Martes. 15.10.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas, a un paso de convertirse en Campión e Liga

O Bm. Camariñas, a un paso de convertirse en Campión e Liga

Este sábado, o Bm. Camariñas viaxa a redondela, para enfrontarse ao SAR no último partido da 1ª Autonómica. Un choque no que o cadro conserveiro poderá repetir o éxito do 2011, cando se proclamou campión de liga. O equipo é líder, ca Fase de Ascenso asegurada, e como dicimos a un paso de alcanzar o título de Liga Galega, ao que chega cun punto de vantaxe sobre Porriño e Viña costeira, polo que vale o empate ante o pechacancelas.

Atentos os afeccionados camariñáns que hai bus para ir ver o partido, de balde. Só cómpre animar ata a extenuación!

Ademais, retomouse a liga de 1ª Estatal logo do parón por mor da semana santa, e acadou dous novos puntos o Calvo Xiria para cumprir co seu obxectivo de loitar por cada un dos partidos até final de liga. E abofé que así o fixo, con moita seriedade dende o inicio por parte dos carballeses que a base de defensa, portería e contragolpes deixaron o partido sentenciado nos primeiros vinte minutos nos que se amosou moi superior no día de hoxe ao seu rival.
Ao final dous puntos para os carballeses que tras a derrota da Sar soben un posto na táboa e ocupan o quinto lugar.

1ª División Autonómica, xornada 24

  • Resultado: Bm Camariñas - Chapela (32-20)
  • BM. CAMARIÑAS: Bruno (p), Víctor (p), Alan (4), Fary (10), Eusebio (1), Jaime (1), Quin (5), Damián, Checho (1), Catalán (1), Héctor, Perón (3), Antelo (1) e Xabi (5).

Outro partido sen historia no Areal, o Chapela claramente inferior entregou o partido no primeiro periodo e nada puido facer contra un Camariñas motivado para conseguir de novo un título de liga.

O próximo partido en casa do colista Sociedade Atlética Redondela na última xornada, é clave para decidir o título. Ao Camariñas válelle co empate, supoñendo que gañen os seus perseguidores, si empata o Porriño, ata valería perder para proclamarse campión da Primeira división autonómica por segunda vez. Todos a Redondela o vindeiro sábado para axudar a facer historia no deporte camariñán.

1ª Estatal

  • Resultado: Calvo Xiria - Bm Promens (25-19)
  • Marcador cada cinco minutos: 4-2, 6-3, 8-3, 13-4, 16-7, 19-8 descanso, 21-11, 24-15, 25-19,
  • CALVO XIRIA 30 (19+11): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Alejandro Naya [p], Sergio Facal (3), Brais Puñal (3), Martín Alfeirán (2), Javier Rodríguez (1), Manuel Méndez (3), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Pablo Iglesias (4), Gonzalo Pombo (2), Iván Campos (3), Julián López (2), Carlos A. Lema (3), Mario García de Seárez (3).

Despois dun fantástico primeiro cuarto, chegaba o tempo de lecer ca máxima diferenza a prol dos locais, once goles. O segundo tempo sobrou, e mentres os verdibrancos deixaron pasar os minutos sen ter sobresalto algún o Promens aproveitou para mellorar a imaxe dos primeiros trinta minutos e limar diferenzas para deixalas definitivamente en sete goles.

Novas relacionadas

Máis información

Os calendarios das competicións senior xa están colgados da páxina web da Federación Galega de Balonmán.

Crónicas da temporada

Fonte

Comentarios