Ligas Galegas: O Dumbría despídese da LG Infantil cun set


Gran vitoria e goleada, por fin, do Dumbría infantil, para despedirse da Liga Galega Infantil no Conco cun partidazo, cheo de ocasións, bo xogo e dominio constante, diante dun Lalín que baixou os brazos despois do terceiro gol local. Un Dumbría de Huelvis e Pablo Conde que pelexou como nunca pero que non puido evitar o descenso ás ligas comarcais.
En todo caso, moitos destes rapaces afrontarán para o ano o reto da División de Honra Cadete, para a que contarán coa perla da canteira do XSC, R, que vén de fichar polo Dumbría
Liga Galega Infantil – Aluminios Dumbría, xornada 13
- Resultado: Dumbría - EF Lalín (6-1)
- DUMBRÍA: Juan (Breogán, min.41); Samuel, Toni, Luís, Álex, Moisés, Xan (Brais Martínez, min 50), Berto (Ángel Antelo, min.65), Adrián; Mateo (Iago Hermida, min.68), Brais Tajes (Ángel Sestayo, min.16)
- Goles: 1-0, min.15: Brais Tajes, de gran tiro desde a frontal da área; 1-1, min.28; 2-1, min.34: Toni, resolve coa esquerda unha boa xogada individual, logo da saída dun córner; 3-1, min.58. Brais Martínez, de tiro con pouco ángulo, desde a dereita; 4-1 min.62: Adrián; 5.-1, min.66: Adrián, de cabeza; 6-1, min.72: Adrián de córner directo.
Comezou mandando o equipo costeiro, con boas aproximacións de Tajes e Mateo, aproveitando o bo facer da súa medular. O golazo dun tocado Tajes, que precediu ó seu cambio, foi premio a esta etapa de de dominio. O primeiro tempo avanzaba, e o Lalín estirouse ata provocar algunha acción de balón parado. Dunha desas veu o gol visitante. Nesta ocasión, o Dumbría non se veu abaixo, e antes do descanso volveu a marcar, por medio de Toni.
O segundo tempo foi un momento de xogo, ocasións, velocidade e orgullo dos dumbrineses. A entrada de Brais Martínez aportou moita profundidade pola dereita, fixo un golazo e creou moito perigo. Esta voráxine de bo xogo, foi culminada por un triplete do gran capitán Adrián.
Novas relacionadas
- A perla da canteira do XSC, R, ficha polo Dumbría.
- Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.36: Ligas Galegas: O carnotán Martín decidíu o derbi para o Bergantiños ante o Dumbría.
- X.35: Ligas Galegas: O XSC tamén descende á Liga comarcal.
- X.34: Ligas Galegas: O XSC necesita a vitoria na última xornada para salvarse.
- X.33: A dignidade segue vestindo de branco.
- X.32: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- X.31: Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- X.30: Novo paso clave do XSC.
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)