráns, nun encontro tremendamente disputado de lado a lado, cun primeiro tempo extraordinario dos xalleiros e unha segunda parte onde os locais presionaron e buscaron o empate ante o labor defensivo moi organizada do cadro de Corredoira, que queda cunha marxe de 2 puntos sobre os posibles arrastres, unha vez que o Orillamar tamén gañaba. A boa nova foi que o equipo xalleiro cazou ao Vilalbés, polo que haberá outro rival co que pelexar por evitar o descenso.
División de Honra Cadete – Aluminios Dumbría, xornada 30

- Resultado: Dumbría - Lugo (1-1)
- DUMBRÍA: Jorge, Gabi (Toja, min.41), Fabio, Pablo, Jose, Marcos, Josiño, Eloy (Esteban, min.78), Xavi (Mario, min.76), Borja e Brandón.
- Goles: 0-1, min.29; 1-1, min.46: Borja.
O Dumbría Lugo adiantaban o seu encontro correspondente a xornada 30 ó mércores día 1 de Abril. Foi un partido intenso con dúas partes bien diferenciadas. Na primera o Lugo foi o auténtico dominador do partido, sometendo ó Dumbría a través do dominio do balón aínda que non disporía de claras ocasións para marcar ante un equipo local que non conseguían dar máis de tres pases seguidos e víanse superados pola forte presión dos lugueses. O gol visitante chegaría no 29' logo dun saque de esquina que, dentro da área pequena e tras a pasividade dos xogadores locais sería Barca, un dos mellores xogadores lugueses, o que consegue controlar e tras darse a media volta para superar a Jorge dun forte disparo, un auténtico golazo. Con 0-1 remataba a primera metade.
Xa na segunda o encontro cambiou radicalmente sendo os xogadores dumbrieses de Juan e Joaquín os que dominarían o encontro e pronto chegaría o tanto do empate. Corría o 45' cando Borja lanza una falta lonxana e tras un erro grave do portero visitante Julen a pelota remata no fondo da sus portería. O Dumbria buscaría o segundo tanto e tería ocasións para facelo, no 57' Xavi remata preto do longueiro e no 61' Borja atópase con porteiro visitante Julen. No 79' sería o Lugo o que disporía dunha oportunidade logo dun forte disparo lonxano de Barca que sae rozando o longueiro. Con 1-1 remataba o encontro dándose os dous equipos por satisfeitos.

Liga Galega Cadete, xornada 30
- Resultado: Bertamiráns - XSC (1-2)
- XSC: Rubén; Raúl, Alberto, Pablo, R; Carlos Baio, Juanjo; Adrián (Grille), JUan Lois (Manuel), Thiago e Carlos Rieiro.
- Goles: 1-0, min.14; 1-1, min.18: Thiago; 1-2, min.24: Juan Lois.
Comezou ben o Xallas, levando perigo á meta local, pero non acertando á hora da finalización, salvo nun gol anulado a Carlos Rieiro pouco antes do 1-0 para o Bertamirans nun disparo sorpresivo desde fóra do área. Non se descompuxo o XSC, senón que mantivo a súa intensidade e puxo cerco á meta do Bertamirans, dándolle a volta ao marcador con goles de Thiago e Juan Lois, e puidendo alcanzar unha maior vantaxe antes do descanso.
Tras este, o Bertamiráns, consciente de que se estaba xogando moitas posibilidades de ascenso, lanzouse en pos do empate, ante un Xallas perfectamente armado na súa zona defensiva. E, ademais, cun porteiro, Rubén, verdadeiro artífice de que os locais non alcanzasen o empate con tres intervencións de moito mérito, moi ben secundado polo traballo excepcional dos seus compañeiros.
Ao final tres puntos importantísimos que deben ser referendados no partido do próximo fin de semana, en Santa Comba, ante un Ural que esta semana foi goleado no seu propio terreo, de xeito sorprendente, polo Orillamar.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Crónicas da semana
Primeiros títulos colleitados
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Novas relacionadas
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).