Ligas Galegas: O XSC albisca a salvación



Xornada importante para o XSC da Liga Galega Cadete. Recibía ao descendido pechacancelas, ao que, sen piedade, lle endosaba un set. E ademais, o seu máximo rival por evitar a posible praza de arrastre, o Orillamar, caía ante un dos de arriba, o Bertamiráns, que precisamente recibirá aos xalleiros a vindeira xornada. Ten agora o cadro de Corredoira 2 puntos de marxe sobre o cadro herculino cando quedan 5 xornadas, que serán finais.
Ademais, O Dumbría Cadete disputou un partidazo intenso no Conco ante o Lalín, sumando un puntiño máis. Os que non puideron sumar, pero deron o do de peito, foron os infantís, que seguen naufragando na categoría a pesar de competir ata o último día.
Atentos estaremos que este mércores xa comeza a seguinte xornada.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 29
- Resultado: Dumbría - Lalín (1-1)
- Goles: 0-1, min.74; 1-1, min.80: Brandón.
Emocionante e moi desputado o partido o sábado pola tarde no Conco entre o Dumbría e o Lalín. A primeira metade foi igualada, o Dumbría controlaba o partido tendo máis posesión do balón pero non se achegaba á portería defendida polo porteiro visitante Rubén e non crearía ocasions claras de gol neste primero tempo mentres que o Lalín tentaba de aproveitarse de algún erro dos xogadores locais para crear algún perigo na portería defendida por Jorge. A peor nova neste primero tempo sería a lesión de Ayoze que tería que abandonar o terreo de xogo no 14' sendo sustituído por Luís. Con 0-0 remataba a primera metade.
Xa no segundo tempo o partido volveuse máis intenso. O Dumbría saía decidido a conseguir os tres puntos e tería boas ocasiones pa facelo, no 50' una falta botada por Borja é rematada por Marcos moi preto do pao dereito da portería lalinense. Tamén no 61' o propio Marcos remataba alto un gran centro de Brandón, que volvía a xogar logo dunha lesión que o tiña apartado dos terreos de xogo mais de dous meses. No 74' e cando mellor estaba o Dumbría conseguía o Lalín o seu gol logo dunha mala entrega da pelota de Raúl consegue recuperar o Lalín que monta un contraataque sendo o seu xogador Nico o que conseguía bater a Jorge. Parecía que o gol sería definitivo pero una falta,a prol do Dumbría, botada polo porteiro local Jorge no seu propio campo consíguea peinar o dianteiro local Eloy para que Brandón bata ó cancerbeiro lalinés situando o 1-1 no marcador.
Xa no 83', tres minutos por riba do tempo reglamentado, logo dunha gran dorada de Josiño, lateral dumbriés, sería outra vez Brandón o que enviaba balón ó longueiro despois de que conseguira tocarlo o porteiro evitando así o segundo tanto local e rematando o partido con resultado de 1-1.
O próximo partido do Dumbría, este mércores día 1 de abril ás 17:30 novamente no Conco.
Liga Galega Cadete, xornada 29
- Resultado: Xallas StComba - Eume (6-0)
- XSC: Rubén (Elián); Raú, Alberto, Pablo, R (Héitor); Juanjo, Juan Lois (Óscar); Manuel (Adrián), Carlos Baio, Thiago e Carlos Rieiro (Grille).
- Goles: 1-0, min.14: en propia meta a centro de Juan Lois; 2-0, min.27: Carlos Baio; 3-0, min.33: Carlos Rieiro; 4-0, min.62: Thiago; 5-0, min.74: Adrián; 6-0, min.79: Héitor.
- Resultado: Dumbría - Lugo (1-3)
- DUMBRÍA: Sergio, Toni, Luís, Samuel; Brais Fdez; Xan (Ángel Sestayo, min.66), Berto (Jonny, min.60), Adrián, Álex (Brais Mtnez., min.70) e Brais Tajes.
- Goles: 0-1, min.27; 1-1, min.58: Brais Tajes marca un golazo de vaselina, tras unha boa xogada individual; 1-2, min.63; 1-3, min.69.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
- 3ª Autonómica: O Cerqueda dá o salto e deixa dúas loitas abertas.
- 2ª Autonómica: O Zas non perdoa.
- 1ª Autonómica: Unha xornada de luto para esquecer.
- Preferente: 4 puntos contra os colistas.
- Análise e resultados dunha xornada futboleira de luto.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
- O Fútbol da Costa rende homenaxe a Álex Pombo.
- O álbum de cromos do Sofán: “Raúl, fírmasme un autógrafo?”.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Partido moi completo o realizado polo XSC ante o Eume, equipo xa descendido, onde os xalleiros saíron moi intensos desde o principio e non deron opción á sorpresa. Desde o primeiro minuto o Xallas puxo cerco á meta visitante, e xa se adiantou no marcador aos oito minutos, pero o colegiado anuló o tanto de Carlos por un máis que dubidoso fóra de xogo. Pouco despois conseguirían os locais o 1-0 e xa ata o final da primeira metade chegarían dous novos tantos, o segundo excepcional de Carlos Baio nun disparo desde máis de trinta metros á escuadra.
Na segunda metade, mantívose o dominio local, aínda que menos intenso, pero nos últimos vinte minutos chegarían tres novos tantos do Xallas de Santa Comba, ata conseguir o 6-0 final, fiel reflexo do que foron os oitenta minutos de xogo.
Este sábado, ás 17:00 en Bertamiráns, nova e complicada final ante un dos de arriba.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría - Play Off Descenso Norte Impar, xornada 7
Hai días en que o resultado reflicte a superioridade dun conxunto sobre outro. E moito máis, nunha categoría como a Galega Infantil, na que compiten os mellores, e na que soen ganar os mellores. Pero o pasado sábado ganou no Conco todo un CD Lugo sen amosar a superioridade que demostrou na liga regular, e sen ser mellor que os rapaces do Dumbría, en boa parte do choque. Os costeiros foron compactos, solidarios no esforzo defensivo, punzantes nas contras e competitivos todo o choque.
O Lugo prantouse no Conco con ganas de mandar, pero viuse sorprendido polo entramado defensivo local, e pola competitividade que demostraban. O primeiro acto foi de equilibrio absoluto, con escasas escaramuzas nas áreas. Só algùn achegamento de Brais Tajes, omnipresente no traballo e nos desmarques, e algún dun Lugo, que se atopou cun gol, máis que telo buscado. Un balón solto na área local, que nun dos poucos erros da mañán, non alonxou a sólida zaga coruñesa, foi resolta pola calidade lucense, cun centro e un bo remate de cabeza, inapelable para Juan.
O segundo tempo comezou con 15 minutos de gradeza futbolística costeira. Brais, Berto e Adrián mandaban na sala de máquinas, e Tajes seguia sendo un incordio constante para os defensores visitantes. Nunha das suas accións, a sutileza dunha vaselina do de Arou, premiaba esa fase de bo fútbol local.
O Dumbría buscou a vitoria. Toni incrustouse na medular, buscando máis presenza ofensiva. Pero o Lugo non queria perder. Tiña balas na recámara, que mantiveron o ritmo e aumentaron o perigo. Antes do 1-2, unha boa saída de Juan, neutralizou unha perigosa incursión lucense. Non o poido facer sin embargo, na acción do 1-2, onde o mediapunta zurdo do Lugo, culminou cun sutil toque coa dereita unha gran xogada individual. O partido abriuse, e Breo tivo oportunidade de evitar o 3º cunha gran parada. Pouco despois, a falta de 10 minutos, o Lugo finiquitou o encontro cun novo tanto. Nos últimos 10 minutos, o Dumbría tivo agallas para non virse abaixo e buscar un gol que o metera no partido. Non o atopou. Pero amosou que pretende estar vivo todos e cada un dos partidos que lle resten nesta categoría.